![]() |
|
BREVE HISTORIA DOS RECHEOS DO PORTO DE MARÍN
A partir desta idea inicial, a Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra ven facendo unha serie de modificacións da mesma, que se van tramitando de forma irregular, e que supoñen unha ampliación progresiva da superficie de recheo. Dado que dende o principio a Autoridade Portuaria é consciente dos danos ao medio que os recheos, ao cambiar a velocidade da auga e a súa capacidade de transporte de sedimentos, estan a orixinar, opta polo engano sistemático aos cidadáns que amosamos a nosa preocupación por estes prexuízos e mesmo ás administracións que poderían obstaculizar o avance dos recheos.
Mentras a Autoridade Portuaria aseguraba que se cumplía o proxecto inicial, estaba a realizar recheos diferentes dos que figuraban no plan especial aprobado no ano 1994 e que iban máis alá dos 95.000 metros cadrados. No ano 2000, o Ministerio de Medio Ambiente, en clara complicidade coa Autoridade Portuaria, dicta unha resolución na que se considera que unha modificación do proxecto que implica pasar de 95.000 metros cadrados aos 160.000 e o avance dos mesmos 50 metros máis hacia a Illa de Tambo "non requira algunha acción ou introduza impactos adversos significativos que necesiten medidas correctoras das que se contemplaron na avaliación de impacto ambiental realizada ao proxecto inicial" Mentras os cambios na dinámica se iban facendo cada vez máis evidentes.
A medida que, fruto da complicidade das diferentes administracións e da Autoridade Portuaria, para satisfacer "demandas empresariales de suelo" (según figura na xustificación dos recheos en diferentes plans e proxectos), as dimensións dos recheos teñen aumentado de forma brutal e paralelamente os danos aos sistemas xeolóxicos e ecolóxicos do interior da ría; como consecuencia da acumulación de area nunhas zonas e de fango noutras está a producirse unha merma na producción dos bancos marisqueiros da zona de consecuencias ainda non avaliadas. Pero os recheos, como un pesadelo sen fin, continúan a realizarse sen que sepamos ata onde poden chegar. Envoltos nunha enganosa e oscura tramitación de proxectos, fases, modificacións e outros enganos, continúan e continuarán si ninguén os detén.
Na actualidade se seguen a executar máis recheos, ainda que existe un plan especial que conforma o porto tal e como aparece no plano, as "demandas empresariales de suelo" non teñen límite, tampouco a falta de respecto da Autoridade Porturia de Marín e Ría de Pontevedra nin pola lexislación, nin polos recursos naturais. Debemos deter os recheos do Porto de Marín, realizar un estudio que contemple as modificacións hidrodinámicas dende o comenzo dos mesmos e restituir unha situación compatible cos recursos naturales e o medio ambiente da Ría.
|