DIVERSIDADE DE PRODUTOS E SERVICIOS
A xestión sostible a nivel social, económico e ambiental do monte precisa da súa rendibilidade, da súa valoración social e da consecución dun equilibrio ambiental; para iso é necesaria a diversificación tanto nos usos como na produción. Na medida en que o monte proporcione un maior número de usos e servicios mellorará a súa valoración e aprecio social o que é unha garantía para a súa conservación. A diversidade ao permitir ampliar os usos e recursos proporciona maiores posibilidades de sustentabilidade económica.
A obtención de unha grande diversidade de beneficios, require que o bosque sexa un sistema moi produtivo no sentido ecolóxico, e decir que exista un ecosistema o máis maduro posible, con muitas plantas realizando unha intensa actividade fotosintética producindo moito alimento para moitos organismos de todo tipo. A máxima produción e madurez posible corresponde en sistemas naturais ao denominado ecosistema "climax" que na nosa zona é, si non hai ningún factor limitante, o bosque de carballos. Polo tanto, dado que a máxima produción e a máxima diversidade corresponde a este ecosistema, a xestión forestal debe aproximar as unidades de xestión á estrutura e dinámica do bosque de carballos. Esta aproximación precisa do mantemento das sucesións ecolóxicas permitindo o avance hacia sistemas máis maduros, máis diversos e máis produtivos.
Ao garantir o avance das sucesións ecolóxicas o bosque evoluciona aumentando a súa diversidade específica, ganando estabilidade, producindo máis materia orgánica, enriquecendo os solos, mellorando a paisaxe e aumentando o seu valor para usos sociais e ambientais
Un bosque ordeado con criterios de sustentabilidade permite manter unha fonte continuada de ingresos aparte dos específicamente madeirables. Existen xa estudos técnicos que de viabilidade de determinados usos produtivos que poden ser obtidos dun monte xestuionado de acordo coas sucesións ecolóxicas:
APOVEITAMENTOS SILVOPASTORAIS
OBTENCIÓN DE FRUTOS DE ÁRBORES
APROVEITAMENTO DE COGUMELOS
APROVEITAMENTO DE BIOMASA (COMPOSTAXE)
APICULTURA
FAUNA CINEXÉTICA
PESCA FLUVIAL