DESTRUCIÓN DE BIODIVERSIDADE POR USO MASIVO DE HERBICIDAS E INSECTICIDAS

O sistema de cultivo intensivista que realiza NORFOR implica unha perda de diversidade que ven imposta polas limitacións ao crecemento de organismos animais e vexetais impostas pola produción de compostos alopáticos pola especie principal cultivada, o eucalipto, e pola utilización de tóxicos que eliminan directamente e de forma absoluta organismos presentes nas áreas de plantación e nas próximas e incluso alonxadas que se ven afectadas pola dispersión destes velenos.

Na xestión dos monocultivos de eucalipto que realiza NORFOR utiliza tres tipos de químicos con consecuencias negativas para a vexetación, a fauna, e os microorganismos que participan nos ciclos bioxeoquímicos que teñen lugar no chan e nos ecosistemas acuáticos:

GLIFOSATO. Herbicida deseñado pola multinacional Monsanto e que aparece en diversas formulacións e denominacións comerciais é chamado eufemísticamente "herbicida de baixa toxicidade" polo fabricante e que o paso do tempo ten revelado que en realidade é un potente veneno. O glifosato é a causa máis frecuente de reclamacións e casos de envenenamento no Reino Unido. Se teñen rexistrado transtornos de numerosas funcións fisiolóxicas despois dunha exposición a niveis de uso normais. Se ten comprobado un elevado índice de transtornos no neurocomportamento nos fillos das persoas que traballan co tóxico. En animais de experimentación provoca retraso no desenvolvemento do esquleto fetal, o glifosato inhibe a síntese dos esteroides, e é un axente xenotóxico en mamíferos, peixes e anfibios. A exposición das lombrices ás dosis habitualmente aplicadas no campo provoca una mortalidade superior ao 50% e lesións intestinais importantes entre as lombrices sobrevivintes. O glifosato provoca disfuncións na división celular, que poderían estar asociadas con algúns tipos de cáncer en humanos. O glifosato é aplicado de forma masiva pola empresa para eliminar a vexetación que compite co eucalipto, impedíndose a rexeneración de calquera tipo de vexetación con aplicacións sucesivas que se realizan cada dous anos e aplicacións intermedias para eliminar rebrotes. Nestas condicións, o banco de sementes do chan se vai perdendo xa que se impide a xerminación producíndose a desaparición de paulatina de especies e deixando unicamente aos oportunistas capaces de soportar as condicións de toxicidade presentes no chan.

INSECTICIDAS INESPECÍFICOS. A propagación da praga máis importante coa que, polo de agora, conta o eucalipto, o Gonipterus scutellatus, e os seus destrutivos efectos sobre o crecemento das árbores ten levado á empresa a fumigar con potentes insecticidas do grupo do DIFLUBENFURÓN. Este insecticida actúa de modo inespecífico impedindo a formación do exoesqueleto quitinoso dos insectos que xa que logo non poden multiplicarse; pero este efecto tóxico afecta nas zonas fumigadas e nos seus contornos non so aos insectos perxudiciais senón a todos incluídos moitos beneficiosos como os que desempeñan papeis esenciais nos solos ou aqueles que fosen susceptibles de protección. Tense comprobado ademáis que, absorbido pola pel ou polo epitelio intestinal xenera despois da hidrólise enzimática produtos de contrastada toxicidade como a cloroanilina, activa sobre a hemoglobina.

ABONOS QUÍMICOS. Para estimular o crecemento rápido das árbores, a empresa, aplica dende a plantación abonos químicos en formulacións que permiten que a árbore teña un aporte "extra" de nutrintes durante o seu crecemento que supostamente se ve acelerado. Pero a utilización permanente destes abonos, dos que a planta solamente toma unha pequena parte produce un desequilibrio da dinámica físicoquímica do solo. O arrastre por lavado pola auga de escorrentia e de infiltración transporta estes nutrintes cara os ecosistemas acuáticos onde creará situacións de sobrefertilización e agravará o risco de eutrofización e cara os niveis freáticos onde algúns dos seus compoñentes (nitritos e nitratos) supoñen un risco para a saúde humana en auga de bebida. Os compostos nitroxenados non asimilados polas árbores, ao acumularse, son transformados por bacterias do solo en NO2 un gas con activo a nivel de efecto invernadoiro.

 


Técnicos de NORFOR fumigando con insecticida
A empresa utiliza un potente insecticida inespecífico para combatir ao Gonipterus scutellatus, a fumigación se realiza de forma masiva e toda a fauna vese afectada.

Deserto de GLIFOSATO en Sorribas
A aplicación masiva de herbicidas nas parcelas de NORFOR as convirten en desertos biolóxicos nos que a pobreza ten que repercutir sobro o equilibrio do solo, degradándoo. Esta práctica supón unha dramática reducción de diversidade e un forte aumento do risco de incendio.