AS MENTIRAS DE ELNOSA: ¿CANTO MERCURIO ESTÁ A EMITIR Á ATMÓSFERA? ¿CANTO ESTÁ A VERTER Á RÍA?
Nas súas declaracións diante da opinión pública e na documentación que presentou para solicitar a autorización ambiental integrada, ELNOSA asegura que está a cumplir coa lexislación no que se refire aos vertidos e nas emisións á atmósfera pero ¿son posibles as cifras de emisión que aporta a empresa? Basta realizar uns simples cálculos para comprobar que é imposible que os datos que aporta a empresa sexan certos.
Durante a fase de instrucción de do sumario por delicto ecolóxico contra a empresa que deu lugar a unha sentencia condenatoria, por delicto ecolóxico continuado e por danos ás persoas, en novembro de 2002; ELNOSA aporta ao fiscal os datos de materias primas utilizadas e produción. Este ano, ELNOSA "consume" 414 Kg de mercurio na producción de 23.000 toneladas de Cloro.

Este mercurio ven a sustituir o que se "perde" a traves dos vertidos e emisións atmosféricas xa que o que se incorpora aos produtos é unha cantidade mínima. Esta entrada de mercurio como materia prima permítille á empresa manter o utilizado para a produción, un total de ¡70 toneladas!

Dende entón non se ten producido nigunha modificación no sistema de produción, sendo a cantidade de Cloro elaborada similar á do ano 1984 tal e como se pode comprobar na documentación presentada pola empresa para solicitar a Autorización Ambiental Integrada, solicitude actualmente arquivada. É razonable logo que deducir que na actualidade seguen a entrar na factoría cantidades similares de mercurio para suplir as "perdas"
A cantidade de mercurio que, según ELNOSA se verte nos efluentes líquidos pódese calcular a partir da concentración que a empresa declara non superar; supoñendo o peor dos casos, que durante todo o día si acadara o valor máximo de 1 gramo de mercurio por tonelada de cloro producida, o multiplicamos pola produción de 2003, de 22.276 toneladas, e obteremos que ese ano ELNOSA verteu 22.276 gramos, é decir, a importante cantidade de 22,2 quilos deste metal pesado.

No caso das emisións gasosas, ELNOSA declara que emite uns 31 quilogramos, concretamente 31,1 no ano 2003.

Estas cifras son escandalosas par unha industria enclavada nun entorno urbán e que verte os seus efluentes sobre un banco marisqueiro pero pode asegurarse que son falsas. Supoñendo razonablemente que, no mellor dos casos, "solo" entrasen 400 quilogramos de mercurio e que se perde unha cantidade similar. Xa que a empresa declara que verte uns 22,2 e que emite a atmosfera 31,1, é dicir 53,3. ¿Onde están os 346,7 quilos restantes?
ELNOSA é unha industria moi perigosa pero ademáis, seguramente, moito máis do que declara.