PRÁCTICAS DE ELEVADO RISCO DE INCENDIO
O sistema de xestión forestal de NORFOR dispara o risco de incendio forestal nas zonas onde posee ou xestiona parcelas dedicándoas ao monocultivo de eucalipto. As prácticas de NORFOR disparan a perigosidade do risco de incendio favorecendo tempos de recurrencia curtos, elevada intensidade dos lumes e grande velocidade de propagación. O lume pasa con facilidade a parcelas próximas e afecta a ecosistemas naturais limítrofes. Algúns factores determinantes do incremento de risco de incendio son os seguintes:
CULTIVO DUNHA ESPECIE PIROFÍTICA
A especie cultivada por NORFOR nas parcelas que xestiona e, prácticamente en exclusiva, Eucaliptus glóbulus que constitúe unha especie que se ve beneficiada polo lume que aproveitando a necromasa combustible producida pola propia árbore destrúe posibles competidores. Nas estimacións de combustibilidade que se teñen feito en base ao cálculo de cantidade e calidade do combustible xerado pola árbore esta sempre resulta ser moi superior á das formacións de especies autóctonas e similar á das plantacións de resinosas. Pero ademais calquera que coñeza o montes sabe que cando un incendio nun eucaliptal avanza cara un bosque caducifolio, aínda en épocas de seca, somentes afecta ás árbores que están en contacto co lume que non pode avanzar cara ao interior do bosque. Esto demostra que as plantacións de eucaliptos son altamente combustibles e son un elemento que utiliza o lume para destruir bosques naturais e avanzar a costa da súa destrución xa que as sementes que dispersa nacerán con rapidez para ocupar o espazo no que antes había un bosque de frondosas.
PRODUCCIÓN DE COMBUSTIBLE POR USO DE HERBICIDAS
Para eliminar competidores, a empresa utiliza masivamente grandes cantidades de Glifosato, un herbicida inespecífico que boquea a actividade fotosintética das plantas provocando o seu marchite que se mantén durante un período de dous anos tras os cales a vexetación se rexenera de novo. De acordo co sistema de xestión forestal de NORFOR, para eliminar cos competidores do eucalipto se realiza un gran esforzo por acabar coa vexetación acompañante; para elo se aplican tratamentos con glifosato cada dous anos, máis un tratamento secundario intermedio para eliminar os rebrotes de algunhas plantas que consiguen reaparecer antes dos dous anos. Ao matar ás plantas e permanecer estas secas no monte pasan a constituir unha masa altamente combustible que aumenta o risco de incendio, que en caso de producirse se propagará de forma explosiva e alcanzará gran intensidade e poder destrutivo.
ABANDONO DE RESIDUOS COMBUSTIBLES NAS PARCELAS
O sistema de xestión forestal de NORFOR raras veces contempla a eliminación de residuos das parcelas; deste modo se acumulan nas mesmas restos de madeira de pequeno e de gran tamaño que facilitan a propagación e intensidade do lume cando este se produce.
PLANTACIÓNS CONTINUAS
As plantacións de NORFOR carecen de nigún tipo de interrupción que pudera frear o desprazamento do lume, as parcelas que xestiona NORFOR constitúen continuos de monocultivo nos que so se conservan os exemplares de árbores autóctonas que as normas impiden talar. Créase así un continuo de arborado pirofítico con abundante necromasa combustible na base. En caso de incendio, o lume propagarase a grande velocidade terá moitas posibilidades de alcanzar grande extensión.
SEN MARXES DE SEGURIDADE XUNTO A CAMIÑOS ESTRADAS OU RÍOS
A continuidade das plantacións non inclúe marxes de seguridade na proximidade de camiños, estradas ou ríos que permita que estes actúen coma cortalumes; ao contrario os eucaliptos se atopan nas plantacións xestionadas por NORFOR plantados mesmo no borde de estradas ou de ríos. En caso de incendio o lume pasará con facilidade estas posibles barreiras extendéndose sen problemas e dificultando a posible extinción nelas.
|
Aplicación de herbicida en Porto do Son
NORFOR aplica masivamente herbicida nas súas parcelas, en tempo seco para evitar lavados pola chuvia (neste caso a principios de agosto) para secar a vexetación e eliminar competidores do eucalipto.
|
Combustible xerado polo uso do glifosato
O combustible orixinado pola aplicación masiva de herbicida multiplica o risco de incendio forestal. Esta práctica da empresa foi denunciada pola APDR diante da Consellería de Medio Rural. |

Residuos forestais de diverso tamaño no Xaxán
A empresa adoita a abandoar os resíduos das talas constitúen un combustible de elevada calidade. En caso de incendio se favorece a expansión e a intensidade e, xa que logo, a capacidade destructiva do lume.
|

Arrastre erosivo despois de incendio en parcela de NORFOR
Tras o incendio na parcela de Ventoso, na que se tiña aplicado GLIFOSATO para secar a vexetación, a erosión ten producido brutales perdas de solo con arrastre de materiais de todos os tamaños.
|

Incenido destrúe vexetación natural residual en Cuñas
Nesta plantación xestionada por NORFOR, arrasada polo lume no verán de 2007, se perderon pequenas manchas relícticas de carballo. Ao non existir unha marxe de seguridade coa vexetación natural, esta resultou destruída polo lume. |
|
| |
|
|
|