UNHA NOVA POLÍTICA FORESTAL É NECESARIA

Despois de décadas nas que unha mala xestión dos recursos do monte teñen danado de forma irreversible os nosos ecosistemas e sistemas forestais, é necesario deseñer unha nova política forestal que intente frear a sangría que está a degradar de forma irreversible os nosos solos e a empobrecer a diversidade biolóxica dos nosos bosques e matos. É necesario poñer en valor os diferentes usos e servizos dos nosos sistemas forestais:

*Augas limpas.
*Control dos fluxos de auga por infiltración e interceptación evitando caudais punta de risco.
*Evitar perda irreversible de solos por erosión.
*Preservar o ciclo da auga e a regulación do auga como recurso.
*Manter recursos alimenticios para o home e os animais.
*Garantir a polinización de plantas provedoras de alimentos e das plantas silvestres.
*Continuidade dos recursos que permiten a caza, a pesca, a recolección de produtos do monte como setas, pequenos froitos ou plantas medicinais.
*Refuxio para a vida silvestre.
*Fonte sostible de madeiras.
*Parte do hábitat humano ao que proporciona recreación.
*Soporte da paisaxe ecolóxica e cultural.

A APDR PRESENTA ALEGACIÓNS AO BORRADOR DA NOVA LEI DE MONTES DE GALICIA.
A Consellería do Medio Rural elaborou e fixo chegar aos sectores interesados na xestión forestal o Borrador da Lei de Montes de Galicia para que estes fixeran os seus comentarios e alegacións. Despois de analizar o contido do borrador, a Asociación Pola Defensa da Ría ven de enviar á Consellería do Medio Rural as súas alegacións, solicitando modificacións no texto que permitan que a lei sexa un instrumento eficaz de cara a deter a acelerada degradación que están a sufrir os nosos montes....

A APDR REALIZA UNHA PLANTACIÓN DE ÁRBORES FRONDOSAS EN PEDRE

Os montes de Pedre levan anos sufrindo as consecuencias dos lumes


A BRUTAL EROSIÓN QUE SE PRODUZO NO ENTORNO DAS RÍAS BAIXAS DURANTE O OUTONO DE 2006 E O ANO 2007 PROVOCOU UNHA TRANSFORMACIÓN DOS SEUS ECOSISTEMAS E SISTEMAS FORESTAIS


Os montes que rodean á Ría de Pontevedra amosan un apecto desolador, como este de Xeve.

 

 

 

DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Dende fai anos, o movemento ecoloxista ven reclamando para Galicia un cambio cara unha política forestal sostible que evite a degradación á que están sometidos os nosos sistemas forestais.
Os criterios que determinan a sustentabilidade, os que se reclaman dende a APDR son os seguintes:


ORDENACIÓN DOS USOS DO SOLO

Para poder xestionar de forma sostible os nosos montes é necesario primeiro definir as superficies forestais e os diferentes usos aos que se queren dedicar.

CONSERVACIÓN DE ECOSISTEMAS NATURAIS
A conservación da biodiversidade é un dos principais retos que ten ante si a humanidade. Cada ano, no noso entorno, desaparecen ou se degradan moitas hectáreas de ecosistemas natruais. O noso futuro depende de que podamos deter este proceso.

DIVERSIDADE DE PRODUTOS E SERVICIOS
A explotación do monte non se debe restrinxir á obtención de produtos madeirables, nin siquiera ao uso productivo. O monte é un recurso educativo, recreativo, turístico, é reserva de diversidade biolóxica.

PREFERENCIA DE ESPECIES ADAPTADAS

As mellores condicións de equilibrio conseguiranse utilizando nas plantacións especies adaptadas preferentemente autóctonas ou cando menos procedentes de biomas similares. As especies pirófitas deben restrinxirse asegurando a eliminación do risco de incendio que presentan.

MANTEMENTO DAS SUCESIÓNS ECOLÓXICAS
Os sistemas biolóxicos presentes no noso monte, en xeral fortemente degradados, respostan a unha dinámica de sucesión ecolóxica con etapas características do noso entorno climático que conducen a sistemas cada vez máis maduros e produtivos. Manter as sucesións é evitar a degradación e construir os sistemas forestais do futuro.


ELIMINACIÓN DO RISCO DE EROSIÓN
A erosión, ao implicar a perda irreversible de solo, cosntitúe o máis grave consecuencia da mala xestión forestal. É imprescindible desterrar dos nosos montes as prácticas intensivistas agresivas que se traducen na perda erosiva de solo.

ELIMINACIÓN DO RISCO DE INCENDIOS
Os incendios están a ser unha catástrofe ambiental que se repite cada ano provocando enormes danos ambientais e perdas económicas; os incendios son o máis grave perigo para os nosos montes.

SUSTENTABILIDADE ECONÓMICA
A xestión forestal debe perseguir o equilibrio entre a demanda social e o potencial económico do monte. O monte debe satisfacer as necesidades da sociedade e ambientais pero tamén as de produción de recursos; o monte posúe un elevado potencial económico a desenvolver.

SUSTENTABILIDADE SOCIAL
A pervivencia das comunidades rurais, con condicións de traballo e de vida dignas, mantibles no futuro, é garantía de conservación dos ecosistemas, e de benestar presente e futuro. A base debe ser un sistema de xestión rendible e ambientalmente sostible.