A BRUTAL EROSIÓN QUE SE PRODUZO NO ENTORNO DAS RÍAS BAIXAS DURANTE O OUTONO DE 2006 E O ANO 2007 PROVOCOU UNHA TRANSFORMACIÓN DOS SEUS ECOSISTEMAS E SISTEMAS FORESTAIS

Nos meses de setembro, outubro e novembro de 2006, nos días seguintes a chuvias máis ou menos intensas era frecuente atoparse con que as augas dos nosos ríos se volveronn de cor negra; mesmo nas augas de atraída púdose ver a coloración turbia. Esta turbidez era indicadora dun proceso erosivo que, ao longo dos días mobilizou cara ao mar miles de toneladas de solo fértil.

Os compoñentes do solo, desprotexidos de vexetación, coa súa capacidade de infiltración diminuída, son arrastrados polas augas de escorrentía. A intensidade do arrastre depende da erosionabilidade, é decir a susceptibilidade do solo para ser erosionado e da erosividade, é decir a enerxía das augas que realizan o proceso erosivo.
A erosionabilidade, depende da intensidade do lume que afectou á zona queimada (a maior intensidade máis profundo será o horizonte calcinado, fácil de mobilizar) e da pendente na que estea situado (a maior pendente máis velocidade da auga, máis enerxía e máis capacidade erosiva)
A erosividade da auga depende da súa torrencialidade, as chuvias intensas en pouco tempo saturan pronto a capacidade de infiltración dos solos queimados e comezan a circular superficialmente desencadeando erosión.

Xa que o proceso de formación dun solo, a edafoxénese, é un proceso que require miles de anos, pode considerarse que os solos perdidos o están de xeito irreversible; o solo é un recurso non renovable. A perda de solos implica perda de biodiversidade, perda de capacidade de cultivo de plantas, perda de capacidade de produción de madeira, perda de capacidade de retención da humidade, perda de recursos hídricos, perda das nosas paisaxes ¡para sempre!
Dende a Asociación pola defensa da Ría e dende moitos sectores da sociedade, propoñemos un cambio radical e urxente na política forestal cara unha producción forestal sostible que implique un cambio na xestión dos riscos de incendio e erosión que permita evitalos ou diminuir a súa incidencia.





 



"Río Negro" O Río Lérez, en novembro de 2006, ao seu paso por PonteBora coas aguas de cor negra: Transporta miles de Toneladas de solo fértil.


As figuras de erosión son habituais nos montes queimados. Os materiales mobilizados son desplazados pola escorrentía superficial cara a rede de drenaxa que os transporta cara ao mar. Carballedo.


Nas cunetas pódese apreciar o transporte cara á rede de drenaxe, un depósito temporal que acabará sendo posto de novo en movemento cando chova.


Os materiais arrastrados chegan á Ría de Pontevedra. Miles de toneladas de sedimentos inorgánicos e orgánicos que producen un grave dano ambiental e unha elevadas perdas económicas.


Os montes que rodean a Ría de Pontevedra amosan este aspecto; neste caso un monte incendiado en Xeve que perdeu a maioría da súa cuberta edáfica.