PLANTACIÓNS UNIFORMES SEN UTILIDADE SOCIAL

O monte sempre foi fonte de múltiples usos e produtos. O monte construía a nosa paisaxe e era unha referencia da nosa cultura. O monte constituía un lugar de lecer onde pasear e onde vivir, onde entrar en contacto coa natureza e de onde obter produtos como a madeira, as castañas, herbas, mel ou landras para o gando. Pero como ecosistema climácico ou próximo ao climax dunha sucesión ecolóxica, era tamén o noso sustrato ecolóxico básico; nel estaban todas as especies que tiñan permitido os asentamentos humanos e que podían garantir a súa pervivencia futura. No monte estaban os recursos de aprendizaxe que permitían que os nenos e nenas fosen a coñecer a paisaxe ecolóxica que soportaba, en boa medida a súa sociedade.

Diso pouco queda hoxe, a extensión dos monocultivos de eucalipto ten eliminado os servicios que o monte debe proporcionar á sociedade e os produtos que poderían ser utilizados coma unha fonte de recursos polos habitantes das comunidades rurais.

As plantacións de NORFOR, ademais, polas súas agresivas técnicas xestión forestal que implican o uso masivo de herbicidas, pesticidas e abonos químicos, a introdución de maquinaria pesada, as talas a matarrasa, os destrozos no solo, en camiños e en cursos de auga e os cambios drásticos e empobrecedores na paisaxe, convírtense no paradigma da ma xestión forestal e da destrución da paisaxe cultural, ecolóxico e social onde se implantan.

A utilización masiva de fitocidas para eliminar calquera posible conpetidor polos nutrintes do eucalipto convirte ao sotobosque nunha superficie desértica na que non so se acaba coa biodiversidade senón que significa a eliminación da producción fotosintética e xa que logo do primeiro nivel que poda soportar, producindo o alimento que precisan, outros niveis tróficos. Desaparece polo tanto calquera forma de biodiversidade animal e calquera posibilidade de uso do sotobosque para alimentación de gando ou para a alimentación de especies cinexéticas que permitiran a caza.

A Sociedade de cazadores de Rois presentou en Outubro de 2005 unha denuncia contra NORFOR "por empregar pesticidas de dudosa legalidade para as súas plantacións de eucaliptos nos montes de Reiboo e Vilar do Abade"

 

Prohibido o paso
As parcelas de NORFOR non posúen ningunha utilidade social, nin siquiera é posible un simple paseo entre os eucaliptos, o paso está prohibido.
Dolmen en Coto Muíño
Na parcela de Coto Muíño existe un dolmen de grande valor, NORFOR, lonxe de preservar un entorno de protección planta eucaliptos ata os restos. (Foto cedida por HERVA)
Paisaxe volcánica en Cangas de Foz
Aínda que o monte do fondo poda parecer un volcán, trátase dunha parcela da Comunidade de Montes de Cangas de Foz onde NORFOR realizóu unha matarrasa de casi 500 Has. O dano na paisaxe é evidente.

Paisaxe e destrozos en Coto Muíño
A perda de calidade visual da paisaxe desta parcela xestionada por NORFOR apréciase ben, a paisaxe do monocultivo é monótona e xeométrica os destrozos no terreo, nos camiños e nos cursos de auga aínda o empobrecen máis. (Foto cedida por ERVA)

Deserto de GLIFOSATO en Sorribas
A aplicación masiva de herbicidas nas parcelas de NORFOR as convirten en desertos biolóxicos nos que desaparece a produción fotosintética e a posibilidade de existencia dunha cadea trófica. (Foto cedida por ERVA)

Destrución de vexetación en Ventoso
A parcela carece doutra vexetación que o eucalipto ao non existir alimento ningunha vida animal é posible, tampouco é posible ningún aproveitamento que non sexa a madeira para pasta.