Pídenos o teu Libro da apdr:

VINTE ANOS EN DEFENSA DO MEDIO A MBENTE: 1987-2007 (10 €)

Ver Vídeo Marcha 2008

15.01.12: O GOBERNO ABRE A PORTA A PERMANENCIA DE ENCE NA RÍA:
O anuncio realizado polo novo ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, de impulsar unha «reforma muy profunda» da Ley de Costas abre o camiño para dar continuidade a norma que fixa o 2018 como remate da concesión dos terreos que ocupa ENCE. Aquí podes acceder aos enlaces nos medios de comunicación sobre o debate creado por estas declaracións:

O Goberno abre a porta á permanencia de Ence na ría. La Voz de Galicia 15.01.12

A Xunta referenda o límite de 2018 para Ence ante a anunciada reforma da Lei de Costas. Faro de Vigo 17.01.12

Hernández dice que mantener Ence sería "un fraude" · ELPAÍS.com 19.01.12

Hernández cre que sería unha fraude aos electores se Ence non se vai da ría de Pontevedra. El Mundo 18.01.12

A Xunta mantén 2018 para a saída de Ence a pesar da reforma da Lei de Costas. Diario de Pontevedra 18.01.12

A Xunta mantén o "prazo improrrogable" para trasladar Ence a pesar dunha nova Lei de Costas. Faro de Vigo 19.01.12

Defensa dá Ría esixe á Xunta que "manteña a súa posición" de apostar pola saída de Ence da súa localización actual. www.gentedigital.es 19.01.12

A Xunta di que Ence ofrécelle un paseo na ría a cambio de quedar. A fábrica presenta unha proposta de dúas plantas de biomasa no eixo Santiago-Pontevedra. La Voz de Galicia. 20.01.12

O goberno local cualifica de "moi inxenua" a estratexia seguida pola Xunta con Ence. Faro de Vigo 20.01.12

Xunta "sobre o papel aparentemente parece firme", aínda que a posible reforma da Lei de Costas é causa de "preocupación". lainformacion.com 19.01.12

A planta de biomasa que propón Ence xa foi rexeitada no 2010. La Voz de Galicia 24.01.12

Sigue as noticias no facebook da apdr

--------------------

04.01.12: PRESENTACIÓN NA PEREGRINA DE "ESCOLA SEN WIFI" COA ENTREGA DE GLOBOS E FOLLETOS ... campaña que divulgará a APDR na comunidade escolar galega coas alertas dadas dende a comunidade científica e as distintas institucións europeas. Solicítase que o Programa Abalar da Xunta de Galicia aplique a recomendación do 25.05.2011 do Consello de Europa de primar nas aulas a conexión a internet por cable [sen WiFi] ante o maior risco deefectos biolóxicos potencialmente nocivos desta electropolución na infancia e mocidade. Ver Nota de prensa, Ver Prensa, Ver soporte web da campaña a nivel galego

Foto Alba Sotelo. Diario de Pontevedra 05.01.12

--------------------

23.12.11: MÁIS DE 540 SINATURAS DA VECIÑANZA DO BURGO CONTRA A CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA

... entregadas no Concello de Pontevedra e na Deputación Provincial (co apoio da Asociación veciñal Santiaguiño e da APDR). Solicítase o desmantelamento das antenas base de telefonía móbil ilegais do estadio Pasarón, unha moratoria e unha regulación municipal deste tipo de instalacións dende o principio de precaución solicitado pola Axencia Europea de Medio Ambiente, o Parlamento Europeo e o Consello de Europa (reducción do límite de inmisión, control da inmisión en tempo real, control veciñal na súa implantación). Ver Dossier de prensa de Decembro 2011. Ver Resolución do Consello de Europa, Ver Propostas municipais da APDR
Foto J.C. Diario de Pontevedra 24.12.11

--------------------

16.12.2011: A XUNTA RENOVA AS AAI A ENCE/ELNOSA: A APDR RECORRERÁ AO TRIBUNAL SUPERIOR DE GALICIA...

... pola actitude irresponsábel da Xunta que segue estando en conivencia con Ence e permítelle continuar incumprindo a lexislación e en materia de verteduras e sen os preceptivos informes urbanísticos. As marxes de emisión que permite a AAI á factoría pasteira exceden os parámetros da lexislación estatl sendo Ence a que se impón á Xunta: impón as súas propias analíticas ás efectuadas pola Xunta para poder cumprir coa lexislación eimpón os seus criterios de avaliación. Se está valorar a denuncia por prevaricación medio ambiental aos responsábeis de Augas de Galicia implicados .... Ver declaracións da APDR na prensa en decembro 2011. Ver: Alegacións da APDR: Alegación a ENCE, Alegación a ELNOSA, modelo individual de alegación.

GustavoSantos. Faro de Vigo

--------------------

18.12.11: DEFENDAMOS O NOSO MONTE: XORNADA DE PLANTACIÓN FORESTAL NOS MONTES DE XEVE E DE ELIMINACIÓN DE PLANTAS INVASORAS NO LEREZ
... organizada pola APDR coa colaboración do Concello de Pontevedra, explicando o papel, a dinámica expansiva e o perigo que implican destas especies. A participación cidadán na recuperación dos sistemas naturais contribúe a favorecer a recuperación de solos e bosques e favorece a relación do home cos sistemas naturais o que é en si un importante factor de protección fronte a incendios e agresións. Ver nota de prensa, Ver La Voz de Galicia 19.12.11

--------------------

--------------------

11.11.11: VECIÑANZA E APDR NA ASEMBLEA NO BURGO POLAS ANTENAS DO PASARÓN, en Manuel Murguía nº. 1 - baixo, ás 20,30h
Unhas 40 persoas participaron na primeira asemblea veciñal no Burgo para informar e tomar medidas ante a instalación ilegal das antenas base de telefonía móbil no estadio de Pasaron en Pontevedra. A proliferación caótica destas instalacións contaminantes supuxo en Pontevedra, pasar de 20 antenas no 2007 e 115 no 2010 ás 150 na actualidade cunha previsión de dobrarse a corto prazo sen ter en contas o principio de precaución reclamado polo Consello de Europa. Ver nota de prensa e cartel da convocatoria. Ver Dossier de prensa de novembro. Ver Propostas municipais da APDR

Detalle da foto de Rafa Vazquez. Faro de Vigo 12.11.11

Ver cartel

--------------------

Full Signal (Cobertura Total), examina a contradición entre a
saúde e as finanzas, unha das moitas ironías da loita para regular a colocación das estacións base de telefonía móbil. Ver ficha técnica

--------------------

18.10.11: SOLIDARIEDADE COA VECIÑANZA DO ESTADIO PASARÓN POLA INSTALACIÓN ILEGAL DE ANTENAS
Dende a APDR compartimos esta inquedanza veciñal, ante este caótico despregamento, apostando por iniciar un proceso participativo de elaboración dunha ordenanza municipal garantista de infraestruturas de Contaminación Electromagnética atendendo ao Principio de Precaución xa reclamado polo Consello de Europa, o Parlamento Europeo e a Axencia Europea de Medio Amiente (límites de seguridade máis estritos, control das emisións en tempo real, información pública e participación cidadá). Ver nota de prensa. Ver Prensa local 19.10.11. e dossier de prensa de outubro.2011

Diario Pontevedra 19.10.11

--------------------

CONTINUA A CAMPAÑA CONTRA AS AUTORIZACIÓNS AMBIENTAIS Á ENCE/ELNOSA

VENRES 21.10.11 ás 20:30 h na Ferrería: MANIFESTACIÓN EN PONTEVEDRA: NON Á RENOVACIÓN DAS AUTORIZACIÓNS AMBIENTAIS, ENCE-ELNOSA FÓRA XA!..
.... A Asociación Pola Defensa da Ría, co apoio de partidos políticos, asociacións de veciños, asociacións culturais, confrarías de pescadores e grupos ecoloxistas, ten convocado para o próximo venres unha manifestación que sairá ás 20:30 da Praza da Ferrería. Con esta manifestación, a cidadanía expresará á Xunta de Galicia o seu rexeitamento á posibilidade de que sexan concedidas as Autorizacións Ambientais Integradas a ENCE e ELNOSA, co que se favorecería a permanencia do complexo polo tempo polo que se concede.... Ver nota de prensa. Ver folla informativa , Ver cartaz Ver convocatoría cos apoios, Ver dossier prensa

Foto Capotillo (La Voz de Galicia 22.10.11). Ver Dossier prensa

Ver vídeo: TVE1, 09.10.11

LÉMBRASCHE?
"Hai loitas desiguais que se alargan no tempo. Cando falamos de defender o medio ambiente, quizais máis. Ese é o caso da Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra. Empezou fai 30 anos a pelexar contra a contaminación e os perigos dunha fábrica de celulosa, e hoxe seguen na loita."

29.09.11: XUNTAZA NA SEDE DA APDR .....
.... con máis de 12 organizacións sociais tomando as seguintes decisións: 1ª.- Convocar á MANIFESTACIÓN do VENRES 21 DE OUTUBRO, 2ª.- Manifestación convocada pola APDR e apoiada por todos aqueles colectivos sociais que así o desexen, 3ª.- Convocar unha nova xuntanza para o MERCORES 5, aberta a todos os colectivos sociais que desexen asistir onde concretar aspectos técnicos da mobiliización.

MARTES 27.09.11: DEBATE NO TEATRO PRINCIPAL ÁS 20,30H: SOBRE A RENOVACIÓN DAS AAI DE ENCE E ELNOSA.
O médico e alergólogo Fernando Filgueira, abordou a incidencia da contaminación ambiental na saúde das persoas, e a profesora de Dereito Administrativo da USC, Alba Nogueira, experta en Dereito Ambiental, expuxo as razóns que, dende o punto de vista legal, impedirían a concesión da autorización a Ence e Elnosa. Tamén se invitou aos diversos colectivos sociais a apoiar unha manifestación o vindeiro 21 de outubro contra estas autorizacións. Ver cartaz. Ver medios 22.09.11: Diario de pontevedra, La Voz de Galicia, Europa.press.es. Ver prensa local 28.09.11: Faro de Vigo 1 e 2, Diario de Pontevedra. Ver: Alegacións entregadas: Alegación a ENCE, Alegación a ELNOSA, modelo individual de alegación.

" non parece que os continuos intentos de bordear a legalidade con artificios en canto á utilización do dominio publico, as violacións existentes en materia de calidade das augas e as condenas existentes por delito ecolóxico mostren unha vontade de acomodar as instalacións industriais a un funcionamento do marco legal". Alba Nogueira

Foto: Gustavo Santos (Faro de Vigo, 28.09.11)

--------------------

01.09.11: O NÓ DE CELULOSA: NON A UN NOVO SCALEXTRIC ...

... "Se a crise económica non o remedia, e todo fai pensar que os recortes van a afectar “só” aos servicios sociais e aos dereitos básicos das persoas, a “glorieta” da variante de Marín deseñada e imposta desde o Ministerio de Fomento para as inmediacións do complexo ENCE-ELNOSA (de aí o nome de “nó de celulosa” co que xa se lle coñece), vai ser unha triste realidade.... Teremos que agardar nós tamén a que algún día alguén na administración se vexa obrigado a recoñecer este novo erro? Non sería mellor evitalo agora que aínda estamos a tempo?"... Ver máis

--------------------

27.08.11: SUBIDA AO MONTE DO SEIXO, A MONTAÑA MÁXICA. FORA O PARQUE EÓLICO!:
Acto festivo/reivindicativo aos 10 anos do parque eólico. Ás 10h na Igreja de Cerdedo, para subir en automóveis até o Seixo, onde partirenmos en roteiro (dificuldade baixa). Ademáis: ritual do Lugnasad, xogos populares e a procura do tesouro. Xantar no monte -traer comida- (se choiva: xantar no bar O Meu Lar de Cerdedo). Organiza O Rato Rabisaco (apoian: de Pontevedra: APDR, Vaipolorio, Amig@s da Cultura; de Cerdedo: Asociación de Mulleres Espadela, de Terras de Montes: Verbo Xido; de Cotobade: A.C. Canón de Pau; de A Lama: A.C. Trentinán; de Vigo: CS Lume!; e o Instituto Galego de Estudos Célticos). Ver crónica desta andaina reivindicativa no blog "Defensa do monte Pituco". Ver O Xornal 30.08.1, Europa Press 27. 08.11, Atlántico Diario 28.08.11,

--------------------

22.08.11: DENUNCIAMOS E SOLICITAMOS A PARALIZACIÓN DOS NOVOS RECHEOS E DRAGADOS NO PORTO DE MARÍN...
... A APDR ven de solicitar ao Xulgado de Garda e Instrución de Pontevedra a paralización das obras, xa comezadas, para gañar 25.000 metros cadrados ao mar e o dragado de grandes cantidades de sedimentos cun grave dano ambiental polas novas modificacións na hidrodinámica e a mobilización de importantes cantidades de metais pesados do sedimento. Dano ambiental estéril e custoso xa que no momento no que se execute a sentenza do Tribunal Supremo os recheos deberán retirarse. Ver nota de prensa. Ver Denuncia no xulgado. Ver Faro de Vigo 23.08.11, O Xornal 23.08.11, El Correo Gallego 24.08.11, La Voz de Galicia 24.08.11, Galicia Confidencial 24.08.11

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 Seguinte > Final