DESTRUCIÓN DE ECOSISTEMAS PROTEXIDOS POLA DIRECTIVA HÁBITATS
A directiva 92/43/CEE e a súa adaptación ao progreso científico do ano 97 (Dir. 97/62/CE) establecen as condicións para a conservación dos ecosistemas na Unión Europea e sinalan unha lista de ecosistemas e de especies necesitadas de protección. NORFOR ten realizado plantacións, polo menos en dous ecosistemas que figuran na lista do anexo 1 da directiva 97/62/CE.
Na plantación realizada nas proximidades do Monte Xaxán, no termo municipal do Concello de Vilaboa, se plantou sobre unha grande extensión do sistema natural que figura na directiva co código 8230, denominado: Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii.
Na plantación realizada na parcela denominada Baíñas, na provincia da Coruña, se plantou sobre unha matogueira atlántica que figura na directiva co código 4010, denominada: Uzeiras húmidas atlánticas septentrionais de Erica tetralix.
|