PRÁCTICAS FORESTAIS ILEGAIS
NORFOR leva a cabo plantacións de eucalipto en grandes parcelas en masas sen interrupcións e sen deixar unha parte da superificie para a vexetación natural autóctona. Estas prácticas implican incrementar o risco de propagación de incendios forestais e a destrucción da biodiversidade nas plantacións pero ademáis supoñen o incumprimento do decreto 81/1989 relativo a novas plantacións de eucalipto. Este decreto obriga a solictar autorización para plantacións de máis de 5 hectáreas e a reservar un 10% da superficie para vexetación autóctona. Aínda que ata agora a administración viña tolerando este incumprimento a delegación de Pontevedra da Consellería de Medio Rural, ten denunciado á empresa por incumprir o decreto 81/1989 alo menos en dúas parcelas da provincia, a de Cuñas no Concello de Ponte Caldelas e a de Quintás no Concello da Estrada. A Asociación pola defensa da Ría ten presentado unha solicitude para sumarse á denuncia presentada pola Consellería.
Solicitude da APDR para ser parte na denuncia contra NORFOR po incumprimento da lexislación.
|