1. VERTIDOS DA CONSERVEIRA PESCAMAR

Os vertidos da fábrica de conservas Pescamar conteñen polo seu color e cheiro unha carga contaminante moi elevada que se verte nunha zona con baixa renovación de auga. Sendo o compoñente principal destas augas as augas de cocción de peixe, os principales contaminantes que conteñen son materia orgánica e os nutrintes minerais. A materia orgánica se suma á doutras orixes contribuíndo a agravar os problemas a ela asociada e a elevar o perigo de eutrofización. O principal e máis inmediato elemento de perigo asociado á contaminación con materia orgánica é a diminución de osíxeno no medio que favorece a aparición de enfermedades nos moluscos e depredadores oportunistas; redúcese a estabilidade ecolóxica e créase un ambiente hostil do que desaparecen organismos sensibles á diminución do osíxeno podendo desaparecer os moluscos.

As augas se verten a temperatura superior á auga da Ría, producíndose contaminación térmica. A contaminación térmica e a conseguinte elevación da temperatura do medio, dificulta a disolución de osíxeno provocándose unha diminución na súa dispoñibilidade que vai afectar aos procesos respiratorios dos organismos poñendo en perigo a súa supervivencia. A elevación anormal de temperatura e o debitamento dos mecanismos de defensa que provoca fai que os moluscos sexan máis sensibles a parasitación podendo producirse a morte.

A elevación de temperatura e a abundancia de materia orgánica si favorece a supervivencia dos microorganismos abituados a vivir no aparello dixestivo humán. Nas augas quentes sobreviven máis tempo os coliformes e estreptococos fecais e a elevación de temperatura pode xa que logo provocar concentracións elevadas si existe un foco de augas residuais domésticas.

 

 


Vertido nas proximidades da fábrica de Pescamar