Que é escola sen Wi-Fi ?
A campaña escola sen Wi-Fi nace da inquedanza e preocupación de nais e pais, profesionais do ensino e da sanidade, persoas e colectivos sociais en xeral, ante o proceso de informatización do Programa Abalar da Xunta de Galicia (adaptación do Programa estatal escola 2.0) que impón que a conexión a internet sexa por vía Wi-Fi nas aulas de 5º de Primaría e 1º da ESO seleccionadas, incluso en aqueles centros que xa teñen establecida a configuración por cable.
Ao crecemento exponencial dá contaminación electromagnética en tódolos ámbitos da vida súmase gratuitamente unha exposición no ámbito escolar onde a infancia e a mocidade considéranse grupos máis vulnerábeis a este tipo de radiacións pola maior penetración no cranio, por estar o seus órganos en desenvolvemento e polos seus efectos acumulativos cun risco potencial maior na exposición precoz.
Xa aí estudos abondo que evidencian que unha sobreexposición a radiacións é prexudicial para a saúde, posíbel incidencia que o wifi instalado no noso centro de ensino poda estar tendo na saúde dos nosos/as fillos/as que están en pleno desenvolvemento. O informe Bioinitiative, do ano 2007 recompila as conclusións de arredor de 1.500 estudos sobre os efectos da contaminación electromagnética nos seres vivos.
Na ampla bibliografía médica descríbense efectos potenciais da exposición aos campos electromagnéticos a curto prazo (déficit de atención, hiperactividade, irritabilidade, problemas de concentración e memoria, prurito, molestias oculares, dermatites, dores musculares, cefalea, insomnio, …) e a longo prazo cando a exposición se mantén no tempo (electrohipersensibilidade, síndrome de fatiga crónica, depresión, fibromialxia, arritmias, problemas cardíacos, epilepsia, autismo, Alzheimer, Párkinson, infertilidade, problemas hormonais, leucemia e cancros diversos).
Ao Iinforme Bioinitiative súmanse numerosas resolucións de expertos e organismos internacionais instando a limitar a exposición a estes campos. As derradeira delas foi a Resolución da Asemblea do Consello Europa do 27 de maio de 2011, pola que se insta aos gobernos membros a adoptar medidas concretas, como a de primar o cable ante o Wi-Fi nas aulas na conexión a internet, para reducir a exposición a todo tipo de radiacións electromagnéticas, en especial na infancia e na mocidade pola súa maior vulnerabilidade. En xuño, a Organización Mundial da Saúde (OMS), a través da súa Axencia internacional para a Investigación do Cancro, clasificaba estas radiacións como posíbel canceríxeno do grupo 2b.
A tecnoloxía Wi-Fi expón na escola a docentes, infancia e mocidade a uns picos de radiación superiores aos de falar cun móbil ou a da exposición a unha antena de telefonía próxima. que se chegase ás seis horas por día, suporía 132 horas ao mes ou 1.188 cada ano.
Dende "escola sen Wi-Fi" avogamos por escolas saudábeis, non só libre do fume do tabaco e da comida lixo se non tamén da contaminación electromagnética. Solicitamos que se aplique a recomendación do 25.05.2011 do Consello de Europa aos seus estados membros: primar nas aulas a conexión a internet por cable [sen WiFi] e evitar o uso do móbil no recinto escolar, ante o maior risco de efectos biolóxicos potencialmente nocivos desta electropolución na infancia e mocidade por ser poboación máis vulnerábel.
Xa en xaneiro de 2011 a Federación Ecoloxista Galega solicitou unha entrevista á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ante a implantación do Wi-Fi no Proxecto Abalar, por non aplicar o Principio de Cautela de minimizar a exposición á contaminación electromagnética xa proposta polas Resolucións do Parlamento Europeo de 2008 e 2009 e a Axencia Europea de Medio Ambiente.
Mentres a nivel estatal e autonómico implántase o Wi-Fi nas aulas noutros países da nosa contorna próxima, como Francia, Inglaterra, Canadá, Austria ou Suíza, xa están retirando o Wi-Fi dos centros de ensino, hospitais, bibliotecas e outros centros públicos,
Alternativa á conexión Wi-Fi:
O risco potencial da tecnoloxía Wi-Fi pódese evitar de forma moi sinxela, posto que existen alternativas para conectarse a internet que non producen radiacións, sen supoñer ningunha ameaza para a saúde, e que ademais ofrecen unha conectividade moito máis rápida, segura e eficaz. A solución mais sinxela: instalar internet a través de cableado estruturado.
Dende "escola sen Wi-Fi" podes:
- … acceder á información, fundamentos de científicos e institucións en base al Principio de Cautela. Ver Dossier ESCOLA SEN Wi-Fi 2012: Wi-Fi nas aulas? …. Internet mellor por cable,
- … asinar a Petición pública da campaña estatal para retirar o Wi-Fi dos centros de ensino durante o curso 2011-2012. Asínaa !!,
- … descargar modelos de documentos necesarios para actuar no teu centro de ensino, barrio, cidade ANPA, sindicato ….,
- ... coñecer as novidades e noticias relacionadas ...,
- … inserir os grupos de acción galegos que xa están a traballar nesta liña e conectar con eles. Contata connosco !!
Principio de Precaución: “A existencia de indicios fundados dunha posible afectación grave da saúde da poboación, aínda cando houbese incerteza científica sobre o carácter do risco, determinará a cesación, prohibición ou limitación da actividade sobre a que concorran”. Lei 33/2011, de 4 de outubro, Xeral de Saúde Pública, páx. 104601 do BOE de 05 de outubro de 2011. Ver  |
“ Instamos ao principio de precaución non porque teñamos a certeza de que é perigoso para a saúde, senón porque non podemos afirmar que é seguro. Canta evidencia é necesaria para previr un dano futuro?. É capacidade da sociedade decidir a canto está disposta a expor aos seus cidadáns ata tomar decisións sobre o tema ”. Dra. Devra Davis, PhD, MPH Director, Center for Environmental Oncology at the University of Pittsburgh Institute. ( “Seminario Internacional de Radiación Non-Ionizante, Saúde e Medio Ambiente”, Porto Alegre, Brasil 2009).
|