A BAROSA: GRAVE ATENTADO AMBIENTAL
O proceso de destrucción do parque de A Barosa comezou coa elaboración dun disparatado proxecto de construcción dun aparcamento e unha macrocafetería absolutamente innecesarios e cun forte impacto que produciría unha severa degradación do parque e o seu entorno, o proxecto foi algado pola Asociación pola defensa da Ría sen recibir resposta. A actuación implicaba a destrucción de bosques de riveira, a transformación da chira aluvial do río, a desaparición dos sistemas biolóxicos asociados, a modificación da dinámica hidrolóxica e sedimentolóxica e un descomunal impacto paisaxístico que mermaba en gran medida os valores e a calidade visual do parque e o seu entorno. A pesar da evidencia dos graves danos que provocaría a actuación, a anterior administración decidiu aprobar o proxecto.

Surco escavado para asegurar o muro de contención. Á dereita pode comprobarse como os recheos chegan ata o cauce. As consecuencias no eido xeomorfolóxico son xa graves.
A pesar de que a rápida actuación dos veciños e do movemento ecoloxista detivo no mes de xuño as actuacións nunha fase relativamente inicial, os danos que se teñen provocado son xa severos e en grande medida irrecuperables. A destrución de vexetación de ribeira, icluídas árbores de gran porte, a apertura de zanxas, a mobilización de grandes cantidades de materiales fácilmente erosionables, teñen producido xa unha importante degradación no parque e é moi difícil que poda recuperarse a situación anterior.

As brutales dimensións dos recheos, que aínda se atopaban nunha fase inicial implican a destrucción dunha grande extensión de bosque autóctono e de vexetación de ribeira e un severo impacto paisaxístico que acaba co atractivo do parque.

O atentado ecolóxico e descarnado e evidente, a tala da vexetación natural coa desaparición de exemplares de carballo, ameneiro, laurel e madroño e a ocupación do seu lugar por recheos acaba cun bosque de ribeira de grande valor ecolóxico, educativo e paisaxístico.
Desde entón, a degradación da zona non ten deixado de aumentar téndose convetido xa nalgunhas zonas nun auténtico vertedoiro no que se depositan ilegalmente todo tipo de residuos de obra, plásticos e lixo de diversas orixes. Nesta situación. é imprescindible a retirada de recheos e escombros e que se inicie canto antes a recuperación do entorno para conseguir devolver, na medida do posible, á Barosa os seus valores naturais e paisaxísticos.

Meses despois da paralización dos recheos pódese comprobar un avance da degradación e unha progresiva acumulación de diversos tipos de escombros.
A APDR ten presentado diante da Consellería de Medio Ambiente unha denuncia dos feitos solicitando a retirada dos recheos e a restauración da zona.