2. RECHEOS NO PORTO DE MARÍN E OUTROS

Os recheos que se veñen producindo no porto de Marín responden a unha operación destinada a proporcionar solo industrial e atraque exclusivame para o beneficio de catro industriais. Para perpetrar o despropósito que supuxo a brutal modificación os sucesivos presidentes da Autoridade Portuaria, o director do porto e os técnicos do mesmo urdiron un plan en base ao cal, evadindo con enganos o cumprimento da lei, culminaron un desastre ecolóxico que está a marcar e seguirá marcando o futuro da Ría.

A modificación da liña de costa asociada ao recheo dunha superficie superior aos 300.000 m2, está a producir unha severa modificación da dinámica sedimentolóxica con removilización e redistribución de sedimentos que ten cambiado e seguirá a cambiar a fisionomía dos sistemas naturais do interior da Ría onde se asentan os bancos marisqueiros. É moi probable que estes recheos deriven na pérda de superficie e como consecuencia na reducción da producción dos mesmos.

Sabendo que un estudo serio revelaría os danos asociados aos recheos, a Autoridade Portuaria negouse sempre a realizalo, conseguindo da administración autorización aos seus plans sen que nunca se estimase cales serían as consecuencias da modificación da liña do litoral.

As consecuencias dos recheos xa se están a notar nunha perda de recursos naturais. As cofradías de pescadores cifran as consecuencias dos cambios na dinámica sedimentolóxica nunha importante redución das cantidades de molusco recollidas que se traducirá nunhda perda equivalente dos postos de traballo que os bancos estaban a proporcionar. Pero as transformacións nos depósitos de area e fango non teñen terminado e, co paso dos anos produciránse aínda novas mobilizacións de sedimentos que reducirán máis todavía os recursos marisqueiros e pesqueiros.

A ASOCIACIÓN POLA DEFENSA DA RÍA CONTRA OS RECHEOS DO PORTO DE MARÍN
Na APDR vimos, dende 1992, adverindo do dano que os recheos do Porto de Marín producirían e que ao fin se están producindo. Dende entón a Asociación ven facendo recursos, participando en mobilizacións, e realizando denuncias. Ver máis.


 

Imaxe do Porto de Marín; a liña vermella indica a liña que a Autoridade Portuaria se comprometía a non rebasar cos seus recheos. Aínda para os que quedan por detrás da liña o estudo de impacto ambiental prevía xa modificación da dinámica sedimentolóxica, a Autoridade Portuaria adentrou, grazas a unha tramitación enganosa, os recheos bastante máis adentro sen ningún tipo de estudo de avaliación de impacto; o resultado, a destrucción dunha boa parte dos bancos marisqueiros do interior da Ría.