ELIMINACIÓN DO RISCO DE EROSIÓN
Os procesos erosivos constitúen un dos máis serios perigos ambientales e unha hipoteca para a produción forestal e o futuro dos nosos ecosistemas. O solo, pola súa lenta velocidade de formación (500 a 1000 anos para o horizonte mineral), debe ser considerado un recurso non renobable e xa que logo a súa pérda é irreversible. A perda de solos implica xa que logo a desaparición total ou parcial, alí onde se produce da posibilidade de cultivar alimentos pasto ou produtos forestais e a de recuperación dun ecosistema co grao de madurez que o que pudera existir antes do lume.
Non cabe dúbida de que o principal desencadenante dos procesos erosivos en solos forestais son os incendios forestais; ao eliminar o lume a vexetación elimínase a interceptación e suxección exercida pole ela. Por outra banda aos incendios do verán seguirán as chivias do outono, frecuentemente torrenciais, que mobilizarán miles de toneladas de solo.
Pero non so os incendios son causa de erosión de solos, os disturbios e destrozos que se producen como consecuencia do laboreo forestal intensivista que implica a introdución de maquinaria pesada nos montes con alteracións estructurais e inversión de perfiles edáficos deixan tamén expostos aos axentes erosivos grandes volúmenes de solo que acaban irremisiblemente mobilizados cara á rede de drenaxe.
Os tratamentos agresivos que alteran a estrutura, o equilibrio biolóxico ou o equilibrio físicoquímico do solo tamén provocarán erosión, fugas de elementos por lavado ou cambios na dinámica dos sistemas de cambio que abren un proceso de degradación que acabará mermando a capacidade do solo para soportar un sistema produtivo ou un sistema natural maduro e que facilitará os procesos de arrastre erosivo.
É fundamental que a planificación de calquera traballo no monte, xa sea de conservación, restauración ou cultivo, evite o risco erosivo porque so así se conseguirán manter os usos e servicios do monte; vistas as principais causas de erosión parece evidente que se deben evitar os factores que determinen un aumento do risco de ignición e propagación do lume, as alteracións mecánicas da estrutura do solo e os tratamentos químicos agresivos con abonos minerais, herbicidas e pesticidas.