DESTRUCCIÓN DE ÁRBORES AUTÓCTONAS NO ENTORNO DAS PARCELAS XESTIONADAS POLA EMPRESA
A actividade forestal de NORFOR, dadas as técnicas de cultivo que implican a producción grandes cantidades de combustible polo uso masivo de herbicidas, dado o feito de que se planta unha especie pirófita cunha grande capacidade para a propagación do lume, dada a capacidade expansiva desta especie e dado o feito de que non se adoitan márxenes de seguridade que eviten a propagación aos ecosistemas próximos, está a acarrear a destrucción de sistemas naturais de vexetación autóctona a un ritmo acelerado nas zonas onde se instalan as súas plantacións.
NORFOR multiplica o risco de incendio forestal e facilita o marchite de vexetación utilizando grandes cantidades de herbicida, aínda nas proximidades de vexetación natural. Tarde ou temprano o lume acaba queimando este combustible e destruíndo a vexetación próxima ou incluída na parcela xestionada pola empresa.
O eucalipto é unha planta que selecciona a vexetación acompañante e productora de combustible que nos períodos secos tradúcese nun elevado risco de incendio; como a empresa non permite distancias entre os eucaliptos e a vexetación natural incluída na plantación ou próxima a ela cando chega o lume a vexetación autóctona é eliminada.
Polo gran número de semente que produce e pola gran capacidade de dispersión desta é frecuente atopar eucaliptos que crecen entre a vexetación natural próxima ás plantacións de NORFOR alterando a estructura e composición de estas zonas e levando o risco de incendio ás mesmas.
|