O FONDO DOCUMENTAL DA ASOCIACIÓN POLA DEFENSA DA RÍA
A Asociación pola Defensa da Ría leva xa máis de 17 anos de actividade en defensa do medio ambiente no ámbito da Ría de Pontevedra e, co movemento ecoloxista, en defensa do media ambiente, dos recursos naturais sostibles, e dos dereitos cidadáns.
Nestes longos anos de intensa actividade, a APDR ten acumulado un xa importante fondo documental que ten sido solicitado por investigadores á hora de facer estudos dende diversas perspectivas no ámbito da defensa dos dereitos civís, dos recursos naturais, do desenvolvemento sostible e da defensa do medio ambiente.
Actualmente estamos a intentar organizar esta abundante documentación coa idea de que calquera investigador ou mesmo calquera cidadán poda consultar os arquivos documentais da Asociación pola Defensa da Ría, unha primeira fase de esta tarefa consiste na elaboración dun catálogo que sirva de referencia para a búsqueda daqueles documentos que se precisen.
Se relacionan aquí simplemente algúns items entorno aos cales se ten arquivada documentación diversa que se pon a disposición de investigadores, socios ou cidadáns en xeral. Esta documentación inclúe denuncias administrativas e xudiciais e a súa resolución, notas de prensa, noticias publicadas e materiais das campañas realizadas coma cartaces, panfletos, etc.

Lexislación: A lexislación en materia de medio ambiente tanto a nivel galego coma do estado español e europeo é xa extensa e cosntitúe unha ferramenta de salvagarda ambiental para a administración e os cidadáns.

Urbanismo: A APDR nace no ano como movemento que pretende respostar aos prantexamentos urbanísticos do seu momento. Dende entón a asociación se ten movilizado por diversos problemas urbanísticos. A loita contra a construcción da ponte da autopista sobre a ría de Pontevedra. A defensa do arbolado na Praza da Verdura.

Movemento polo peche de Celulosas: Dende a súa orixe, a APDR asume a loita contra o complexo industrial de Lourizán, que muitos cidadáns viñan desenvolvendo dende que se empezaron as obras de construcción do mesmo. Algúns aspectos da longa loita contra o complexo poderían ser:

As movilizacións: ao longo destes anos se teñen convocado multitude de movilizacións cidadáns nas que teñen participado milleiros de persoas. As marchas anuais contra Celulosas son as movilizacións estelares pero no seu período de vida a Asociación ten convocado deceas de actos de protesta.

As accións diante da administración: a Asociación ten presentado alegacións e interposto escritos diante das administracións de Galicia, estatal e europea buscando un control das destructivas actividades do complexo industrial de Lourizán.

O xuízo contra ENCE e ELNOSA: ao longo de 11 anos de instrucción se elaboróu un sumario de unhas 12000 páxinas que permitiron construir un edificio acusatorio de sólida arquitectura. A propia empresa viuse obrigada a asumir a culpabilidade dos acusados e admitir unha sentencia condenatoria. A traveso dos estudios incluidos neste sumario se poden comprobar as dimensións da grande infamia de ENCE e ELNOSA. Análises en profundidade da contaminación e dos danos que as fábricas do complexo teñen producido no medio ambiente, nos recursos e na saúde dos habitantes da bisbarra.

A loita contra os recheos do Porto de Marín : Dende que, no ano 1994, se presentara o plan especial para o Porto de Marín e Ría de Pontevedra e o proxecto de recheos asociado, a APDR ven mantendo unha constante oposición e solicitando a paralización duns recheos que, ao final, teñen demostrado ser tremendamente destrutivos para os ecosistemas e os recursos naturais da Ría de Pontevedra.

En defensa dos nosos ríos : A APDR ten participado activamente nos movementos de defensa dos nosos ríos das agresións que se teñen levado a cabo e dos proxectos agresivos para os sistemas fluviais.

Por unha nova política forestal : O monocultivo de eucalipto está a demostrar que resulta absolutamente insostible. Os sectores implicados están a deseñar a que será a nova politica forestal.

Incendios forestais: A plaga dos incendios forestais que cada ano destrúe ecosistemas e cultivos forestais e supón a perda por erosión de miles de toneladas de solo. Analizando o problema existen cada vez unh maior número de publicacións.