|
ÚLTIMAS ACCIÓNS EMPRENDIDAS POLA ASOCIACIÓN POLA DEFENSA DA RÍA DIANTE DAS ADMINISTRACIÓNS OU DOS TRIBUNAIS DE XUSTIZA ENCAMIÑADAS A EVITAR ACTUACIÓNS QUE IMPLICAN DANOS AO MEDIO AMBIENTE OU AOS RECURSOS NATURAIS E A DENUNCIAR A QUENES CAUSAN ESTES DANOS. PARA OBTER INFORMACIÓN SOBRE PROCEDEMENTOS ANTERIORES DIRÍXETE A apdr@apdr.info
DENUNCIA DA APDR CONTRA ENCE POR RECHEOS NA BALSA NÚMERO CATRO
A pesar da alarmante complicidade da administración con ENCE que rexeitou as anteriores, a Asociación Pola Defensa da Ría ven de presentar unha nova denuncia -a terceira diante do Servizo Provincial de Costas, a segunda diante de Augas de Galicia- contra ENCE por recheo da balsa número 4, a que contén unha maior carga de mercurio e polo tanto a máis perigosa. A nova denuncia básase na comparación de dúas fotos tomadas de Google Earth, unha anterior aos recheos pero posterior á denegación de autorización para os mesmos e outra, recente, cos recheos xa realizados. Máis sobre os recheos na balsa de decantación de ENCE. Nota de prensa do 29.2.08.
SÁBADO 1 DE MARZO: ENTREGARÓNSE MÁIS DE 6.000 ALEGACIÓNS CONTRA A CONCESIÓN DA “AUTORIZACIÓN AMBIENTAL INTEGRADA” A ENCE
A APDR presentou máis de 6.000 alegacións ante a delegación da Consellería de Medio Ambiente, recollidas nas derradeiras semanas a pé de rúa, contra a concesión a Ence da Autorización Ambiental Integrada. "É a primeira vez que apreciamos que entre os cidadáns existe, non só unha receptividade moi grande, senón que ademais xa non necesitan información e directamente contestan aos nosos requirimentos que contra Ence, o que faga falta", explicou o presidente do colectivo ecoloxista, Antón Masa. Masa, que afirmou sentirse "moi satisfeito desta boa resposta dos pontevedreses", con todo mostrouse moi crítico coa Xunta, á que acusou dunha "pasividade intencionada". "A Xunta non só mantén unha actitude de conivencia coa empresa, senón que ademais algunhas consellerías están sometidas aos intereses económicos de Ence". Ver: Europa Press 01.03.08 e Nota de prensa 28/02/08. Ver: Alegación tipo
RECLAMACIÓN DIANTE DO FSC POLA CERTIFICACIÓN DE NORFOR: UN FRAUDE QUE CRECE
Diante da deficiente calidade do informe e da auditoría do FSC, que non se preocupou por investigar os abultados incumprimentos por parte de NORFOR dos principios e criterios nos que se basa a certificación, a APDR presentou, o 8 de xaneiro de 2008, unha reclamación formal ao informe do ASI na que se facían ver as deficiencias deste informe e se solicitaba de novo a cancelación do certificado. Publicando este informe, o FSC profundiza nun fraude que crece en todo o mundo, certificacións irregulares como as de NORFOR, proliferan nos países onde existe o sistema FSC. A APDR fixo pública unha nota de prensa na que adivirte aos cidadáns que trala madeira co selo FSC poden darse as peores prácticas forestais.
A APDR SOLICITA AO CONCELLO INFORMACIÓN SOBRE A LEGALIDADE DAS ANTENAS BASE DE TELEFONÍA MÓBIL
Continuando o estudo do mapa das 20 antenas base detectadas na cidade así como das zonas sensíbeis afectadas (colexios, lugares de recreo, centros de maiores, centros sanitarios, ...), o sábado 22 de Setembro, se solicitou ao concello de Pontevedra "información detallada sobre as antenas base de telefonía móbil instaladas e en funcionamento na actualidade na nosa cidade que contan coa prescritíbel Licenza Municipal, necesaria para poder realizar a súa actividade". Esta petición . vai paralela á campaña de información que se está desenvolvendo nos centros escolares en colaboración coas ANPAS. Nota de prensa do 21 de Setembro de 2007
DENUNCIA CONTRA NORFOR POR REALIZAR UNHA PLANTACIÓN INCUMPLINDO A LEXISLACIÓN
A APDR presentóu, conxuntamente coa "Asemblea do Suído", unha denuncia diante da Consellería de Medio Rural contra a filial forestal de ENCE, NORFOR, por ter realizado unha plantación no término municipal de Covelo que está a provocar unha forte erosión, un serio impacto paisaxístico e a destrucción da vexetación orixinal no entorno dun dos novos espazos destinados a formar parte da rede NATURA 2000, a Serra do Suído. Máis.
DENEGADA A SOLICITUDE DE ENCE DE DECLARACIÓN DE INNECESARIEDADE DO DOMINIO PÚBLICO MARÍTIMO TERRESTRE DAS MARISMAS DE LOURIZÁN
A APDR ten recibido comunicación do Ministerio de Medio Ambiente na que se informa da denegación da solicitude realizada por ENCE de declaración de innecesariedade do dominio púyblico marítimo terrestre das Marismas de Lourizán. Coa idea de manter a súa actividade industrial nas Marismas máis alá da caducidade da súa concesión no ano 2018, ENCE tiña presentado unha solicitude de declaración de innecesariedade que no seu momento foi alegada pola APDR. Se denega definitivamente tal solicitude.
A APDR DENUNCIA A FORTE DEGRADACIÓN QUE SE ESTÁ A PRODUCIR NO ENTORNO DE A BAROSA
O entorno do parque de A Barosa, no concello de Barro, está a sufrir un forte proceso de degradación ambiental e paisaxística que se iniciou coa actuación ilegal do concello que realizou importantes recheos, talas de árbores autóctonas e outros destrozos. Despois de ter sido paralizadas as actuacións, os danos todavía non se teñen reparado e a zona vai camiño de convertirse nunha escombreira. A APDR ven de denunciar a situación diante da Consellería de Medio Ambiente solicitando a retirada dos recheos e a restauración ambiental da zona.
SOLICITADA A INCORPORACIÓN COMO PARTE DA APDR NA DENUNCIA DA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL CONTRA NORFOR
A xestión forestal de NORFOR non so é claramente insostible senón que ademais é ilegal incumplindo o decreto 81/1989 relativo a novas plantacións de eucalipto. A asociación ten presentado unha solicitude para ser parte na denuncia que a Consellería de Medio Rural ten realizado contra a empresa. A Asociación defenderá que se sancione á empresa e que solicitará a restauración dos danos producidos por NORFOR e a actuación para diminuir o risco de incendio forestal asociado ás grandes masas continuas de eucalipto.
PRESENTADAS ALEGACIÓNS CONTRA A SOLICICTUDE DE AUTORIZACIÓN AMBIENTAL INTEGRADA FEITA POR ELNOSA
A empresa ELNOSA ven de presentar a solicitude de Autorización Ambiental Integrada. A lei de Prevención e Control Integrado da Contaminación de 2002 obrigaba a empresa a facelo no momento en que solicitara a renovación da autorización de vertido. ELNOSA incumple de forma clara e notoria as condicións preceptivas para que se lle conceda a AAI, tal e como se detalla nas alegacións presentadas pola APDR o 1 de xuño de 2006.
PRESENTADA DENUNCIA CONTRA ENCE POR INCUMPRIMENTO DA LICENCIA DE VERTIDO, DA LEXISLACIÓN DO ESTADO ESPAÑOL E DA LEXISLACIÓN COMUNITARIA
Tal e coma era de prever, tal e como dende sempre se afirmou dende a Asociación pola defensa da Ría, os vertidos de ENCE foron e seguen a ser ilegais. Á vista das análises de setembro, remitidos pola Consellería de Medio Ambiente, A Asociación presentou, o 3 de febreiro de 2006, unha denuncia contra a empresa por incumprimento da lexislación vixente en materia de vertidos.
|
|