A RECUPERACIÓN AMBIENTAL DA RÍA, A CONSECUCIÓN DOS POSTOS DE TRABALLO LIGADOS AO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE E AS GARANTÍAS PARA A NOSA SAÚDE NON PODEN AGARDAR MÁIS.
Hoxe calquera sabe que ENCE é unha empresa ilegal, condenada por "delicto ecolóxico continuado" , e que, lonxe de crear riqueza na zona está destruindo a Ría, a saúde e calidade de vida e as posibilidades dun desenvolvemento sustentabel baseado na explotación racional dos recursos marisqueiros, pesqueiros, turísticos e forestais, un desenvolvemento que pode proporcionar maior número de postos de traballo e maior rendabilidade económica e que é absolutamente incompatibel coa presenza de CELULOSAS na súa actual ubicación.
Pero ENCE ten o seu futuro na Ría marcado pola data de caducidade da súa concesión, que remata no ano 2018, e todo fai pensar que na actualidade tanto o goberno galego como o central poderían acortar ese prazo, coincidindo coa reiterada reivindicación da Asociación Pola Defensa da Ría e da práctica totalidade da cidadanía da bisbarra.
Para nós, para os cidadáns, é absolutamente necesario conquerir o cese da actividade industrial de ENCE con anterioridade ao 2018, pois ningunha razón xustifica alongar por máis tempo esta situación de agonía e ruina para a economía, o medio ambiente e a calidade de vida das persoas, por iso esiximos que este cese de actividade se produza xa, sen agardar ao fin da concesión.
A APDR RECURRE A DECISIÓN DA XUNTA DE GALICIA SOBRE ELNOSA
O pasado 22 de decembro, a APDR recibiu notificación da resolución da Xunta de Galicia pola que se anula a resolución de 14 de setembro de 2006 que puña fin ao procedemento de obtención da Autorización Ambiental Integrada para ELNOSA, xunto co arquivo das actuacións, e pola que se decide reabrir o procedemento retrotraendo as actuacións administrativas ao momento inmediatamente anterior á emisión da citada resolución de arquivo. Diante desta situación, a APDR ten solicitado da Consellería de Medio Ambiente que interese do Concello de Pontevedra os dous informes contemplados na lei, e presentado recurso de alzada contra a resolución da Xunta no caso de que non se soliciten do Concello os citados informes. Nota de prensa do 8.1.08
AS MENTIRAS DE ELNOSA: ¿CANTO MERCURIO ESTÁ A EMITIR Á ATMÓSFERA? ¿CANTO ESTÁ A VERTER Á RÍA?
Nas súas declaracións diante da opinión pública e na documentación que presentou para solicitar a autorización ambiental integrada, ELNOSA asegura que está a cumplir coa lexislación no que se refire aos vertidos e nas emisións á atmósfera pero ¿son posibles as cifras de emisión que aporta a empresa? De acordo cos datos coñecidos as emisións atmosféricas e os vertidos á Ría teñen que levar cantidades moi superiores de mercurio. Máis.