Pídenos o teu Libro da apdr:

VINTE ANOS EN DEFENSA DO MEDIO A MBENTE: 1987-1987 (10 €)

06.05.08: OS VECIÑOS AFECTADOS POLA INSTALACIÓN DUNHA ANTENA DE TELEFONÍA MÓBIL NO SEU EDIFICIO NA RÚA ROSALÍA DE CASTRO DEMANDAN AO CONCELLO DE PONTEVEDRA: INFORMACIÓN, DESMANTELAMENTO PREVENTIVO, E UNHA REUNIÓN URXENTE COS CONCELLEIR@S RESPONSÁBEIS.
Hoxe, 6 de maio de 2008, Jose Luis Vazquez Iglesias, en representación de 71 veciños e veciñas residentes no Edificio La Graña na rúa Rosalía de Castro 45-47 (fronte ao colexio de Salvador Moreno), presentou no rexistro xeral, como colectivo de afectados pola instalación dunha antena de telefonía móbil no Bloque nº 1 do mencionado Edificio, unha solicitude ao Concello de Pontevedra. Ver: Nota de Prensa 06.05.08 Ver: Solicitude ao Concello de Pontevedra

29.04.08: VECIÑ@S AFECTAD@S DE AS BARXAS E APDR REUNÍRONSE CO CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE DE MOAÑA
Os vecin@s de As Barxas e a APDR manifestaron a súa inquedanza ao concelleiro pola non demostración da inocuidade das ondas emitidas polas antenas base de telefonía móbil como a da torreta de Telefónica na Rúa Barxas nº 18 onde se da unha concentración importante de antenas (aumentadas con outras novas nos derrardeiros meses na mesma torreta) acrecentando a exposición á contaminación electromagnética nunha zona residencial xa afectada por un transformador (no edificio do Concello) e polas liñas de media tensión que lle subministran enerxía... reclamaron ao concelleiro a aplicación do Principio de Precaución coa retirada destes elementos contaminantes dunha zona residencial. Ver: Nota de Prensa 30.04.08 Ver: Diario de Pontevedra 01.05.08

25.04.08: ESTIVEMOS DE MANI:
Máis de tres mil persoas saimos a rúa contra a Autorización Medioambiental a ENCE-ELNOSA para NON CONSOLIDAR o complexo na nosa ría. Ver: Manifesto lido na manifestación polo actor Cesar Bugallo

DENUNCIA DO ESCAPE DE CLORO OCURRIDO EN GUALBA (BARCELONA)
O Escape de cloro producido nas instalacións que a empresa Sociedad Española de Carburos Metálicos ten Gualba (Barcelona) evidencia o perigo que supoñen este tipo de instalacións situadas na proximidade de núcleos poboados. Os veciños tiveron que ser confinados nas súas vivendas para evitar que foran intoxicados por este elemento químico (fortes irritacións na pel, nos ollos e no sistema respiratorio, chegando a provocar graves lesións oculares, queimaduras inflamación de tecidos respiratorios e edema pulmonar). Este feito, acontecido en Cataluña, pon de manifesto o perigo que para os cidadáns de Pontevedra e a súa bisbarra supón a existencia de ELNOSA. Feitos como os acontecidos en Gualba, debería facer reflexionar ao Conselleiro de Medio Ambiente que nestes momentos podería estar disposto a concederlle a autorización ambiental integrada a ELNOSA, para que esta siga realizando a súa actividade contaminante na Ría de Pontevedra.... Ver nota de prensa 21.04.08 completa

IMPORTANTE APOIO SOCIAL Á MANIFESTACIÓN DO 25 DE ABRIL CONTRA "ENCE-ELNOSA" CONVOCADA POLA "APDR".
... Xa son 43 colectivos de Pontevedra e a bisbarra os que concretaron o seu apoio á Manifestación convocada pola APDR contra a concesión das Autorizacións Ambientais a ENCE e ELNOSA e contra a consolidación do complexo na Ría,Ver Nota de prensa 04.04.08 Ver Listado actual de apoios
MARTES 15 DE ABRIL: ASEMBLEA ORDINARIA ANUAL DA "APDR":
... Na Galería Sargadelos a partir das 20,15: Lectura e aprobación (se procede) da acta anterior e dos balanzos económicos e de actividades do periodo 2007-2008, elección da nova Xunta Directiva, Inscripción no novo Rexistro de entidades de carácter ambiental, propostas de actuación 2008-2009; e de forma especial á Manifestación convocada para o 25 de abril / 2008. Ver Carta soci@s 07.04.08
VENRES 18 DE ABRIL: CEA ANUAL DA "APDR":
... no restaurante Mochi a partir das 22 h. O autobús partirá da Praza do Concello ás 21,30. O prezo do bono (incluíndo o desprazamento) será de 20 €. Reserva en: apdr@apdr.info ou chamando a: Agra (637 08 13 22), María (635 63 26 07) e Antón (666 62 14 38). A cea forma parte das actividades da campaña contra a concesión das autorizacións a CELULOSAS e a ELNOSA. Ver Carta soci@s 07.04.08

IMPIDAMOS A CONSOLIDACIÓN DE ENCE-ELNOSA NA NOSA RÍA!: MESA REDONDA LUNS 7 DE ABRIL: XOSE MANUEL BEIRAS TORRADO e VICENTE GARCÍA LEGÍSIMA ÁS 20:30 H NO TEATRO PRINCIPAL E MANIFESTACIÓN VENRES 25 DE ABRIL ÁS 20:30 H NA PRAZA DA FERRERÍA
O vindeiro Luns 7 de abril ás 20,30 h. no teatro Principal terá lugar unha MESA REDONDA: ENCE-ELNOSA: A DESTRUCIÓN AMBIENTAL E ECONÓMICA DA RÍA; moderada por Daniel Soutullo e na que intervirán Xosé Manuel Beiras Torrado e Vicente García Legísima. Este acto será preambulo da convocatoría da MANIFESTACIÓN "IMPIDAMOS A CONSOLIDACIÓN DE ENCE NA NOSA RÍA" O VENRES 25 DE ABRIL ÁS 20,30 H. NA PRAZA DA FERRERÍA: "Nin ENCE nin ELNOSA cumpren os requisitos fixados pola Lei 16/2002 para que o goberno galego poida concederlle Autorización Ambiental Integrada (imprescindíbel para poder continuar a súa actividade). Pero moito nos tememos que a Consellería de Medio Ambiente estea a barallar a concesión das autorizacións ás dúas empresas: As continuas declaracións do Conselleiro deixan translucir a falta de vontade política para dar solución ao problema e unha atitude de sometemento do goberno galego aos intereses empresariais......" Ver: Texto completo da convocatoría. Nota de prensa 30.03.08 . Foto Mesa redonda

CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA EN MORAÑA: COS AFECTAD@S DE SANTA LUCÍA, ACTO INFORMATIVO E ASEMBLEA
O sábado 29.03.08 os veciñ@s afectados de Santa Lucía de Moraña organizaron na Casa da Cultura un acto informativo presentado pola súa voceira Beatriz Diz coa participación de membros do movimento veciñal (Fini Manso da Federación de AA.VV. Roi Xordo de Ferrol) e do movimento ecoloxista (Xulio Carmona da APDR) que introduciron á situación actual científico-xurídico-legal e información sobre outros clusters. Beatriz informou sobre: a ilegalidade das 3 antenas base de telefonía móbil e do transformador (ausencia de licenza de actividade), a respota á documentación enviada por Sanidade (que non respondía ás demandas dos veciñ@s de facer un estudo epidemiolóxico: "só enviaron datos a nivel autonómico, provincial e de Moraña non extrapolables á situación de Santa Lucía"), e o coñecemento de novos casos como os 2 de cancro no CPI de Santa Lucía que se suman aos 4 xa detectados en devandito centro de ensino. Se acorda na asemblea: enviar unha nova petición a Sáude Pública -enviada o 04.04.08- (estudio epidemiolóxico e clausura cautelar das antenas e do transformador) e denunciar a situación de ilegalidade ante o concello, o valedor do pobo e o fiscal do medio ambente. No debate se expuxo aos concelleiros presentes a necesidade dun regulamento municipal que defenda o principio de precaución ante a contaminación electromagnética. Ver Notas de prensa: 27.03.08 e 04.04.08 , Ver: Diario de Pontevedra, Faro de Vigo e Voz de Galicia do 30.03.08. Ver Voz de Galicia 05.04.08. Ver peticións a D.X. Saúde Pública: 1ª Petición do 08.06.07, 2ª Petición do 04.04.08. Ver: Recopilación de noticias de prensa sobre conglomerados de cancro e outras patoxías graves no estado español vinculadas pola poboación a antenas de telefonóa móbil próximas nos anos 2006, 2007 e 2008.

Nota de prensa da convocatoria

Foto do acto

CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA EN MOAÑA: COS AFECTAD@S DE AS BARXAS, ENTREGA DE SINATURAS.
O venres 04.04.08, Xosé Manuel Taboas Couso, en nome d@s veciñ@s afectad@s pola contaminación electromagnética de As Barxas (MOAÑA) entregou 832 sinaturas no rexistro xeral do Concello de Moaña, contra o conglomerado de contaminación electromagnética desta zona residencial en expansión: antenas base de telefonía móbil (recentemente ampliadas) da torreta do edificio de Telefónica e dun transformador ambas as dúas na Rúa Barxas, o que se suma as lindeiras liñas de media tensión. Con esta petición veciñal ademais de solicitar a confirmación da existencia das súas Licenzas Municipais preceptivas (incluída a Licenza de Actividade Clasificada por estar afectada polo “Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas”) e do cumprimento xeral das normas urbanísticas, pídese o traslado das antenas de telefonía base e do transformador a un lugar fóra das zonas residenciais (compatibilizando deste xeito as novas tecnoloxías e a saúde) e un estudo periódico, independente e público sobre a afectación da contaminación electromagnética mentres execútase dito traslado. Ao mesmo tempo solicítase unha reunión co conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Rodas, que xa manifestou ao colectivo de veciños a súa disposición a tratar de inmediato con eles a problemática legal e sanitaria presentada, reunión que por outra banda contará coa presenza do coordinador da “campaña polo uso racional da telefonía móbil” da Asociación Pola Defensa Da Ría (APDR). Ver: Nota de prensa do 04.04.08, Folla de sinaturas dos veciñ@s afectad@s. Ver: Faro de Vigo 13-03-08 e Vieiros 05.04.08. Ver: Petición de información da APDR ao Concello de Moaña 30.01.08.

Imaxe reflectida da Torreta de Telefónica e un dos edificios en construción. Ver Faro de Vigo

DENUNCIA DA APDR CONTRA ENCE POR RECHEOS NA BALSA NÚMERO CATRO
A pesar da alarmante complicidade da administración con ENCE que rexeitou as anteriores, a Asociación Pola Defensa da Ría ven de presentar unha nova denuncia -a terceira diante do Servizo Provincial de Costas, a segunda diante de Augas de Galicia- contra ENCE por recheo da balsa número 4, a que contén unha maior carga de mercurio e polo tanto a máis perigosa. A nova denuncia básase na comparación de dúas fotos tomadas de Google Earth, unha anterior aos recheos pero posterior á denegación de autorización para os mesmos e outra, recente, cos recheos xa realizados. Máis sobre os recheos na balsa de decantación de ENCE. Nota de prensa do 29.2.08.


Na foto recente de satélite , tomada de Google Earth, pódense apreciar con claridade os recheos ilegais realizados pola empresa na balsa número catro, que contén grandes cantidades de mercurio.

CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA EN MOAÑA: COA PLATAFORMA DE AFECTAD@S POLA SUBESTACIÓN ELÉCTRICA DE FENOSA.
Ante a subestación eléctrica que Unión Fenosa pretende situar nunha zona residencial en Trigás (San Martiño) os veciñ@s e ecoloxistas agrupanse nunha Plataforma como defensa contra esta electrocontaminación. Resumo das súas derradeiras actividades: Charla informativa ante 200 persoas (23-02-08) no colexio público de Abelendo; onde Isabel Oviedo (doutora en dereito nuclear) e Xulio Carmona (campaña polo uso racional da telefonía móbil da APDR) informaron da contaminación electromagnética e as implicacións dunha subestación eléctrica nesta zona residencial cun colexio próximo. Participación no pleno municipal (28.02.08): compromiso de contar coas persoas afectadas nun proceso previo. Participación na asamblea de comuneiros de Moaña (02-03-08): acordan apoio económico nas xestións contra a construción da subestación Participación na 1ª reunión da comisión municipal de seguimento por unha subestación (15-03-08) xunto a representantes municipais e técnicos de Unión Fenosa A Plataforma abandona a comisión e o alcalde se posiciona en contra da instalación da subestación en Trigás. Ver: Folla da Plataforma. Ver prensa: La Voz de Galicia 15.02.08, Diario de Pontevedra 16.02.08, Faro de Vigo 24.02.08, Diario de Pontevedra 24.02.08, La Voz de Galicia 29.03.08. Ver: Vieiros (alegacións de Luita Verde ao PXOM de Moaña)

OS BARRIOS DE ABELENDO E SAN MARTIÑO "EMPAPELADOS"

CONCENTRACIÓN DE VECIÑ@S a principios de febreiro

SÁBADO 1 DE MARZO: ENTREGARÓNSE MÁIS DE 6.000 ALEGACIÓNS CONTRA A CONCESIÓN DA “AUTORIZACIÓN AMBIENTAL INTEGRADA” A ENCE
A APDR presentou máis de 6.000 alegacións ante a delegación da Consellería de Medio Ambiente, recollidas nas derradeiras semanas a pé de rúa, contra a concesión a Ence da Autorización Ambiental Integrada. "É a primeira vez que apreciamos que entre os cidadáns existe, non só unha receptividade moi grande, senón que ademais xa non necesitan información e directamente contestan aos nosos requirimentos que contra Ence, o que faga falta", explicou o presidente do colectivo ecoloxista, Antón Masa. Masa, que afirmou sentirse "moi satisfeito desta boa resposta dos pontevedreses", con todo mostrouse moi crítico coa Xunta, á que acusou dunha "pasividade intencionada". "A Xunta non só mantén unha actitude de conivencia coa empresa, senón que ademais algunhas consellerías están sometidas aos intereses económicos de Ence". Ver: Europa Press 01.03.08 e Nota de prensa 28/02/08.

A “APDR” INICIA A RECOLLIDA PÚBLICA DE ALEGACIÓNS....
CONTRA A CONCESIÓN DA “AUTORIZACIÓN AMBIENTAL INTEGRADA” á fábrica de ENCE en Lourizán por entender que a presencia do complexo industrial ENCE-ELNOSA na nosa Ría impide o desenvolvemento sustentábel da nosa bisbarra; afectando negativamente ao medio ambiente, aos recursos naturais e á saúde e calidade de vida das persoas. Entendemos que a concesión da AAI a ENCE suporía a consolidación do complexo na súa actual ubicación, algo que é rexeitado na actualidade pola inmensa maioría da poboación da bisbarra pontevedresa. Colabora na recollida de alegacións!. Quita copias do modelo tipo e mándanolas antes do remate de febreiro!. Nota de prensa 12/02/08.

Ver e baixar: Alegación tipo

GALIZA NON SE VENDE. MANIFESTACIÓN CONTRA A DESTRUCIÓN DO TERRITORIO DOMINGO 27 DE FEBREIRO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA ÁS 12H NA ALAMEDA
Desde A Guarda a Ribadeo, desde O Courel á Terra Cha, un terremoto de especulación e depredación da terra e do mar está destruíndo a nosa natureza, a nosa paisaxe e a nosa forma de vida. Está destruíndo, polo tanto, a propia identidade de Galiza.... Ver Manifesto de Galiza Non Se Vende

A "APDR" CELEBROU UNHA NOVA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA O XOVES 31 DE XANEIRO NA GALERÍA SARGADELOS DE PONTEVEDRA
Tendo en conta os últimos acontecementos que se teñen sucedido arredor do tema ENCE-ELNOSA (tanto no que fai ás declaracións de distintos representantes da Xunta de Galicia ao respecto dun posible traslado, como á situación que atravesan as AAI de ENCE e de ELNOSA), na APDR entendemos fundamental a toma de decisións urxentes para que -unha volta mais- a nosa asociación (e o conxunto da sociedade da bisbarra, que ven apoiando a nosa loita pola desaparición do complexo e pola recuperación da Ría) poida impedir a volta atrás na loita polo peche definitivo e inmediato do complexo industrial de Lourizán. Nota de prensa 29/01/08.

RECLAMACIÓN DIANTE DO FSC POLA CERTIFICACIÓN DE NORFOR: UN FRAUDE QUE CRECE
Diante da deficiente calidade do informe e da auditoría do FSC, que non se preocupou por investigar os abultados incumprimentos por parte de NORFOR dos principios e criterios nos que se basa a certificación, a APDR presentou, o 8 de xaneiro de 2008, unha reclamación formal ao informe do ASI na que se facían ver as deficiencias deste informe e se solicitaba de novo a cancelación do certificado. Publicando este informe, o FSC profundiza nun fraude que crece en todo o mundo, certificacións irregulares como as de NORFOR, proliferan nos países onde existe o sistema FSC. A APDR fixo pública unha nota de prensa na que adivirte aos cidadáns que trala madeira co selo FSC poden darse as peores prácticas forestais.

Fotos recentes parcelas de NORFOR amosando a devastadora erosión provocada pola empresa. Ampliálas facendo click sobre elas

<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>