DA
UN PASO MÁIS, ASÓCIATE!
A asociación
pola defensa da Ría xa sobrepasou os 25 anos de
actividade. Ao longo destes anos ten realizado campañas
que teñen influído na situación do noso entorno e na
conciencia ambiental dos cidadáns. Esta actividade é
posible grazas aos socios e socias da APDR que participan,
colaboran e apoian a nosa Asociación. Neste momento en que
a degradación ambiental ensombrece o futuro do planeta, o
fortalecemento do movemento ecoloxista é fundamental de
cara a crear un escenario máis esperanzador para nos e
para a humanidade.
Na asociación
pola defensa da Ría estamos a traballar na defensa do
medio ambiente na bisbarra da Ría de Pontevedra,
intentando, na medida das nosas posibilidades, evitar
aquelas actuacións que implican degradación dos sitemas
naturais. Ademáis, colaboramos solidariamente con outras
organizacións na defensa da natureza noutras partes do
mundo xa que somos conscientes de que os problemas
ambientais son, cada vez máis, problemas globais. Para
realizar este traballo necesitamos a participación de
todos; na medida en que máis persoas aportemos o noso
esforzo nestes obxectivos, mellor poderemos conservar o
noso medio e o noso futuro.
Si
desexas colaborar coa APDR en calquera dos seus eidos de
actuación ou queres propoñer algunha actividade nova, se
queres denunciar algunha agresión á naturaleza, non
dudes en poñerte en contacto con nos a través do noso
correo elctrónico ou visitándonos calquera mércores á
partir das 8:30 no noso local na Rúa Michelena nº 3,
1º,B de Pontevedra ou chamando, este día, ao 986847485.
Si
desexas facerte socio/a podes encher o boletín de asociación para mandalo
ao noso correo electrónico: (apdr@apdr.info) ou inprimilo e
envialo ao noso enderezo postal: apdo. de correos 414,
36080 Pontevedra. Indícanos si estarías disposto a
colaborar coa asociación en algún tema ou área
específico.