BENEFICIOS BASADOS NA DEVALUACIÓN DO PREZO DA MADEIRA

ENCE esta a obter uns enormes beneficios empresariais en base a unha política socialmente destrutiva e que está a arruinar aos propietarios particulares. Durante anos, coa complicidade e a axuda económica da administración e utilizando diversos medios de propaganda que incluíron a algunhas supostas asociacións forestais coma Silvanus, ENCE dedicouse a promover a plantación de eucaliptos ofrecendo uns supostos suculentos beneficios para os plantadores. A desfachatez da empresa ten levado a enviar a membros de Silvanus a ofrecer aos cultivadores clons de eucalipto de crecemento rápido que aseguraban que crecían na terceira parte do tempo que os normais.

Cando ENCE veu que tiña garantido o abastecemento das súas fábricas comezou a encher o peto e a baixar o prezo da madeira que mercaba que en menos de dez anos pasou a ser de case a metade. Mentres o prezo medio da madeira crecía a un ritmo de entorno ao 8% anual o da madeira de eucalipto caeu en máis dun 40%. A empresa ademais pode, ao non existir un mercado libre onde se oferten prezos e ao ser a produción neste momento o bastante grande, eivitar calquera demanda de subida de prezo como a que esixen os produtores do norte de Galiza que teñen chegado a paralizar as talas para apoiar a súa esixencia.

ENCE exerce xa que logo un monopolio de facto, facendo crecer moi por encima do razoable os seus beneficios a costa do empobrecemento de miles de produtores de madeira de eucalipto. Os beneficios que se obteñen dunha tala de eucaliptos co calibre medio utilizado polas fábricas de pasta da empresa, vendida a un prezo de -no mellor dos casos- 25 euros a tonelada, non é suficiente nin para realizar os traballos elementais de limpeza e replantado, polo que moitas parcelas son deixadas sen cultivar.

A perda dos beneficios dos montes ten a súa orixe na xestión forestal de ENCE que promoveu, coa colaboración da Administración, o monocultivo de eucalipto para agora enriquecerse unha vez se ten acadado o exceso de produción.

As consecuencias para a economía rural está a ser dramáticas e arrastran a un abandono das poboacións e á perda da cultura rural. Ambientalmente, o abandono do monte favorece a acumulación de biomasa combustible, a perda de consideración e valorización social o que o sitúa nunha pendente de degradación onde os incendios son un factor decisivo; o monte abandoado e socialmente devaluado acabará por convertirse nun ermo improdutivo. A perda de biodiversidade e de posibles usos, a imposibilidade de obter calquera produción como consecuencia da erosión son irreversibles.

DOCUMENTOS:
Artigo de La Voz de Galicia 24.1.2006. Productores intentan combatir o monopolio de NORFOR-ENCE, cos incendios do verán e a grande oferta de madeira, tuveron que sucumbir ao monopolio.
Artigo de La Voz de Galicia 19.3.2006. Os productores asequran que co que lles pagan por unha tonelada de madeira non teñen para cubrir custos.


Monte abandoado en Domaio.
Os propietarios, comunidades de montes e particulares, dado o derrube do prezo da madeira de eucalipto carecen de recursos para cuidar o monte, este énchese de combustible que presaxia intensos incendios.

Monte abandoado queimado en Pedre
Tarde ou cedo, o monte abando, devaluado económoca e socialmente acaba ardendo e provocando a destrucción da vexetación que protexe o solo.

Monte erosionado en Pedre
As chuvias de despois do verán arrastran o solo fértil total ou parcialmente acabandon coas posibilidades de uso e produción do monte.