DESAPARICIÓN DAS COMUNIDADES RURAIS
A xestión productivista de NORFOR está orientada a un solo uso do monte: a produción; e un solo produto: a madeira de eucalipto para pulpa. A elevada mecanización das tarefas de conservación das plantacións que, por término medio so ocupan uns días ao ano son realizadas con frecuencia por persoas que proceden de lugares alleos á zona da plantación. A calidade do emprego que crea a empresa é pésima que con máis do 80% do emprego eventual cun réxime de contratación, o agrario, que permite realizar contratos de somentes un día e con salarios e bases de cotización indignos para un traballo moi duro. O baixo prezo que a empresa está a pagar pola madeira non permite obter ningún beneficio neto da mesma e nin siquiera manter os cuidados do monte. Como consecuencia se produce o abandono de zonas rurais que poderían soportar unha poboación máis importante pero que ao desaparecer as posibles fontes de recursos que poderían mantela desaparecen.
O sistema de xestión da empresa, impide a posibilidade da obtención doutro tipo de recursos que non sexa a madeira de eucalipto da que so ela se beneficia. O uso de tóxicos que danan a flora e a fauna evitan calquera tipo de aproveitamento. A eliminación da flora con herbicidas elimina o primeiro eslabón das cadenas tróficas, o dos productores; ao non haber produción de materia orgánica por fotosíntese non é posible a existencia de herbívoros nin dos seguintes niveis tróficos da pirámide. As actividades cinexéticas son polo tanto imposibles non sendo pola presencia de animais que obteñen o seu alimento fora da parcela. Outros reucursos asociados á producción vexetal como a micoloxía (perigo de contaminación dos fungos) ou a apicultura fanse imposibles; a apicultura vese danada ademais polo uso masivo de insecticidas inespecíficos que eliminan todo tipo de insectos aparte de ser tóxicos para outros tipos de animais e para o home.
Aínda que o abandono do medio rural é un problema estructural con causas diversas non cabe duda de que o modelo de xestión forestal de NORFOR é paradigma de insostibilidade social e causa importante de despoblamento en zonas onde ten instaladas as súas plantacións. As agresivas técnicas de xestión da empresa destrozan a paisaxe ecolóxica e cultural e fan desaprececer os usos tradicionais ou posibles usos futuros do monte.
A Sociedade de cazadores de Rois presentou en Outubro de 2005 unha denuncia contra NORFOR "por empregar pesticidas de dudosa legalidade para as súas plantacións de eucaliptos nos montes de Reiboo e Vilar do Abade"
En información publicada o 24 do 2 de 2007 en La Voz de Galicia, un experto en apicultura, diante da elevada mortandade que as abellas están a sufrir, recomenda como sitio ideal para a instalación de colmenas "os montes onde non hai plantacións de eucalipto tratdas con pesticidas", é dicir o máis lonxe posible dunha plantación de NORFOR.
|