XUÍZO CONTRA ENCE E ELNOSA
Despois dun período de instrucción de 11 anos nos que se realizaron multitude de estudos e informes sobre a contaminación que as empresas estaban a producir e as súas consecuencias para o medio, os recursos naturais e a saúde humana. Estes estudos permiten demostrar con claridade que, as empresas, dende o inicio da súa actividade veñen cometendo delicto ecolóxico e de danos contra as persoas de graves consecuencias. A propia empresa viuse obrigada a asumir a culpabilidade dos acusados e admitir unha sentencia condenatoria. A traveso dos estudios incluidos neste sumario se poden comprobar as dimensións da grande infamia de ENCE e ELNOSA. Análises en profundidade da contaminación e dos danos que as fábricas do complexo teñen producido no medio ambiente, nos recursos e na saúde dos habitantes da bisbarra, que están a disposición dos investigadores ou persoas interesadas que queran acceder a ista información e que so teñen que poñerse en contacto coa asociación.

Sentencia de 8 de novembro de 2002 condenando aos responsables das empresas ENCE e ELNOSA por un delicto continuado contra o medio ambiente e de danos ás persoas.