INCENDIOS FORESTAIS
Cada ano, milleiros de incendios forestais arrasan deceas de milleiros de hectáreas de monte; as consecuencias ambientais e económicas que estes lumes provocan son tan graves que fan dos incendios un dos problemas máis serios a nivel medioambiental de galicia. Ademais da contaminación atmosférica e dos danos económicos que supón a perda de produción forestal, os incendios forestais acaban producindo alteracións en ecosistemas fluviais e mariños a onde chegan os materias arrastrados dos montes queimados pola escorrentía. Pero o problema máis grave é a perda irreversible de solo fértil por erosión. Diversos documentos publicados nos permiten acercarnos ás causas e ás consecuencias dos incendios forestais
O traballo de Tarsi Carballas "Los incendios forestales" é un clásico e un traballo pioneiro na análise, dende un punto científico, dos incendios forestais en Galicia.
A relación Poboación-Monte-Clima analizada para os montes da rexión suíza de Ticino. Un traballo sinxelo pero que permite entender unha perspectiva aínda non suficientemente tida en conta en Galicia.
Documento da asociación ecoloxista Verdegaia sobre os incendios do verán de 2006
Borrador da lei de prevención de incendios forestais para consultas
|