)))))) Wi-Fi nas aulas? Internet mellor por cable .........

Dossier ESCOLA SEN WIFI 2012

Descarga en pdf: fai clic

A campaña escola sen Wi-Fi nace da inquedanza e preocupación de nais e pais, profesionais do ensino e a sanidade, persoas e colectivos sociais en xeral, ante esta electrocontaminación crónica e continuada.

Dende escola sen Wi-Fi avogamos por unha escola saúdabel libre de contaminación electromagnética para alumnado e profesorado coa retirada do sistema Wifi das escolas e a instalación da rede por cable (non contaminante, máis rápido e seguro)

Nesta páxina podes informarche da campaña, dos consellos de principio de precaución e propostas dende o ámbito científico, institucional e social, e acceder aos medios para actuar na protección do alumnado e profesorado, así como tomar contacto connosco para inserir grupos de acción que xa estean a traballar, conectar cos que xa existan ou crealos.

Sabes que o Consello de Europa… ? ante un maior risco de efectos biolóxicos potencialmente nocivos dos campos electromagnéticos na infancia e mocidade solicitou (25.05.2011) aos estados membros primar nas aulas a conexión a internet por cable [sen WiFi], evitando o uso do móbil no recinto escolar, e fomentar campañas de información e sensibilización sobre os seus efectos potenciais nocivos. Sabes que o Parlamento Vasco ...? xa aprobou (05.10.12) solicitar ao seu Goberno cumprir ditas recomendacións.

Sabes que a OMS (IARC)… ? clasificou (31.08.11) estas radiacións das tecnoloxías sen fíos (móbil, Wi-Fi, Wimax ...) como posíbeis canceríxenos en humanos, solicitando o propio director do IARC "reducir a exposición a estes dispositivos”.

Sabes que o proceso de informatización do Programa Abalar da Xunta de Galicia, adaptación do Programa estatal escola 2.0, … ? impón que a conexión a internet sexa por vía Wi-Fi nas aulas de 5º e 6º de Primaría e 1º e 2º da ESO seleccionadas, incluso en aqueles centros que xa teñen establecida a configuración por cable.

Sabes que noutros paises da nosa contorna ...? xa hai escolas, universidades, bibliotecas, concellos, etc., que optaron pola conexión por cable aplicando xa o principio de precaución.

 

VÍDEO (CASTELÁN) DA PRESENTACIÓN DA

CAMPAÑA ESTATAL "ESCUELA SIN WIFI"

( http://www.escuelasinwifi.org/index.html ):

Voces de axentes implicados dende o ámbito sanitario, docente, sindical, pais e nais, electrosensibilidade,....

 

" ... Xa temos información abondo para saber que un Wi-Fi exposto durante moito tempo en persoas sensíbeis, como son os nenos, moi previsiblemente va a causar problemas, algúns deles quizás sexan banais como pode ser o baixo rendemento escolar ou trastornos do sono , pero algúns destes riscos a longo prazo non son banais e poden incidir en enfermidades coma a dor crónica, fatiga, …. ” .

Dr. Joaquín Ramón Fernández Solà ( 27-10-2010 ), especialista en Enfermidades Emerxentes do Hospital Clinic de Barcelona, onde xa atenderon a un centenar de electrosensíbeis en 3 anos ( 02.02.11 ) considerados como a punta do iceberg.

 

Principio de Precaución: “A existencia de indicios fundados dunha posible afectación grave da saúde da poboación, aínda cando houbese incerteza científica sobre o carácter do risco, determinará a cesación, prohibición ou limitación da actividade sobre a que concorran”. Lei 33/2011, de 4 de outubro, Xeral de Saúde Pública, páx. 104601 do 05 de outubro de 2011.

Sabias que ?... en xaneiro de 2011 a Federación Ecoloxista Galega solicitou unha entrevista á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, coa proposta de declarar os centros de ensino coma “zonas brancas” libres de contaminación electromagnética nas que prime o cableado no canto de Wi-Fi (xa recomendado en Alemaña pola súa Oficina Federal para a Protección contra as Radiacións e o propio Ministerio de Medio Ambiente), que o recinto escolar estea libre de móbiles en menores de 14 anos (xa aprobado en Francia no 2010) e que a Administración promova campañas de uso razoable deste tipo de teléfonos (na liña marcada pola Resolución do Parlamento Europeo do 2009).

Sabias que ?... en febreiro de 2012 asociacións de pais e nais e grupos ecoloxistas solicitaron ao subdirector xeral de sistemas informáticos da Consellaría de Educación, Carlos Vázquez substituir o acceso a internet vía "wifi" por cabo nas aulas do proxecto Abalar tal e como xa recomendou o propio Consello de Europa en maio de 201, xunto a outras medidas urxentes para reducir a exposición a este tipo de radiacións.

 

escola sen wifi - centros de ensino saudábeis = centros libres da electropolución - escola sen wifi - )))) Wi-Fi nas aulas? ... Internet mellor por cable ---- escola sen wifi - centros de ensino saudábeis = centros libres da electropolución - escola sen wifi - )))) Wi-Fi nas aulas? ... Internet mellor por cable ---- escola sen wifi - centros de ensino saudábeis = centros libres da electropolución - escola sen wifi - )))) Wi-Fi nas aulas? ... Internet mellor por cable ---- escola sen wifi - centros de ensino saudábeis = centros libres da electropolución - )))) Wi-Fi nas aulas? ... Internet mellor por cable ---- escola sen wifi - centros de ensino saudábeis = centros libres da electropolución - escola sen wifi - )))) Wi-Fi nas aulas? ... Internet mellor por cable ---- escola sen wifi - centros de ensino saudábeis = centros libres da electropolución - escola sen wifi - )))) Wi-Fi nas aulas? ... Internet mellor por cable ---- escola sen wifi - centros de ensino saudábeis = centros libres da electropolución - escola sen wifi - )))) Wi-Fi nas aulas? ... Internet mellor por cable