SUSTENTABILIDADE ECONÓMICA

O monte ten un elevado potencial como fonte de recursos económicos e na medida en que a súa xestión sexa rendible e permita obter os suficientes beneficios para que as persoas ou comunidades que o xestionan vexan compensados os esforzos que realizan para manter os sistemas forestais.

A sustentabilidade económica dos nosos montes depende do aproveitamento da diversidade de usos e funcións do mesmo; so un monte multifuncional pode soportar unha economía rural que se desenvolve no seu entorno. Acadar esta multifuncionalidade implica unha tarefa de ordeación con perspectivas de futuro; despois de décadas de xestión produtivista nas que se produce soamente madeira procedente de especies de crecemento rápido e que hoxe en día acadan un baixo prezo no mercado, é necesario mudar obxectivos e xestión para conquerir unha produción diversificada que poda manterse no tempo e que respete os sistemas naturais, preservando solos, biodiversidade e paisaxe.




 



É necesario plantar especies adaptadas ás condicións dos nosos sitemas naturais; poden proporcionar recursos e manteñan, coa xestión axeitada, as sucesións naturais.