POLO USO RACIONAL DA TELEFONÍA MÓBIL
Coa elaboración dun mapa de antenas base de telefonía móbil en Pontevedra a APDR retoma en xuño de 2007 a sensibilización e denuncia contra a contaminación electromagnetica que se materializa en intervenciones de solidariedade coas persoas afectadas de Cela (Bueu), Moaña, Moraña, Redondela, Sanxenxo, Vilaboa, Vilagarcia, Vigo; que cristalizan na Coordinadora Provincial contra a Contaminación Electromagnética de Pontevedra, a difusión dun manifesto de uso racional na infancia polos colexios e campañas de Nadal nesa banda denunciando ás compañias que fomentan o uso da telefonía móbil en cativos.

PORQUE A RECUPERACIÓN DA RÍA DE PONTEVEDRA NON PODE AGARDAR MÁIS. 2018? AGORA!
A situación de degradación ambiental e económica á que ten levado a presencia do complexo ENCE-ELNOSA na Ría de Pontevedra non é soportable por máis tempo. Os danos aos recursos productivos eno ecosistema, os riscos asociados á actividade industrial nun entorno urbano fan que esixamos o peche do complexo antes do 2018.

EN DEFENSA DOS BANCOS MARISQUEIROS DA RÍA DE PONTEVEDRA
A presión crecente á que están sendo sometidos os bancos marisqueiros está a poñer en perigo a supervivencia dos bancos marisqueiros da Ría de Pontevedra. Decenas de aportes de augas fecais non depuradas, grandes cantidades de augas industriais con débil depuración e agresións á liña de costa son os principais problemas que están detras do insoportable estrés ambiental que fai que a degradación creza ao mesmo ritmo en que aumenta o perigo para a producción. A pervivencia de moitos postos de traballo nunha actividade sostible é a mellor garantía de conservación dos ecosistemas da Ría de Pontevedra.

EN DEFENSA DO NOSO MONTE
Tras anos de mala xestión forestal na que se ten producido perda de solos, destrucción de paisaxes, perda de valor da producción forestal, perda de diversidade e riqueza ecolóxica nos nosos montes comezan a xurdir propostas alternativas que pretenden valorizar os nosos terreos forestales en base a unha xestión forestal sostible. Dende a APDR apoiamos as iniciativas que implican unha xestión forestal sostible.

NORFOR: BARBARIE FORESTAL
Norfor, a filial forestal de ENCE en Galicia, Asturias e Cantabria, utiliza o peor modelo de xestión forestal baseado no monocultivo de eucalipto a gran escala en réxime intensivista; é o paradigma das malas prácticas forestais. Ademais, ao ser ENCE o primeiro comprador de madeira de eucalipto, ten derrubado o precio ata uns niveles que obrigan a moitos productores a abandonar os traballos forestais, os montes deixan de ser fonte de recursos para a poboación rural e convírtense en almacéns de combustible altamente inflameble. A pesar das abultadas evidencias de insotibilidade, a empresa auditora SGS ten realizado un informe que permitiu a concesión da certificación do FSC a NORFOR, un sistema de certificación antes apoiado polo movemento ecoloxista que se desprestixia na medida en que certifica as prácticas mais degradantes e insostibles.

CONTRA OS RECHEOS DO PORTO DE MARÍN
A Autoridade Portuaria do Porto de Marín, coa única finalidade de beneficiar os intereses de algún particular, ten perpetrado un dos atentados ambientais máis graves que se ten producido na Ría de Pontevedra, a brutal modificación da dinámica sedimentolóxica provocada polos inmensos recheos levados a cabo xa se está deixando notar e se fará máis visible nos próximos anos provocando danos irreversibles nos bancos marisqueiros e nos ecosistemas da Ría. Para conseguir os seus recheos a Autoridade Portuaria ten recurrido, en complicidade coa Administración, ás máis esperpénticas trampas e enganos. A APDR vense movilizando dende 1992 contra estes recheos.

POLA RECUPERACIÓN DO ENTORNO DA BAROSA
Nunha salvaxe agresión ao entorno natural de A Barosa, se teñen producido recheos que formaban parte dun proxecto que pretendía construir un parking e unha cafetería, proxecto que recibiu as alegacións da APDR no seu momento. A pesar de que os recheos foron paralizados por Augas de Galicia os xa realizados aínda non foron retirados.