1. VERTIDOS DE ENCE E ELNOSA

Os vertidos das fábricas do complexo industrial consúen o principal problema ambiental da Ría e están a perxudicar os bancos e poñer en perigo a pervivencia dos recursos pesqueiros e marisqueiros na zona. No que se refire aos bancos, varios factores relacionados coas factorías afectan negativamente á calidade e pervivencia dos bancos marisqueiros:

ENCE VERTE UNHA INMENSA CANTIDADE DE MATERIA ORGÁNICA
De acordo coa autorización de vertido concedida a ENCE no ano 2003, a empresa pode verter ata 43.000 m3 diarios que poden conter unha carga de sólidos en suspensión de ata 2.250 Qg. diarios e ata 9000 Qg. diarios de DQO total. Esta materia orgánica, vai a producir turbidez que diminúe a penetración da luz na auga e polo tanto diminúe a actividade fotosintética e a cantidade de alimento dispoñible para os moluscos. Por outro lado, a deposición desta materia orgánica nos fondos da ría vai producir un aumento do consumo de osíxeno necesario para a súa descomposición por microorganismos; se crean así fondos mál osixenados nos que o crecemento dos moluscos é menor, a probabilidade de padecer enfermidades alta e é alto tamén o risco de que se produza mortandade masiva.

ENCE VERTE UNHA GRANDE CENTIDADE DE NUTRINTES
ENCE pode verter ata 108 Qg. de Fósforo ao día e ata 810 Qg. de NItróxeno amoniacal. Estes elementos actúan como fertilizantes nun medio declarado zona sensible con risco de eutrofización por hiperfertilización. Estes nutrintes permiten un desenvolvemento masivo de microalgas en capas superficiais das augas xa que a turbidez impide a penetración da luz en profundidade. A materia orgánica sintetizada por estas algas unicelulares acaba caendo ao fondo e producindo diminución da concentración de osíxeno no mesmo provocando na zona afectada mortandade masiva de moluscos por asfixia.

ENCE PRODUCE CONTAMINACIÓN TÉRMICA
Sgún declaracións do propio director da fábrica o vertido de ENCE eleva a temperatura das augas do interior da Ría entre 1 e 2 grados centígrados. A elevación de temperatura sitúa aos organismos, que non están habituados, a un estrés térmico que los hace más sensibles a los parásitos y depredadores.

ENCE VERTE SUSTANCIAS TÓXICAS
Como resultado do proceso de fabricación da pasta de papel, orixínanse diversos tipos de compostos como as dioxinas de elevada toxicidade; a presenza destes contaminantes supón un elemento máis de risco para a produción marisqueira xa que poden chegar a aparecer en produtos de consumo.

ELNOSA SEGUE A VERTER GRANDES CANTIDADES DE MERCURIO
Si facemos caso á cantidade de mercurio que cada ano se introduce no sistema de produción de cloro e sosa por electrólise, uns 400 Qg. de mercurio deben pasar ao medio ambiente. Salvo unha parte que se volatiza como mercurio reducido, o resto, a maioría pasa a formar parte do vertido e chega á Ría onde por acción bacteriana se transforma en formas metiladas altamente tóxicas.

 

 

Aspecto do vertido de ENCE cando todavía se realizaba dende as instalacións industriais.