29.10.08:
O INFORME DE
GREENPEACE CONFIRMA OS PERIGOS DA
PLANTA DE CLORO DE ELNOSA PARA OS GALEGOS
E O SEU MEDIO AMBIENTE, DENUNCIADOS
DENDE A APDR
Greenpeace presentou
hoxe o informe A industria do
cloro: contaminación silenciosa no
que se pon en evidencia "a grave contaminación,
aparentemente invisible, que xera este sector
industrial cuxa toxicidade permanece ao longo dos
anos deteriorando lentamente a saúde dos cidadáns
e o medio ambiente. O estudo, o primeiro destas
características realizado en España, analiza a
grave contaminación que xera este sector
industrial coa conivencia da clase política". "No
caso de ELNOSA as verteduras son agora
descargados na ría de Pontevedra a través dun
emisario submarino cuxo saída sitúase fronte á
illa de Tambo, polo que non foi posible recoller
mostras da nova tubaxe nesta ocasión. Con todo, e a pesar destas
limitacións e do tempo transcorrido desde as
últimas verteduras xunto á planta, a mostra de
sedimento recollida na praia adxacente á antiga
canle en desuso contén 1,5 mg/kg de mercurio.
Trátase dunha contaminación que persistiu cinco
anos polas verteduras históricas a esta zona
intermareal, na que hoxe se marisquea. Ver
Nota de Greenpeace (Galego) (Castelán). Ver Extracto do informe sobre
Lourizan. Ver Informe completo. Ver Dosier da prensa dixital do
30.10.08. Ver Faro de Vigo 31.10.08



Constata que o
mercurio depositado en Placeres triplica o
legal: “A pesar do tempo
transcorrido desde as últimas verteduras
realizadas na praia xunto á planta, a mostra de
sedimento recollida nesta zona adxacente á
antiga canle de desaugadoiro contén preocupantes
cantidades de mercurio. Trátase dunha
contaminación polas verteduras históricas a esta
zona intermareal, que dan unha idea dos
parámetros que poden ter as verteduras actuais a
través do emisario submarino". "Elnosa estivo
vertendo directamente á praia de Praceres, onde
actualmente se marisquea con frecuencia, ata o
ano 2003". Greenpeace 2008
------------------------
28.10.08:
APDR DENUNCIA AO FISCAL DE MEDIO AMBIENTE
OS RECHEOS ILEGAIS
DAS BALSAS CON
RESIDUOS TÓXICOS (MERCURIO) DE ENCE
Tralas denuncias
presentadas no Servizo Provincial de Costas e na
Consellería de Medio Ambiente sobre a denuncia en
2007 e 2008 pola APDR sobre os recheos ilegais das
balsas de decantación de ENCE, este martes
presentouse un amplo dossier ao Fiscal de Medio
Ambiente de Pontevedra para que investigue este
atentado ecolóxico por tratamento inadecuado dos
residuos tóxicos acumulados nas balsas co perigo
manifesto de contaminación por mercurio entre
outros. A inclusión no dossier de fotos de Google
Eart permite ver o ante e despois dos recheos.
Que se investiguen as
condicións nas que se levaron a cabo os
recheos das balsas e, de acordo coa
lexislación aplicable se proceda contra os
responsables dos mesmos da empresa ENCE SA.
Que se tomen as medidas para tratar de forma
axeitada os residuos tóxicos acumulados nas
balsas 4 e 5 do complexo industrial de
Lourizán acabando así coa perigosidade que
tales residuos levan asociada para os cidadáns
da zona e para o medio ambiente. Ver:
Denuncia ao Fiscal de Medio
Ambiente. Ver ENCE ESTÁ A RECHEAR
ILEGALMENTE AS BALSAS DE DECANTACIÓN, Ver:
Faro de Vigo 29.10.08,
Ver: La Voz de Galicia 29.10.08.
 |
 |
"existe unha clara
complicidade entre determinados estamentos das
administracións para que a empresa poida facer
este tipo de actuacións sen consecuencias"
----------------------
27.10.08. A APDR PRESENTA
ALEGACIÓNS AO PONTE
DE MONTEPORREIRO POLA
DEGRADACIÓN DUN MEDIO NATURAL PROTEXIDO
E DA CALIDADE DE VIDA DOS SEUS
HABITANTES
Dous valiosos
ecosistemas nunha das poucas zonas protexidas da
provincia en perigo: A transformación
"implica a perda dunha ampla superficie ocupada
por ecosistemas protexidos pola directiva Hábitat;
desaparecerán de máis de 3500m2 de carballeira que
se atopa en excelente estado de conservación e
case 1000m2 de bosque de ribeira" e de 57 especies
protexidas. ... E a diminución da calidade
de vida dos habitantes das proximidades do acceso
que se pretende construír, incluíndo o dano dos
acuíferos afectando á dispoñibilidade de auga en
pozos na zona. O Estudo de Impacto Ambiental da
obra posúe ademais serias deficiencias de
tramitación e confección, así, non se respectan as
esixencias que impón o decreto galego que regula a
tramitación das avaliacións ambientais... Estas
deficiencias fan inviable seguir coa tramitación
do Estudo tal e como foi elaborado ... En
calquera caso, a APDR recorrerá a todos os
medios ao seu alcance para frear o proxecto e,
en primeiro lugar, porá en coñecemento da
Unión Europea a verdadeira dimensión dos danos
ambientais que se pretende causar por si se
pretendera seguir adiante co mesmo.
Ver nota de prensa, Ver Escrito de Alegación
presentada. Ver prensa local edición dixital.

“Tal
destrución de diversidade biolóxica non se
pode xustificar coa necesidade dunha vía
para a que sen dúbida, dado o escaso nivel
de protección de ecosistema e especies
existente en Pontevedra, teñen que existir
alternativas menos impactantes”
---------------------
24.10.08.
ACTO EN
PORTONOVO DOS
AFECTADOS POLAS ANTENAS DE TELEFONÍA MÓBIL
DE ARRA E CENTRO DE PORTONOVO
A
inquedanza creada pola tramitación dunha nova
instalación de antena base de telefonía nun
núcleo habitado en Arra, súmase á crecente
preocupación no centro de Portonovo ante a
acumulación de casos de cancro nun perímetro
onde concéntranse numerosas antenas de telefonía
móbil; cunha normativa estatal que o propio Parlamento Europeo
considera “obsoleta”. O venres 24 ás 20,30 h.,
trala introdución informativa de Julio Carmona
da APDR, falouse sobre como defender a
compatibilidade de noso dereito a saúde coas
novas tecnoloxías. Ver nota de prensa e Dossier de prensa de Arra.
---------------------
30.09.08.
ROLDA DE PRENSA DA COORDINADORA CONTRA A
CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA DA PROVINCIA DE
PONTEVEDRA: O VALEDOR DO
POBO CONFIRMA A ILEGALIDADE DAS ANTENAS DE
TELEFONÍA MÓBIL DE MORAÑA
A partir da queixa do
colectivo de persoas afectadas de Moraña o Valedor
do Pobo solicita "Que se inicien os expedientes de
reposición de legalidade que se deducen da
ausencia de licenza de actividade e funcionamento
das antenas de telefonía móbil obxecto da presente
queixa, e que os mesmos se resolvan sen que o ente
local se considere vinculado pola previa
concesión, de licenzas de obra". O
Valedor do Pobo lembra a obriga DE TÓDOLOS
CONCELLOS a tramitar a Licenza
de Actividade Clasificada por ser unha
actividade PERIGOSA, aplicando o RAMINP ou, no seu
caso, o Decreto autonómico 133/2008, de 12 de
xuño, polo que se regula a avaIiación de
incidencia ambiental.
21
DE SETEMBRO: CIBERACCIÓN
NO DÍA MUNDIAL CONTRA OS MONOCULTIVOS DE
ÁRBORES BLOQUEDA COMO SPAM POLA
ADMINISTRACIÓN:
MÁIS
DE 4.000 PERSOAS PARTICIPARON NA PROPOSTA
PROMOVIDA POLA FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA no
día mundial contra os monocultivos de árbores. A
expansión dos monocultivos forestais en diversos
países do mundo ten unha serie de consecuencias
ambientais e sociais negativas. A Federación
Ecoloxista Galega sumouse á celebración deste Día
a través dunha ciberacción que critica o apoio que
a Administración Galega continúa a dar á expansión
do eucalipto e solicita unha nova política
forestal galega baseada na conservación da
biodiversidade, na protección dos solos e na
valorización dos montes. A FEG valora
positivamente esta ciberacción, xa que ate hoxe
máis de 4000 persoas apoiaron esta ciberacción e
enviaron as súas mensaxes aos nosos responsábeis
políticos. Este apoio contrasta coa actitude das
nosas administracións, que axiña bloquearon as
súas contas de correo, marcaron como “spam” as
mensaxes de protesta, e amosaron unha vez máis que
son inmunes ao sentir da cidadanía.
Ver a proposta,
Ver valoración da FEG, Mira as fotos en:
http://picasaweb.google.es/contraosmonocultivos/FEG
#,
Ver recortes prensa
|
|
|
PAREMOS
AS PLANTACIÓNS DE EUCALIPTOS EN GALIZA
|
 |
 |
|
SI
A BIODIVERSIDADE
|
08.08.08:
|

A
PROPÓSITO DA TALA NA PRAZA
DA CASTAÑA en
Pontevedra, os valores medio-ambientais
e o futuro sustentábel
Ante a
remodelación da Praza da Castaña en
Pontevedra, dende a APDR e na liña dun
modelo máis racional no tratamento dos
espazos verdes e arborados, lembramos a
necesidade de:
-
Diseñar as zonas arboradas seleccionando
as especies adaptábeis á zona coa
planificación racional do número de
exemplares.
- A
planificación dos seus coidados
permanentes, incluindo os fitosanitarios.
-
Aínda no caso de ter que eliminar algunha
árbore; sempre será preferibel acometer o
seu trasprante, planificando a época, o
novo emprazamento,... Ver máis
|
2ª DENUNCIA
DOS DESTROZOS ECOLÓXICOS NO
CAUCE DO RÍO VERDUGO (A LAMA)
Trala denuncia
de decembro de 2007 (consecuencias das
obras de construción da plataforma dunha
pista entre as aldeas de Seixido e O
Pelete, no Concello de A Lama, no cauce
alto do Río Verdugo), non se ten producido
ningunha modificación, nin se ten iniciado
ningunha actuación orientada á corrección
dos danos ambientais e ao patrimonio nin a
reducir o risco de esvaramento nin se ten
identificado nin moito menos sancionado
aos responsables dos danos.... Ver máis

|
4.09.08:
POLA MOBILIZACIÓN CONTRA OS VERTIDOS DE LODOS
PORTUARIOS DO PORTO DE VIGO PRETO A ILLA DE
SÁLVORA. NOVA XUNTANZA EN PONTEVEDRA.
Nova xuntanza dos
colectivos de defensa ambiental das Rías Baixas:
APDR e as Plataformas Pola Defensa das Rías de
Arousa (PDRA) e Vigo (PDRV); contra a realización
de vertidos de lodos portuarios procedentes do
dragado do porto pesqueiro do Berbés na Ría de
Arousa, entre as illas Ons e Sálvora: na que se
fai pública a denuncia presentada diante do Fiscal
de Delitos Medioambientais do TSXG, e onde se fixa
un calendario de actividades conxuntas. Ver:
Nota de Prensa do 05.09.08,
Recortes da Prensa,
Programa de vixilancia e
seguimento ambiental do dragado no porto
pesqueiro de Vigo,
Un
cóctel intragábel: mercurio, cadmio,
chumbo, zinc, cobre, clorobifenilos,
hidrocarburos...
OBSERVATORIO
MEDIOAMBIENTAL RÍA DE VIGO ( informes de
seguimento ata 2002):
A zona portuaria
coma a máis contaminada da Ría de
Vigo, revelando a existencia de:
-
Metais pesados: "Ao
non ser elementos biodegradables,
tenden a acumularse no
medioambiente asociados á materia
orgánica e inorgánica. Unha das
consecuencias máis graves da súa
persistencia é a súa acumulación a
través da cadea trófica",
-
Hidrocarburos aromáticos policíclicos que "acaban
depositándose no fondo, pasando a
formar parte do sedimento para,
posteriormente, reincorporarse
lentamente á columna de auga"
Todo iso, a escasas millas dun Parque
Nacional.
|
 |
|

Xuntanza
da APDR e as Plataformas Pola Defensa
das Rías de Arousa e Vigo Ver prensa
|

Cadea
trófica da contaminación
|
INFORME
DO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA 2007: A
VERDADEIRA CONTRIBUCIÓN DE ENCE AO SANEAMENTO DA
NOSA RÍA: ENCE NÉGASE A
PAGAR
Tanto desde a
dirección da empresa como desde a Xunta de Galicia
(presidida naquel momento por D. Manuel Fraga
Iribarne) vendeusenos a participación da CELULOSA
de Lourizán na sinatura dun convenio de
colaboración económica como compromiso de ENCE co
saneamento da Ría de Pontevedra e na defensa do
medio ambiente. Segundo o Informe do Consello de
Contas de Galicia do ano 2007, que inclúe o
Informe de fiscalización do Organismo Autónomo
“Augas de Galicia”, a cantidade a pagar por ENCE
foi posteriormente rebaixada a 4.101.700 € das que
só recibiu da empresa pasteira 662.824 € (primeira
anualidade no ano 2003) e desde entón ENCE negouse
a facer os ingresos reclamados por "Augas de
Galicia". Ver Nota de Prensa 07.08.08

ENCE: contaminantes,
ilegais e "pufeiros"
14.07.08:
O VALEDOR DO POBO REQUIRE NOVAMENTE AO CONCELLO
DE MORAÑA SOBRE A FALTA DE LICENZA DAS ANTENAS
DE TELEFONÍA MÓBIL EN SANTA LUCÍA:
O Valedor do Pobo
segue a requerir ao concello de moraña sobre a
falta de licenzas das antenas de telefonía móbil
de Santa Lucía. O colectivo de afectados pola
contaminación electromagnética de Santa Lucía de
Moraña tamén constatan que en ningún caso o
Servizo de Epidemioloxía da Dirección Xeral de
Saúde Pública realizou ningún estudo sobre o
cluster (acumulación de casos de enfermidades) de
Santa Lucía que segue a requirir dito colectivo,
senón que só achegou datos epidemiolóxicos a nivel
autonómico, provincial e municipal que (tal e como
posteriormente recoñeceron nunha entrevista cos
afectados desde o propio Servizo de Epidemioloxía)
en ningún caso poden dar constancia da existencia
ou non de devandito cluster. Ver
Nota de Prensa 14.07.08 . Ver: Prensa pontevedra 15-07.08
24 DE
XUÑO DE 2008: DÍA
INTERNACIONAL CONTRA A CONTAMINACIÓN
ELECTROMAGNÉTICA: PRESENTACIÓN PÚBLICA
E XUNTANZA DE COLECTIVOS SOCIAIS DA PROVINCIA DE
PONTEVEDRA IMPLICADOS.
Con motivo do día
internacional da contaminación electromagnética o
martes 24 de xuño de 2008 presentouse
públicamente en Pontevedra un Manifesto contra a
contaminación electromagnética impulsada
por 16 asociacións da provincia de Pontevedra
(asociacións veciñais, de nais e pais, ecoloxistas
e colectivos de afectados); todos eles implicados
na defensa do medio contra a contaminación pola
exposición a radiacións de hiperfrecuencias (como
a exposición ás antenas de telefonía móbil) ou de
radiacións de baixas frecuencias (subestacións
eléctrica, transformadores). XUNTANZA: tras
valorar a situación actual apróbase a formación
dunha “Coordinadora Provincial contra a
contaminación electromagnética de Pontevedra”
cunha permante formada por un coordinador por
localidade presente (Cangas -Cholo, de Pedra
Choca-, Moaña -Pepe, de Luita Verde-, Moraña
-Beatriz Diz, do colectivo de persoas afectadas-,
Pontevedra -Xulio Carmona, da APDR-, Redondela
-Ángeles Méndez, da A.V. de Chapela- e Vigo -
Manuel Piñeiro, do C.V.C. Valadares-) como meta,
despois do verán, de organizar unha xornada como
xestación dunha Plataforma
pontevedresa contra a contaminación
electromagnética desde onde afrontar a
extensión da coordinación no campo informativo e
de acción a outros grupos, dando soporte no ámbito
formativo-xurídico e creando unha rede de apoio no
campo educativo e sanitario. Ver
nota de prensa 22.06.08,
Ver Manifesto de Pontevedra
asinado inicialmente por 16 asociacións.
Ver Prensa Pontevedra 25.06.08
 |
 |
| |
|
21.06.08:
POLA RETIRADA DO SELO DE
CALIDADE DO FSC AOS PRODUCTOS DE ENCE ELABORADOS
EN LOURIZAN E NAVIA COA MADEIRA DE NORFOR. POLA SOLIDARIEDADE COAS
POBOACIÓNS ATROPELADAS POLA CONCESIÓN
DO FSC AOS MONOCULTIVOS DAS MUNTINACIONAIS DO
PAPEL.
Tras felicitarnos no
movemento ecoloxista pola retirada do selo de
calidade a Norte Forestal SA (NORFOR), dende
a APDR se insta ao FSC a retirada do seu selo de
calidade de todos aqueles produtos elaborados, a
partir da madeira procedente das leiras de
NORFOR (filial de ENCE), que exhiben
este selo FSC na pasta de papel producida nas
fábricas de ENCE en Lourizán (Pontevedra) e Navia
(Asturias). Dado que Norfor perdeu a certificación
de calidade FSC "a comercialización e venda de
produtos elaborados con madeira de Norfor con este
selo sería unha fraude". " A APDR ten tido
coñecemento ao longo destes anos de reclamación de
multitude de casos de certificacións indebidas en
todo o mundo; o fraude que se mantiña no caso de
NORFOR segue a ser un feito en multitude de
certificados que persisten en todo o mundo a pesar
das denuncias de grupos de defensa do medio
ambiente e dos dereitos humanos. A extensión dos
monocultivos está a provocar graves problemas
sociais e económicos no mundo; a ocupación de
terreos dedicados á produción de alimentos en
países que non teñen garantida a dieta básica, a
ocupación de territorios propiedade de culturas
indíxenas e a destrución ambiental por parte de
empresas forestais con selo FSC é un feito, como o
é que se desoian de forma sistemática aos grupos
locais que denuncian os atropelos das
multinacionais da pasta do papel. Na APDR
manteremos a nosa solidariedade con estes grupos
e seguiremos a denunciar e a esixir que FSC
deixe de certificar monocultivos que pola súa
propia natureza son claramente insostibles
ambiental, social e economicamente". Ver
Nota
de prensa 21.06.08, Ver Entrevista a Benito Andrade no
Faro de Vigo 22.06.08.
20.06.08:
RETIRADA A NORFOR
(FILIAL DE ENCE) DO SELO DE CALIDADE
FORESTAL DO FSC INTERNACIONAL, POR
MALAS PRÁCTICAS MEDIO AMBIENTAIS E UNHA XESTIÓN
NON SOSTENÍBEL.
No 2005 a APDR
e Greenpeace denunciaron ante o
FSC Internacional as plantacións
intensivas en monocultivo de eucalipto con
técnicas e uso masivo de agrotóxicos moi
destrutivos demandando a retirada do
certificado concedido no 2004. Estas primeiras
denuncias; posteriormente apoiadas por
grupos ecoloxistas asturianos, galegos
(no seno da Federación Ecoloxista Galega) e
do ambito estatal; frutificaron este
venres 20 coa retirada a NORFOR do selo
de calidadede do FSC Internacional por
monocultivo de eucalipto, utilización de
herbicidas non autorizados, subsolados
profundos, talas a matarrasa,... Ver:
Faro de Vigo 21.06.08.
Ver: Reclamación formal da APDR ao
informe do ASI. Ver: Máis información da APDR sobre
NORFOR. Ver: Informe Greenpeace outubro
2008. Asemade dende a APDR
lembramos o nosos apoio á protesta ecoloxista (WRM
e GFC) diante dos representantes do FSC que
interviñan na recente 9º Conferencia das Partes da
Convención da Biodiversidade de Nacións Unidas,
denunciando a emisión fraudulenta de certificados
con graves atentados contra a biodiversidade e as
poboacións humanas, como é o caso da filial de
ENCE, NORFOR. Ver: Declaración lida denunciando
ao FSC en Bonn 28.05.08



19.06.08:
O COLECTIVO
DE PERSOAS AFECTADAS
POLA ANTENA
DE TELEFONÍA MOBIL DA RÚA
JOSÉ CASAL Nº 10 (edicicio de
Telefónica) DEMANDAN AO CONCELLO DE
PONTEVEDRA: INFORMACIÓN, REGULAMENTO
MUNICIPIAL CO CESE CAUTELAR,
E UNHA REUNIÓN COS CONCELLEIR@S
RESPONSÁBEIS.
O 19 de xuño,
Isolina Penas Blanco, en representación de
48 veciñas e veciños, como colectivo de
afectados pola antena de telefonía móbil
da rúa José Casal, entregou unha
solicitude ao Concello de Pontevedra. Ver:
Nota de Prensa
19.06.08 Ver: Solicitude ao Concello
de Pontevedra. Ver Prensa Pontevedra
25.06.08
|
 |
16.06.08.
O COLECTIVO DE AFECTADOS
POLAS ANTENAS DE TELEFONÍA MOBIL
DA RÚA AS BARXAS EN MOAÑA
CHAMA A REUNIRSE COS CONCELLEIROS.
... E lles
invitan a apoiar a retirada das antenas de
telefonía móbil das zonas residenciais
aplicando o principio de precaución. Ver
Nota de prensa
16.06.08. Ver Petición entregada no
Concello
|
 |