Xornadas de Debate no T. Principal Out./Nov. 2009

Ver Vídeo Marcha 2008

VINTE ANOS EN DEFENSA DO MEDIO A MBENTE: 1987-2007 (10 €)

XA A VENDA!

Pídenos o teu Libro da apdr:

FEBREIRO, MARZO E ABRIL 2009. DERRADEIRAS CONVOCATORIAS E ACTUACIÓNS CONTRA A CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA :
.... Nas que a APDR participa co resto de colectivos sociais na defensa do Principio de Precaución na coordinación a nivel provincial (precaución xa requerida a nivel europeo pola Axencia Europea de Medio Ambiente, e as derradeiras resolucións do Parlamento Europeo en base ao Informe Bioiniciativa, e ao informe da Comisión parlamentaria europea de Medio Ambiente, Saúde Pública e Seguridade Alimentaria):

21.04.09: ACTO VECIÑAL DE PEDRA CHOCA EN CANGAS SOBRE A RESOLUCIÓN PARLAMEN-TARIA EUROPEA DE ABRIL na Casa da Cultura ás 20h, que contará como relator cun membro da APDR
18.04.09: APDR VALORA A RESOLUCIÓN PARLAMENTARIA EUROPEA DE ABRIL que aboga polo Principio de Precaución na exposición ao Campos Electromagnéticos. Ver nota de prensa. Ver Resumo da Resolución . Ver resolución

14.04.09: COLECTIVOS DE AFECTADOS, VECIÑAIS E ECOLOXISTAS PRESENTAMOS ALEGACIÓNS AO PLAN DE IMPLANTACIÓN DE VODAFONE EN MOAÑA. Ver Alegacións

07.03.09. NACE A PLATAFORMA ESTATAL CONTRA A CONTAMINACIÓN ELECTRO-MAGNÉTICA con membros da Coordinadora Provincial de Pontevedra e da Federación Veciñal Roi Xordo de Ferrol . Ver: Nota de prensa
04.03.09. O CONCELLO DE MORAÑA MANTÉN A ILEGALIDADE DAS ANTENAS DE TELEFONÍA MÓBIL REXEITANDO AS RECOMENDACIÓNS DO VALEDOR DO POBO .... que fará mención crítica no seu informe parlamentario anual. Ver N. de Prensa. Ver notificación V. do Pobo. Ver recomendac. do Valedor ao concello de Moraña. Ver dossier de prensa

Foto Capotillo. La Voz de Galicia 12.06.07

03.03.09. NOTIFÍCANNOS A ILEGALIDADE DAS ANTENAS DE SALCEDO: AGORA POLO PECHE CAUTELAR ... e a regulación das antenas co criterio de Precaución, tal e como comprometeuse o Tenente de Alcalde de Vilaboa. Ver: nota de prensa. Ver: Petición ao Concello de Pontevedra. Ver: dossier de prensa: 2008 e 2009

3 Mastros de T. móbil e L. de alta tensión. Foto Noé Parga (Faro de Vigo 07.12.09)

25.02.09. VECIÑOS, AFECTADOS, E ECOLOXISTAS CONTRA O ABANDONO MUNICIPAL EN MOAÑA QUE PROPICIOU A ELIMINACIÓN POLO TSXG DE TERMOS GARANTISTAS DA SÚA ORDENANZA ... anulando medidas proteccionistas coma a de separar as antenas a máis de 100 metros dos colexios. Ver: Escrito enviado ao Alcalde de Moaña (febreiro / 2009) Ver: nota de prensa Ver: prensa local
24.02.09. REDONDELA: COLECTIVOS DE AFECTADOS, VECIÑAIS E ECOLOXISTAS REXEITAMOS EN A PROPOSTA MUNICIPAL QUE "DES"REGULA MÁIS A IMPLANTACIÓN DE ANTENAS E REALIZAMOS UN ACTO INFORMATIVO EN CHAPELA O 09.03.09 .... A proposta municipal aumenta a desprotección, o caos ilegal e a inmunidade dos operadores, chegando a permitir antenas ata no mobiliario urbano entre vivendas. Ver nota de prensa. Ver prensa 27.02.09
10.02.09: CEA - VILAGARCÍA: MASIVA ASISTENCIA NO ACTO EN O VENTO E RECOLLIDA DE SINATURAS ... contra a implatanción dunha antena. Ver nota de prensa 10.02.09. Ver dossier de prensa CEA Ver nota de prensa 20.02.09 Ver Alegacións da APDR

---------------------

O TSXG REXEITA O RECURSO DA APDR E AS CONFRARÍAS DE PESCADORES CONTRA A MODIFICACIÓN DO PLAN ESPECIAL DO PORTO DE MARÍN
A pesar deste reixetamento, a APDR continuará demandando o cese dos recheos e lembra, entre outros, os Informes da Consellería de Pesca que constatan os danos que se están a dar nos bancos marisqueiros do interior da Ría de Pontevedra. Ver La Voz de Galicia 13.03.09. Ver: Diario de Pontevedra 13.03.09. Ver recurso. Ver máis

---------------------

15.02.09: A APDR NA MANIFESTACIÓN DE “GALIZA NON SE VENDE” ....
".... para este Domingo 15 de febreiro en Compostela ás 12 h. e coa que baixo o lema GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE, querese expresar a mais enérxica protesta ante o desolador panorama que deixa este goberno coas súas polí­ticas ambientais e sociais que están arruinando Galiza, destruí­ndo a súa paisaxe, os seus recursos naturais, o patrimonio cultural e a biodiversidade. Polí­ticas ambientais e sociais que significan a continuación das de gobernos anteriores no triste camiño de entregar o paí­s, os seus recursos e a súa identidade, ás grandes empresas multinacionais e aos grandes intereses económicos...". Ver Nota de Prensa completa

---------------------

06.02.09: BALANCE DA APDR DOS DERRADEIROS 4 ANOS NO CASO ENCE/ELNOSA
" ... Definitivamente, o goberno da Xunta de Galicia incumpriu o seu acordo ao respecto do complexo ENCE-ELNOSA, algo que viñamos anunciando e denunciando reiteradamente desde a APDR" ...mentres o PP tenta tirar beneficios electorais da situación disfrazando a súa inequívoca posición de apoio á continuidade do complexo ENCE-ELNOSA en Lourizán falando de traslado dentro do municipio, opción absurda, inviabel e rexeitada pola ampla maioría social na bisbarra. Seguimos esixindo o peche definitivo e inmediato dunha actividade que por en perigo o noso medio ambiente, a explotación racional dos recursos marisqueiros, pesqueiros, forestais e turísticos da nosa Ría, a nosa saúde, e a posibilidade dun modelo económico de desenvolvemento sustentábel quen de crear milleiros de postos de traballo... Ver nota de prensa.

------------------

CONVOCATORIAS POR PALESTINA
A APDR participa das convocatorias unitarias da Coordinadora de Pontevedra contra a Guerra en solidariedade con Palestina. Ver: Próximas convocatorias:

XOVES 19 DE FEBREIRO: RECITAL POÉTICO: Voces por Palestina. Ás 20:30 na Praza da Peregrina: onde os asistentes podan participar na lectura de poemas breves. Non é un acto de poetas. Nin de personalidades. É un acto do pobo para o pobo. Non haberá estrado. Será a pé de rúa. Non haberá grandes medios técnicos, apenas humilde megafonía. Non seremos portada nos medios, bastaranos con aqueles viandantes que sintan resoar dentro de si a voz daqueles/as tantas veces silenciados/as.

 

XOVES 5 DE FEBREIRO: "101 OCUPATION": A voz dos silenciados. 20:30h Sala Sargadelos. Documental de Sufyan Omeish e Abdallah Omeish: 101 entrevistas de estudosos de América e de Israel, líderes relixiosos, traballadores humanitarios, ONG. Crítica das inxustizas e violacións dos dereitos humanos que se derivan da política israelí na Ribeira Occidental, Xerusalén oriental, e Gaza
XOVES 29 DE XANEIRO: CHARLA CON MOHAMED SAFA. Médico e activista palestino residente en Galiza. Autor  do libro "palestina, tierra de luz y sombra". ÁS 20, 30 h. NO SALÓN DE ACTOS DO EDIFICIO DOS SINDICATOS, RÚA PASANTERIA Nº1.

-----------------------

29.01.09: DENUNCIAMOS AS OBRAS DE ENCE NA PLANTA DE LOURIZAN
Dende a APDR denunciamos ante o Concello de Pontevedra e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural as obras que a empresa ENCE está a levar a cabo nos terreos de Lourizán sitúase dentro do contorno de protección do Xacemento arqueolóxico de Sartán ou Placeres. Obras de explanación e acondicionamento do chan cunha capa de grava e outra de area, e construción de muros, no espazo situado no contorno da depuradora da empresa, sen saber que fixo a empresa coa retirada dos montículos de terra residual posiblemente contaminada. Para a realización destas obras, Ence necesita o permiso municipal (que establece un contorno de protección de 500 m) e o permiso da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Ver Nota de Prensa. Ver La Voz de Galicia 30.01.09

Antes de iniciar as obras
Obras no momento actual

---------------------

29.01.09: A APDR CONTRA A TRAMITACIÓN DO PROXECTO DE CONSTRUCÍON DUNHA PONTE EN MONTEPORREIRO
Esta nova ponte que se pretende construír na zona de Monte Porreiro, atravesa un espazo catalogado como Lugar de Importancia Comunitaria, unha figura de protección contemplada na directiva Hábitat destinada á conservación dos escasos ecosistemas ben conservados que quedan na Unión Europea. Pero ademais do grave impacto que provocará nunha zona de alto valor natural, todo indica que ademais afectará de forma grave ao entorno dun ben de interese cultural e á calidade de vida dos veciños.... Ver Nota de Prensa, Ver: Alegación presentada

Tal destrución de diversidade biolóxica non se pode xustificar coa necesidade dunha vía para a que sen dúbida, dado o escaso nivel de protección de ecosistema e especies existente en Pontevedra, teñen que existir alternativas menos impactantes”

--------------------------

GA LI ZA CON PALESTINA / NON AO MASACRE!
Marcha Nacional: Domingo 18.01.09 ás 12h na Alameda de Compostela

-------------------------

ALEGACIÓNS AO PXOUM DE MARÍN: MONTE DE PITUCO? DESENVOLVEMENTO SI, PERO SUSTENTÁBEL
A Asociación Pola Defensa da Ría presentou alegacións ó PXOM do Concello de Marín en tempo e forma, referidas á construción dun polígono industrial no contorno do Couto de Pornedo, na parroquia de San Xulián de Marín, e ó que a APDR se opón frontalmente por considerar a elección desta zona para a construción deste polígono moi pouco afortunada. Ver Nota de Prensa do 17.01.09

-----------------------------

15.01.09: AS CONFRARIAS (Lourizán, Pontevedra e Raxó) E A APDR REUNÍMONOS COA AUTORIDARE PORTARIA DO PORTO DE MARÍN PARA PEDIR O CESE DOS RECHEOS:
O Obxecto da xuntanza e transladar á Autoridade Portuaria a necesidade de poñer fin aos recheos que, no porto de Marín, se veñen realizando, non levando a cabo os que na actualidade se están a proxectar. A nova ampliación da superficie portuaria agravaría os danos que os recheos xa realizados teñen provocado e que se constatan en forma de degradación ambiental, perda de recursos marisqueiros e perdas económicas e de postos de traballo no sector. Ver máis

----------------------

LUNS 12.01.09: PROXECCIÓN-DEBATE DA APDR SOBRE AS AMEAZAS DOS POBOS INDÍXENAS DO BRASIL, ÁS 20,30 H. NA GALERÍA SARGADELOS DE PONTEVEDRA.
Dous documentais ("A fala do cacique" e "Mamanguá. De onde vocè é") para dar voz aos pobos indíxenas esquecidos do Brasil que nos amosan a necesidade da solidariedadede para preservar todos os espazos naturais que aínda non foron destruídos polos intereses da industria e o mercado. Os dous poñentes (a científica e socióloga brasileira Márcia Gómes e o xornalista alemán Norbert Suchanek), realizadores dos documentais e investigadores, estarán en Pontevedra desde o domingo 11 até o martes día 13, a súa presenza englóbase nunha xira de presentación dos seus traballos que os levou xa a diversos lugares de Asturias e Portugal, así como Santiago de Compostela, Vigo e Ourense. Ver: Nota de prensa, Ver: La Voz de Galicia 12.01.09

- "A Fala do cacique"

- "Mamanguá. De onde vocè é"

DATOS DOS DOCUMENTAIS E DOS REALIZADORES

----------------------

12.01.09: COLECTIVOS DE AFECTADOS, VECIÑAIS E ECOLOXISTAS (APDR E LUITA VERDE) PRESENTAMOS ALEGACIÓNS NO CONCELLO DE MOAÑA Ó PLAN DE IMPLANTACIÓN DE TELEFÓNICA MÓVILES.
Nas alegacións (só máis de 900 as entregadas a traveso dos colectivos de afectados), ademáis dos incumplimentos legais actuais, se lembra nas mesmas a necesidade de cambiar os criterios da normativa local (declarados obsoletas en Resolución 04.09.08 do Parlamento Europeo en base aos consellos da Axencia Europea de Medio Ambiente e o Informe Bioiniciativa) polo que empraza ao Concello de Moaña para cambiala en base ao Principio de Precaución, para compatibilizar saúde e novas tecnoloxías.Ver: nota de prensa, Ver: Alegacións presentadas pola APDR

-------------------------

SÁBADO 10.01.09: MANIFESTACIÓN UNITARIA EN PONTEVEDRA: PAREMOS O XENOCIDIO ISRAELÍ. SOLIDARIEDADE CON PALESTINA ÁS 20,H NA PRAZA DA FERRERÍA.
O xoves 8, diferentes organizacións (sindicais, ecoloxistas, veciñais, político-sociais, ...) , acudimos á convocatoria da CGT; aprobando convocar unha manifestación unitaria Urxente por Palestina, quedando aberta a adhesión ao resto de grupos en base a un Manifesto Unitario. As entidades convocantes esiximos ós gobernos (autonómicos, español, europeos e internacionais) que rematen coa súa pasividade para finalizar este xenocidio recoñecendo o lexítimo dereito e deber do pobo palestino á súa defensa, pedimos a apertura inmediata dun corredor humanitario e auxilio inmediato da poboación palestina, ..... Esta coordinación unitaria continuará cunha asemblea o vindeiro mércores 14 ás 19h no salón de actos do local dos sindicatos. Ver: Manifesto convocatoria unitaria de Pontevedra. Ver: CONVOCATORIAS E COMUNICADO A NIVEL GALEGO

Gaza 27-12-09
Prz.da Ferreria (Pontevedra) 10.01.09

--------------------------

A APDR POLA SUSPENSIÓN DA CONCESIÓN EÓLICA.
A FEG (na que participa a APDR), pide a suspensión deste novo paquete de megavatios sen ningún tipo de criterio de planificación e ordenación territorial que esquece a ampliación da red Natura e dos Parques Nacionais; reiterando novamente o seu apoio á produción de enerxía por medios renovables pero garantindo outros aspectos do medio ambiente galego, priorizando o aforro e a eficacia na política enerxética. Ver: Declaración da Federación Ecoloxista Galega

-------------------------

“O MEDIO AMBIENTE UN MERO ADORNO LITERARIO". VALORACIÓN DA FEG.
"... Logo de catro anos de goberno “progresista” as cuestións ambientais continúan sendo un tema accesorio, lonxe da xestión transversal que desexariamos...". Ver: Informe de valoración medio ambiental do ano 2008 da Federación Ecoloxista Galega

-----------------------

19.12.08. AS ANTENAS ILEGAIS DE SALCEDO DENUNCIADAS POR MÁIS DE 250 PERSOAS AFECTADAS ANTE O CONCELLO DE PONTEVEDRA.
Máis de 250 persoas afectadas residentes na Saxosa -Bértola-Vilaboa-, A Esculca –Salcedo- e A Carballa –Salcedo- asinan a proposta entregada hoxe no Concello de Pontevedra por Laureano Rodríguez Soto, e apoiada tamén pola APDR. Na proposta solicítase información e peche cautelar das antenas ilegais de telefonía móbil de Salcedo, un regulamento do espazo radioelectrico en base ao principio de precaución (afastando as antenas das zonas residenciais e sensíbeis) e entrevista cos responsábeis das Concellarías implicadas do Concello de Pontevedra. Ver: Petición ao concello de Pontevedra. Ver: Dossier de prensa 2008 e 2009

DECLARACIÓNS CLAVES POLA PRECAUCIÓN NO CONCELLO DE VILABOA

  • 02.12.08: O 1º tenente alcalde comprometeuse ante a veciñanza a facer un Regulamento do espazo radioelectrico baseado no Principio de Precaución facilitando a desinstalación, entre outras, dá antena de Bértola. Ver: Acordos tomados no Acto veciñal.
  • 06.12.08: A voceira local do BNG declara prioritario que "se legalicen e localicen [as antenas] en lugares afastados de núcleos de poboación e núcleos sensíbeis"; e lembra que a lexislación estatal infrinxe o principio de cautela segundo o Parlamento Europeo e non protexe a poboación neste ámbito (especialmente aos grupos vulnerábeis). Ver noticia completa.

..........................................

17.12.08: PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA PARA PAIS E NAIS DE USO RACIONAL DO TELÉFONO MÓBIL.
Presentación do folleto de educación sanitaria e ambiental no uso racional da telefonía móbil, como ferramenta para traballar estes temas nas súas familias e nace da colaboración da APDR coa Federación de ANPA de Pontevedra e a Coordinadora Provincial contra a contaminación electromagnética de Pontevedra. Ver: Nota da Presentación. Ver: Folleto APDR: CARA A / CARA B . Ver: dossier Campaña do Concello de Lyon (galego, castelán, francés)

Folleto de Educación Sanitaria da APDR
Concello de Lyon (Francia)

 

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte > Final >>