
EN TODO O MUNDO PROLIFERAN CERTIFICACIÓNS CONTESTADAS POR ORGANIZACIÓNS ECOLOXISTAS OU DE DEFENSA DOS DEREITOS HUMANOS
Dende que o FSC comezou a certificar plantacións o número de certificados non ten parado de aumentar. Ao tempo que proliferaban as empresas certificadas, crecía o volume de negocio para as empresas certificadoras e o número de reclamacións ou queixas polos certificados concedidos en todo o mundo.