DENEGADA A SOLICITUDE DE ENCE DE DECLARACIÓN DE INNECESARIEDADE DO DOMINIO PÚBLICO MARÍTIMO TERRESTRE DAS MARISMAS DE LOURIZÁN

A Secretaría Xeral para o
Territorio e a Biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente ten enviado á APDR (26.1.07) un escrito no que se comunica a denegación da solicitude de ENCE de declaración de innecesariedade para a protección ou a utilización do dominio público marítimo terrestre dos terreos comprendidos nas concesións da zona marítimo-terrestre otorgasas a esa empresa en Lourizán.

ENCE, ao amparo da declaración de supramunicipalidade establecida polo Consello da Xunta de Galicia de Fraga, solicitou, o 29 de xullo de 2003, a declaración de innecesariedade para a protección ou a utilización do dominio público marítimo terrestre dos terreos comprendidos nas concesións da zona marítimo-terrestre otorgasas a esa empresa en Lourizán. O Ministerio solicitou á Avogacía do Estado informe sobre o asunto que contesta en outubro concluíndo que "os terreos ganados ao mar como consecuencia indirecta das obras e os desecados na súa ribeira son bens de dominio público marítimo-terrestre legalmente insusceptibles de desafección según o mecanismo descrito no artigo 18 da lei de Costas.

En 2004, a APDR e outros organismos, empresas e asociacións presentaron alegacións a esta solicitude. No caso da alegación presentada pola Asociación pola defensa da Ría, facíase fincapé no feito da imposibilidade legal de acceder á solicitude da empresa e da necesidade de garantir a recuperación ambiental dos terreos antes de ser devoltos á sociedade.

Na súa resolución o Ministerio recorda que o artigo 18 da lei de Costas non permite que se produza a desafectación (que deixen de ser considerados como dominio público marítimo-terrestre)
de terreos que foran ganados ao mar coma ocorre no caso da solicitude e que establece unha serie de principios de actuación que deben ser tidos en conta por todolos poderes públicos á hora de adoptar as súas decisións, en referencia ao procedemento de concesión e finalización das concesións de dominio público marítimo-terrestre. Recorda ademáis que a lei de Aguas proponse non so manter no dominio público os espazos que reúnen as características naturais do medio, senón ademáis establecer mecanismos que favorezan a incorporación de novos terreos ao dominio público, ampliando a estreita faixa costeira que actualmente ten esta clasificación demanial; e decir que a solicitude de ENCE opera en sentido contrario ao establecido pola lei.

Aínda que cabe interpoñer recurso de reposición contra a resolucion do Ministerio, a contundencia da mesma e o sólido soporte legal da decisión permite asegurar que sería absurda a posible presentación de recurso por parte de ENCE. Deste modo se pecha a última posibilidade de permanencia do complexo industrial de Lourizán máis alá de xuño do ano 2018.