5. VERTIDOS DE AUGAS FECAIS DIVERSOS

Unha grande parte dos vertidos de augas residuais, tanto de orixe doméstico como de orixe industrial se verten á Ría sen depurar ou sen un grado suficiente de depuración. Como consecuencia da chegada á Ría de augas de orixen doméstico ou asimilables sen depurar chegan tamén os microorganismos que forman a flora habitual do aparello dixestivo e que coas feces se incorporan aos vertidos constituíndo o que se denomina contaminación biolóxica, é decir contaminación por organismos vivos. A bacteria máis abundante no noso aparello dixestivo é Esteritchia coli polo que se utiliza como indicadora de contaminación fecal; as unidades de E. coli que aparezan no medio proveñen con certeza do intestino dunha persoa o que indica que a ese medio chegaron as feces de algunha persoa; ao estudio e reconto das unidades da bacteria presentes no medio se lle chama "colimetría" . A maior parte das cepas de E. coli non so non son patóxenas sinon que é imprescindible no noso tubo dixestivo pero a súa presencia, pero ao estar presente e indicar contaminación fecal, pode estar presente tamén outra bacteria fecal que si sexa patóxena e produza enfermidades coma a salmonelosis, a disentería ou o tifus. Os moluscos bivalvos coma son organismos filtradores concentran unidades bacterianas nas súas branquias polo que o seu consumo en cru pode transmitir enfermidades entéricas.

A depuración rebaixa a carga bacteriana si esta non é moi elevada pero si o é poden sobrevivir ao tratamento a suficiente cantidade de patóxenos coma para producir unha enfermidade entérica.

O aumento de poboación no entorno da Ría de Pontevedra supuxo un aumento nos últimos anos da carga de contaminación fecal que chega á Ría e a pesar de que se teñen levado a cabo medidas destinadas a depurar a maior cantidade de augas posible, esta depuración deixa todavía multitude de vertidos directos que elevan a colimetría en zonas da Ría. Isto xunto coa mellora nas esixencias legais impostas pola Unión Europeas fai que en determinadas épocas e en determinadas zonas se detecten niveles de coliformes por riba dos máximos permitidos para zonas de cultivo de moluscos.

Na actualidade todavía persisten moitos vertidos á Ría sen depurar en diversas zonas do seu entorno, disperos por todo o litoral.

A única maneira de evitar a presenza de coliformes nas augas da Ría, que supoñen un risco real para a saúde dos consumidores de moluscos é a depuración. En realidade, a directiva europea de depuración de augas residuais, obriga a que todos os vertidos ás zonas sensibles - e a Ría de Pontevedra o é- saian depurados cun tratamento primario e secundario.

A APDR, ten denunciado esta situación diante da Administración galega sen ter resposta e, dende 1999 diante da Unión Europea que decidiu abrir un expediente de infracción ao Estado español por incumprimento de Lexislación comunitaria.

 

 

Exemplares de Esteritchia coli vistos cun microscopio electrónico, miden 3 milésimas de milimetro de lonxitude.




Vertido de augas fecais sen depurar na proximidade de Monteporreiro.