A PESAR DE QUE INCUMPRE BOA PARTE DOS PRINCIPIOS E CRITERIOS, NORFOR POSÚE A CERTIFICACIÓN DO FSC. A APDR ESTÁ A SOLICITAR A SÚA CANCELACIÓN

Ao longo da primaveira de 2004, unha equipa auditora da empresa certificadora radicada en Sudáfrica SGS, recoñecida polo FSC realizou unha auditoría de campo nas parcelas e oficinas de NORFOR; o auditor xefe fixo unha chamada telefónica á Asociación pola defensa da Ría pero en ningún caso explicou o alcance, as datas nin as consecuencias do seu traballo. Despois desta chamada a APDR non volveu a ter noticias dos auditores ata que se fai pública a concesión da certificación.

No mes de setembro de 2004, SGS concedeu a NORFOR a certificación do sistema de xestión forestal baixo os estándares do Forest Sewardship Council expoñéndose un delirante resumo público do informe de certificación, tamén se concede a ENCE a certificación da cadea de custodia. Nestas datas se presenta a primeira reclamación á certificación por parte de Greenpeace.

Despois de ter coñecemento da concesión do selo, a APDR reúnese en abril de 2005 co auditor xefe de SGS, Gustavo Daniluk e con representantes de NORFOR, durante a primeira auditoría de seguemento da certificación, expoñéndolles os argumentos polos que a Asociación considera que a xestión forestal de NORFOR é incompatible cos principios e criterios do FSC. Os argumentos da APDR, manipulados, se recollen no resumo público da primeira auditoría de seguemento.

No mes de xuño de 2005, a Asociación pola defensa da Ría fai chegar a SGS a solicitude de cancelación da certificación do sistema de xestión forestal sostible de acordo cos estándares do FSC a Norfor, xunto á esta solicitude se fai chegar un informe no que se analiza o modelo de actividade de NORFOR e se argumenta o icumprimento dos estándares do FSC. A representante de SGS en España se compromete a estudiar o informe remitido pola APDR de cara a tomar unha decisión. Tamén solicita ao FSC a suspensión de SGS como empresa certificadora recoñecida.

O 4 de xullo de 2005, prodúcese unha xuntanza entre a secretaria de FSC en España, membros do grupo galego de apoio á certificación FSC e representantes da Asociación pola Defensa da Ría para explicar o estado da reclamación e as accións que implica o procedemento.

O 29 de novembro de 2005 se reuniron representantes da empresa SGS, a representante para España do FSC, un representante da Organización de Comunidades de Montes e a Asociación Pola Defensa da Ría, Greenpece rexeitou participar nesta xuntanza por considerar que a súa reclamación debe ser tratada independentemente; tampouco puderon participar, por problemas de dispoñibilidade representantes do Grupo Galego de apoio ao FSC. Previamente, SGS tiña enviado a súa resposta á solicitude de cancelación da certificación feita pola APDR, e desde a Asociación se tiña presentado un Informe Complementario no que se aportaban novas evidencias do incumplimento dos estándares do FSC por parte de ENCE-NORFOR.

Dado que a resposta da empresa certificadora, SGS, non aporta ningún elemento que invalide as argumentacións e evidencias aportadas pola Asociación; dado ademais que na reunión se confirmou a determinación de SGS de, en complicidade con ENCE-NORFOR, seguir a ocultar a verdadeira dimensión do alcance da certificación ao non proporcionar datos precisos sobre as parcelas certificadas; amosando tamén esta empresa a decisión de manter a certificación sen reconocer o dano ambiental, económico e social, expresado no incumplimento dunha boa parte dos principios e criterios do FSC e claramente demostrado nos informes da APDR. A Asociación decidiu rexeitar a resposta da empresa certificadora, verbalmente na xuntanza e por escrito en base á decisión da Xunta Directiva. Tamén transmitiu a FSC a solicitude de que se deixe de recoñecer a SGS como empresa certificadora.

Mentres dende a APDR comprobamos como, en todo o mundo, se están a producir multitude de reclamacións contra empresas forestais, especialmente con empresas adicadas ao monocultivo de eucalipto e outras árbores para subministrar materia prima para a elaboración de pasta de papel. As reclamacións se realizan en ocasións contra empresas que teñen atentado contra os dereitos das civilizacións indíxenas, contra empresas que teñen substituído a produción de alimentos en países onde a seguridade alimentaria non está garantida polo monocultivo forestal, contra empresas que utilizan técnicas intensivistas fortemente impactantes e co uso masivo de agroquímicos seguindo un modelo hiperproductivista absolutamente insostible. Fronte a estas reclamacións FSC responde con
vaguedades, evasivas ou dilacción; as máis das veces coa clara intención de beneficiar ás empresas certificadoras e certificadas mantendo o selo FSC, un selo tras o que ten creado un suculento negocio. Solidariamente cos movementos de defensa dos bosques doutros países e, en especial, co WRM (World Rainforest Movement) a asociación está a participar na denuncia pública das certificacións inadecuadas concedidas polo FSC e na solicitude de cambio no sistema que permita evitar estas certificacións incorrectas e mesmo, como no caso de NORFOFR, fraudulentas.

Pero o feito de que FSC sexa consciente dos casos de certificación fraudulenta e non proceda á súa cancelación, a pesar das múltiples solicitudes e denuncias que se realizan dende movementos de defensa ambiental e de defensa dos dereitos humanos, supón unha perversión ética que impide aos grupos ecoloxistas apoiar o sistema de certificación dende as cámaras ambientais das iniciativas nacionais do FSC. A APDR ten iniciado no 2006 unha campaña para pedir a retirada do movemento ecoloxista destes grupos de apoio; en xaneiro deste ano, a Asociación solicitou á Federación Ecoloxista Galega e as Comunidades de Montes Veciñais en Man Común a saída do Grupo Galego de apoio ao FSC, decisión que a FEG adoptaría en abril.

Na segunda semana do mes de setembro de 2006 a empresa certificadora SGS realizou a segunda auditoría de seguemento da certificación de NORFOR. A preparación e realización desta auditoría resultaron esperpénticas. Despois de propoñerlle á APDR a participación na mesma e de solicitalo a NORFOR, esta negou a posibilidade de asistir como observadores. Así a auditoría de campo realizouse con absoluta falla de transparencia, por unha equipa con escasa preparación técnica e absoluto descoñecemento dos ecosistemas e os sistemas forestais de Galicia. De todos modos, a APDR puxo diante dos auditores de SGS evidencias máis que claras do incumprimento da maioría de principios e criterios nos que se basa o sistema do FSC; é de supoñer ademais que por cegos que quixesen estar os auditores se tiveron que atopar con multitude de probas da mala xestión de NORFOR.

A pesar de que o FSC establece un período de dous meses para expoñer o resumo público da auditoría de seguemento, esto non ocorreu ata o 5 de febreiro, 5 meses despois, o contido deste informe de seguimento inclúe un cúmulo de falla de rigor, falla de profesionalidade, descoñecemento da realidade forestal e ecolóxica de Galicia e burdas falsedades. Tal e como era de prever, este informe supón, de novo, unha estafa aos principios e criterios do FSC, unha estafa cometida co único oxecto de manter a certificación a NORFOR. A APDR ten realizado unha análise do segundo informe de seguimento realizado por SGS explicando as irregularidades desta fase da certificación.

Despois de tres anos de reclamación á certificación forestal nos que, aparte da APDR, se teñen presentado reclamacións por parte de Greenpeace e WWF, o ASI (Acreditation Services International), entidade creada por FSC para acreditar ás empresas auditoras que realizan os procesos de certificación ás empresas forestais que queren obter e manter o certificado e para atender ás queixas por certificacións indebidas, realizou unha auditoría de seguemento á empresa certificadora que concedeu o certificado a NORFOR, SGS, os días 31 de maio e 1 de xuño de 2007. O día 2 de xuño os membros do ASI que realizaron a auditoría mantuveron unha reunión con membros de grupos preocupados pola incomprensible certificación de NORFOR (Verdegaia, ADEGA, Greenpeace e APDR) esta reunión, que resultou decepcionante, amosou a falla de interese dos membros do ASI por coñecer o modelo de xestión forestal de NORFOR. Esta decepción fíxose patente no informe da auditoría que o ASI fixo público o 5 de novembro, en síntese, o FSC decidía manter o certificado a NORFOR e o recoñecemento como entidade certificadora a SGS.

Diante da deficiente calidade do informe e da auditoría do FSC, que non se preocupou por investigar os abultados incumprimentos por parte de NORFOR dos principios e criterios nos que se basa a certificación, a APDR presentou, o 8 de xaneiro de 2008, unha reclamación formal ao informe do ASI na que se facían ver as deficiencias deste informe e se solicitaba de novo a cancelación do certificado.