ELIMINACIÓN DO RISCO DE INCENDIOS

Os incendios forestais son, sen dúbida a peor ameaza para os sistemas forestais. Nas nosas condicións climáticas, o feito de que o monte arda en primaveira e no verán, implica que coas chuvias de finales do verán ou de principios de outono, con frecuencia torrenciais se produza unha descarnada erosión que merma de forma dramática o espesor dos horizontes edáficos máis activos biolóxicamente e polo tanto a capacidade para soportar vexetación e a producción fotosintética. Dada a lentitude do proceso de formación dos solos esta perda se pode considerar definitiva, e decir o solo perdido por erosión despois dun incendio forestal non se recuperará máis. A diminución de recursos hídricos en zonas queimadas vai completar un cambio nas condicións do medio que afondan na irreversibilidade dos procesos que se inicia tras un lume forestal.

Os incendios forestales supoñen tamén a eliminación temporal de biomasa vexetal que soporte unha cadea trófica e a desaparición de multitude de organismos, algúns dos cales poden tardar moito en volver a desaparecer ou desaparecen definitivamente. O desequilibrio e a perda de biodiversidade asociada aos incendios resulta tamén dramática.

Os recursos económicos afectados non solo son os directamente produtivos (madeira, setas, mel, cinexéticos) senón que os danos económicos chegan con frecuencia máis lonxe afectando á dispoñibilidade de auga (hiperfertilización de augas embalsadas con crecemento de algas tóxicas) aos recursos pesqueiros (cambio na dinámica xeolóxica dos ríos) ou mesmo aos marisqueiros e mariños (sedimentación de produtos erosionados, eutrofización de fondos).

Os incendios favorecen os episodios catastróficos ao cambiar a suxeción do terreo e diminuír a capacidade de retención da auga favorecendo as inundacións en zonas mal drenadas. Tamén a saúde se ve afectada xa que os fumes que se orixinan posúen elementos nocivos (organoclorados e partículas).

Xa que logo, para acadar a sustentabilidade do sistema forestal, é imprescindible manter ao mínimo o risco de incendio forestal. Dado que os niveis actuais de risco son moi elevados, faise necesaria a aplicación de medidas que reduzan de forma drástica os factores que determinan este risco.