EROSIÓN ACELARADA NAS PARCELAS XESTIONADAS POLA EMPRESA
De cara a rebaixar os custos dos traballos forestais, estos se realizan cun elevado grao de mecanización, tanto a plantación como a tala están totalmente mecanizados. A mecanización, coa introducción de maquinaria pesada nas parcelas produce fortes disturbios no chan que perde a súa estrutura aumentando a súa erosionabilidade. Os nosos solos forestais, en xeral de escaso perfil e instalados en terreos con pendente sucumben diante destas malas prácticas que disparan procesos erosivos de grande intensidade.
SUBSOLADO EN PROFUNDIDADE CON GRAVES DISTURBIOS
Tal e como se pode comprobar nas parcelas de NORFOR, a erosión prodúcese sobre todo no momento en que se realiza a plantación. Neste momento, a empresa realiza un subsolado mecánico que implica non xa a inversión dos horizontes do solo sinón que se levantan as rochas que representan a base do mesmo expoñendo á erosión unha grande cantidade de solo que vai ser arrastrado. A perda de solo supón unha degradación que, pola súa irreversibilidade, supón unha grave perda para os sistemas forestais.
TALAS A MATARRASA DE GRANDES SUPERFICIES
As talas a matarrasa de grandes superficies (500 hectáreas en Cangas de Foz) que por sistema realiza a empresa con introdución de maquinaria pesada nos montes provoca severos disturbios nos horizontes edáficos que, de novo, entran nunha pendente de degradación por erosión.
AUMENTO DO RISCO DE INCENDIOS
A xestión forestal que realiza NORFOR con plantación de grandes extensións continuas cunha especie pirofítica e a producción de necromasa altamente combustible por medio da aplicación masiva de herbicidas, ao incrementar o risco de aparición e propagación de incendios forestais, dispara procesos erosivos de grande intensidade como se pode comprobar nas parcelas xestionadas pola empresa.
|
Subsolado profundo en Coto Muíño
Na parcela de Coto Muíño NORFOR realiza subsolado en profundidade nos solos cos disturbios que supón revolver o solo formando regos de máis de un metro de profundidade. Os materiales expostos serán arrastrados pola erosión. (Foto cedida por ERVA)
|

Subsolado profundo no Xaxán
Na parcela xestionada por NORFOR, propiedade da Comunidade de Montes de San Adrián de Cobres (Vilaboa), a empresa ten realizado unha plantación realizando un subsolado no que se levanta a capa edáfica e a rocha nai do solo que queda exposto á erosión que vai eliminando os compoñentes do solo. Os destrozos son evidentes. |
Destrución de ecosistemas protexidos no Xaxán
Na parcela xestionada por NORFOR, propiedade da Comunidade de Montes de San Adrián de Cobres (Vilaboa) se sustitúe un ecosistema protexido pola directiva hábitats, un "Rochedo silíceo con vexetación pioneira" que constitúe unha etapa dunha sucesión ecolóxica por un eucaliptal, o ecosistema se elimina nas zonas no que o solo desaparece por erosión como consecuencia do subsolado con levantamento da rocha base. |
 Torrente construído no Xaxán
Como consecuencia do subsolado en profundidade os surcos convírtense en torrentes onde a auga gana velocidade aumentando a súa capacidade erosiva. Prodúcese unha eliminación acelerada de solos. |
Depósito de sedimentos finos no Xaxán
A brutal erosión á que están sometidas as parcelas de NORFOR pódese comprobar observando os depósitos temporais de materiais arrastrados, nas cunetas, na base das parcelas.Neste caso tratase da fracción fina do solo; complexos orgánicos e minerais arxilosos vitais para a actividade do solo, fundamentalmente para o intercambio de ións que lle permite ás plantas absorver as sales minarais. Cando volva a chover, estes compoñentes serán eliminados cara a rede de drenaxe.
|
Depósito de sedimentos grosos no Xaxán
Cando aumenta a velocidade da auga, tamén os compoñentes de maior tamañoson arrastrados. Neste caso pódense comprobar nas cunetas na base da parcela unha acumulación de areas subarcósicas que será tamén mobilizadas cando volten a actuar os axentes de transporte levándoas ao fondo da Ría de Vigo. |

Cárcava en parcela incendiada en Porto do Son
Esta profunda cárcava na parcela de Ventoso, no Porto do Son amosa as consecuencias da mala xestión forestal; a parcela tiña sido tratada o ano anterior co herbicida glifosato, o que provocou unha grande cantidade de combustible. |
Árbore caída pola erosión en Porto do Son
A eliminación de solo despois dun incendio nesta parcela que foi tratada con glifosato é de tal magnitude que este eucalipto non pode manterse en pe, derrumbándose e deixando debaixo a rocha absolutamente desprovista de solo. |
|
|