EXPANSIÓN INVASIVA DO EUCALIPTO NOS ECOSISTEMAS NATURAIS
Dada a grande capacidade invasiva do eucalipto e a ausencia de interese de NORFOR por calquera coidado que evite a expansión, os eucaliptos penetran en ecosistemas naturais próximos ás plantacións invadíndoos e trasladando algunhas das características negativas desta especie aos mesmos. A grande capacidade de crecemento permítelles competir coa vexetación natural que vese empobrecida, a produción de alopáticos axuda a E. globulus a eliminar a vexetación natural en carballeiras e bosques de ribeira. Prodúcese unha regresión ecolóxica con perda de biodiversidade e unha transformación na paisaxe que merma a súa calidade visual.
Aparte de alterar as características dos ecosistemas naturais a expansión despraza á vexetación orixinal que é substituída polo eucalipto en crecemento incontrolado. Ao ser unha especie que produce cunha maior combustibilidade facilitará a expansión dos incendios cara estes ecosistemas penetrados que son destruídos pasando o eucalipto, que se rexenera con facilidade despois do lume, a ser especie dominante.
Nalgúns casos o eucalipto penetra mesmo en espazos da Rede NATURA 2000 como ocorre no caso da plantación que NORFOR xestiona en Maceira, no Concello de Covelo, onde se poden atopar numerosos eucaliptos crecendo incontrolados no bosque de ribeira que constitúe o espazo Río Tea, incluído na Rede NATURA 2000.
|

Eucaliptos rexenerándose nun espazo protexido
Dada a súa capacidade invasiva, o eucalipto expándese a partir das plantacións, neste caso, a partir dunha plantación xestionada por NORFOR en Maceira, os eucaliptos invaden o espazo da Rede NATURA 2000 do Río Tea.
|

Rexeneración con alta densidade
O eucalipto que invade o espazo da Rede NATURA 2000 do Río Tea expándese formando pequenas masas con alta densidade de pes, desplazando á vexetación natural e multiplicando o risco de destrucción da restante por incendio. |

O eucalipto avanza sen control
Os eucaliptos da plantación de Maceira, xestionada por NORFOR, avanzan cara o bosque de ribeira do espazo da Rede NATURA 2000 do Río Tea. Algúns crecen prácticamente no camiño outros entre os carballos e moitos xa o están facendo no medio do bosque.
|
|
|
|
| |
|
|
|