SUSTENTABILIDADE SOCIAL
A sustentabilidade social do monte depende en boa medida de que sexa capaz de soportar un sistema económico que garanta o benestar dos cidadáns nas comunidades rurais. Para que isto ocorra, o monte, para ser fonte de beneficios principal ou secundaría debe ser rendible, é decir que a sostibilidade social so se pode acadar si o monte proporciona beneficios suficientes para obter unha compensación suficiente polas inversións privadas ou públicas realizadas.
Xa que a base da sustentabilidade social, que permita manter a poboación rural, é en parte a sustentabilidade económica, esta debe ser un obxectivo básico da xestión, sobre todo nos montes que se atopan nun entorno rural, onde están destinados a proporcionar unha parte importante dos recursos que permitan a pervivencia das comunidades rurais. Pero a sustentabilidade social non a proporciona soamente nin principalmente o uso productivo dos montes, tamén se deben promover conxuntamente os usos sociais que permitan transformar a superficie forestal nunha fonte de beneficios para a toda a sociedade que ve así como se lle devolven as inversións públicas que se realizan.
Algúns criterios básicos de sustentabilidade social serían:
O MONTE PROPORCIONA DIVERSIDADE DE PRODUTOS QUE SON RECURSOS QUE PERMITEN SOPORTAR COMUNIDADES RURAIS. A produción diversificada é garantía de sustentabilidade ambiental, económica e xa que logo social. A diversificación permite obter produtos durante máis tempo no ano para máis persoas durante máis tempo.
O MONTE CONSTRÚE A PAISAXE ECOLÓXICA E CULTURAL. A recuperación da paisaxe natural do noso entorno, a paisaxe que ten sido o escenario da nosa evolución cultural e que ten sido transformada por decenios de regresión, é sen dúbida un obxectivo que permitirá o achegamento da sociedade ao noso entorno e tamén a ruptura dunha pendente de degradación ambiental que garanta a propia supervivencia dos nosos sistemas naturais. A paisaxe é tamén fonte de recursos turísticos e recreativos.
O MONTE
É FONTE DE SERVICIOS Á SOCIEDADE. O monte debe xogar un papel esencial de cara a garantir a estabilidade ecolóxica que permita soportar á nosa sociedade. Nun período no que problemas globais como a pérda de biodiversidade ou a intensificación do efecto invernadoiro ameazan con levar á humanidade cara unha severa crise ambiental, a preservación dos sistemas naturais é a única forma de crear un punto de inflexión cara a unha situación de seguridade para todos.