|
Pídenos o teu Libro da apdr:
VINTE ANOS EN DEFENSA DO MEDIO A MBENTE: 1987-2007 (10 €)

Ver Vídeo Marcha 2008


|
COLABORA NA DEFENSA DA RÍA ADQUIRINDO UN NÚMERO DALGÚNS DOS CARTÓNS DA "PORRA" DISTRIBUIDOS NOS SEGUINTES LOCAIS: CASA DO LADO, LOAIRA, BAGOS, TRISQUEL, BAÚL, O NOSO, ATURUXO (Bueu). Sorteo organizado pola APDR en combinación coa "2011 Loteria del Niño" |
|
Terminación 1º Premio: Cea para dúas persoas no EIRADO DA LEÑA
Terminación 2º Premio: Cea para dúas persoas na Vinoteca BAGOS
|
--------------------
| 25.12.10: ENCE DENUNCIA Á APDR POR FALSEDADE E INXURIAS ... |
... Hai uns días, temos recibido notificación do Xulgado de Primeira Instancia Nº 2 de Pontevedra na que se nos informa de que a empresa ENCE ten presentado unha demanda contra a Asociación Pola Defensa da Ría. A antedita demanda é a hipócrita resposta da fábrica pasteira de Lourizán á nota remitida a finais de outubro pola APDR aos medios de comunicación e publicada o pasado 1 de novembro, e na que, unha volta mais, denunciabamos a contaminación que ENCE provoca no noso medio ambiente e a ilegalidade na que se atopa ao non cumprir a lexislación correspondente ao vertido de augas residuais a zonas sensíbeis como a Ría de Pontevedra ... Ver: nota de prensa. Ver: Faro de Vigo 26.12.10. Ver: La Voz de Galicia 26.12.10, Ver: La Voz de Galicia 30.12.10. Ver: nota de apoio de Verbo Xido de 31.12.10
|

|
Ante o acto de Conciliación do 29 de decembro: Reafirmámonos: “Estudos realizados ao longo dos anos, teñen amosado que o impacto ambiental e económico da fábrica ten sido e segue a ser moi negativo”
--------------------
21.12.10: WI-FI NAS PRAZAS? A APDR SOLICITA UNHA REUNIÓN COS CONCELLEIROS RESPONSÁBEIS:
Ante a proposta do Concello de Pontevedra de instalación de antenas Wi-Fi nas prazas públicas, a APDR solicitará unha reunión cos concelleiros responsábeis para transmitirlles a documentación institucional e científica que avoga polo principio de precaución, e propoñerlle valorar as alternativas “dispoñíbeis e eficaces” de conexión a internet para minimizar a exposición aos Campos Electromagnéticos (CEM) na liña sinalada polo Parlamento Europeo. Ver nota de prensa. Ver prensa local
|
)))))) Wi-Fi NAS PRAZAS DE PONTEVEDRA?
INTERNET MELLOR POR CABLE ...............
--------------------
| 19.11.10: DENUNCIAMOS OS NOVOS RECHEOS ILEGAIS DO PORTO DE MARÍN... |
... no Xulgado de Garda de Pontevedra, xuntando á denuncia copia das declaracións da Autoridade Portuaria nas que insiste na decisión de continuar cos recheos, e fotos das obras que xa se están a efectuar. Esta nova acometida contra a legalidade supoñe un ataque aos ecosistemas da Ría con efectos sumamente prexudiciais tanto para os recursos naturais como para a economía dos mariscadores e pescadores que teñen na explotación destes recursos o seu medio de vida. Ver nota de prensa. Ver La Voz de Galicia 20.11.10
|
Afectación dos recheos anteriores no Porto de Marín. Fonte: Técnico da Lonxa de Campelo (2009)
|
--------------------
17.11.10: PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA DAS NOVAS PROBAS SOBRE A CONTAMINACIÓN POR MERCURIO DE ELNOSA EN LOURIZAN:
Ecoloxistas en Acción veñen de presentar en Pontevedra, en compaña da APDR, os resultados do INFORME da CONTAMINACIÓN CAUSADA POLO MERCURIO DA INDUSSTRIA DO CLORO, coas medicións realizadas en xullo do 2010 en Lourizan con niveis moi elevados de mercurio no aire que superan con fartura o límite marcado pola OMS para a exposición crónica. Estes resultados volven indicar claramente que a industria do cloro emite moito máis mercurio do que declara oficialmente, pondo en risco a saúde dos veciños (especialmente en grupos máis vulnerábeis coma en nenos e nenas e nas embarazadas) e a calidade do chan das hortas (niveis de mercurio 25 veces superior) e do peixe que consumimos. Dende a APDR vaise a solicitar á Fiscalía de Medio Ambiente de Galicia que actúe de oficio e mírase coma unha proba máis para non renovarlle a Elnosa a Autorización Ambiental Integrada en 2011. Ver edicións dixitais de: Diario de Pontevedra 17.11.10, La Voz de Galicia 18.11.10, El Correo Gallego 18.11.10, Faro de Vigo de 17.11.10 / 18.11.10 / 18.11.10bis e de 19.11.10, Xornal de Galicia 21.11.10
|
Ver Informe |
--------------------
| 05.11.10: NIN TREN EN LOURIZAN, NIN RECHEOS NO PORTO: POR UN PLAN INTEGRAL PARA O PORTO DE MARÍN-PONTEVEDRA |
Ante a proposta de Fomento de soterrar unha vía ferroviaria fracasada, rexeitamos consolidar esta liña que atravesa ilegalmente a Praza dos Praceres e que morre nun recheo portuario que terá que ser levantado en cumprimento da sentenza do Tribunal Supremo. Dende a APDR apostamos por un Plan integral que recupere sen máis esperas os espazos estragados; planifique de maneira conxunta a actividade industrial e a súa loxística, beneficiando actividades sustentábeis e co menor impacto social e ecolóxico, teña en conta a eliminación dos recheos do porto (aplicación sentenza) e o feito de que ENCE-ELNOSA ten que abandonar a súa ubicación como máximo no 2018. Ver nota de prensa. Ver la Voz de Galicia 06.11.10
|


|
--------------------
)))))) Wi-Fi nas aulas?
Internet mellor por cable ............... |

|
| CARTA Á COMUNIDADE EDUCATIVA DE PONTEVEDRA E BIZBARRA |
Sr/a. Director/a e demais responsábeis do seu equipo no centro:
Este ano a implantación do Plan Abalar en 5º de Primaría e 1º da ESO nos centros seleccionados para unha primeira fase, conta cunha implantación de conexión á rede por vía Wi-Fi con exposición continua nas aulas.
Esta tecnoloxía lonxe de ter demostrada a súa inocuidade non presenta na actualidade estudos a longo prazo. A Axencia Europea de Medio Ambiente e Resolucións do Parlamento Europeo de 2008 e 2009 avisan de que os límites legais actuais a Campos electromagnéticos (coma os da nosa lexislación estatal) están “obsoletos” sen atender aos grupos vulnerábeis, declarando que a tecnoloxía inalámbrica “ poden producir efectos adversos para a saúde humana” e chamando a minimizar a exposición a sistemas inalámbricos especialmente en grupos vulnerábeis como na infancia.
Dende a APDR preparámosvos un Dossier presentando os motivos que favorecen a conexión por cable na escola (ante a oferta do Wi-Fi) en base a que é máis rápida, estable, segura e non expón ao alumnado nin aos traballadores a unha contaminación acumulativa continua e gratuíta. Podedes tamén descargar unha carta aberta da Dra. Magda Havas (investigadora e docente da Universidade de Trente, Canadá) dirixida á comunidade escolar do seu país.
Rogamos a difusión deste dossier para o seu debate na comunidade escolar.
Déixovos un enlace de audio para a reflexión: “Un Wi-Fi exposto durante moito tempo en persoas sensíbeis, como son os nenos, moi previsiblemente va a causar problemas”, Joaquín Ramón Fernández Solà, especialista en Enfermidades Emerxentes do Hospital Clinic de Barcelona en declaración recente na Cadena Ser tras atender a un centenar de casos de electrosensibilidade en 3 anos
Un saúdo, da xunta directiva da Asociación Pola Defensa da Ría (APDR). |
Ver presentación da campaña: La Voz de Galicia 04.11.10. Ver nota de prensa da Plataforma Estatal Contra a Contaminación Electromagnética,
DESCARGAS: DOSSIER WI.FI APDR: galego / castelán |
--------------------
| 04.11.10. ALEGACIÓNS A UNHA SUBESTACIÓN EN BÉRTOLA: |
A Comisión de afectad@s de Bértola e a APDR, que dende 2008 demanda ordenanza que limite a contaminación electromagnética (exposición menor a 0,1 microwatios/m2, participación e negociación previa á instalación coa veciñanza, control municipal con datos públicos das emisións en tempo real, …), veñen de alegar en tempo e forma no Departamento Territorial de Pontevedra: denunciando a atomización de proxectos do Plan de Electrificación do Eixe Atlántico de Alta Velocidade encubrindo o seu verdadeiro impacto sen unha avaliación de incidencia ambiental global previa, e que en ningún caso deberia facerse sin negociar coa veciñanza implicada coas alternativas posíbeis, garantindo distancias proteccionistas e mecanismos de control local; polo que solicitan a anulación do acto por indefensión xurídica da veciñanza. Ver nota de prensa. Ver La Voz de Galicia 05.11.10
|
 |
--------------------
| 30.10.10. UNHA NOVA CHANTAXE DE ENCE Á CIDADANÍA |
A intención expresada por ENCE de abrir un período de belixerancia de cara a manter as súas instalacións en Lourizán, abren un horizonte preocupante na que retome as practicas de manipulación e engano sen reparar en gastos as que nos ten acostumados (patrocinios, extorsións, campañas de desprestixio) para dispoñer de forma gratuíta duns terreos que son de todos para beneficio económico propio. Tivo que recoñecer delito ecolóxico continuado no 2002, facendo da mentira a súa dinámica: mentres os estudos confirman un moi negativo impacto ambiental e económico da fábrica, fomenta actividades forestais insustentábeis baseadas no monocultivo intensivo vestíndose de verde para obter as subvencións no negocio da Biomasa, incumprindo mes a mes os límites da Lei de Vertidos de augas residuais para zonas sensibles como a Ría de Pontevedra … Ver nota de prensa, Ver La Voz de Galicia 31.10.10 |
 |
--------------------
Unidade Didáctica

|

Caderno
|

Guía de actividades
|

Guía do profesor
|
Futuro para a Ría de Pontevedra. Video |
 |
|
Parte 1 |
 |
 |
Parte 2 |
 |
Parte 3 |
 |
Parte 4 |
------------------------
| 17.10.10: ESIXIMOS Á XUNTA A CUALIFICACIÓN DOS TERREOS OCUPADOS POR ENCE E ELNOSA COMO SOLO NON INDUSTRIAL E O PECHE DEFINITIVO E INMEDIATO DO COMPLEXO. |
... ante a decisión da Xunta de obrigar ao Concello de Pontevedra a manter a cualificación industrial no PXOM, xustificándose nunha supramunicipalidade aprobada no 2003 para un proxecto fabril de papel tisú desbotado pola presión social e xudicial. Esta decisión mostra novamente as contradicións existentes no PP, coas declaracións realizadas a prol do traslado do complexo con anterioridade ao 2018, e coas directrices marcadas no POL (Plan de Ordenamento do Litoral) e no DOT (Directrices de Ordenamento do Territorio), dous documentos aos que a APDR ten alegado ao considerar –entre outras cousas- que non se pode agardar ata o 2018 para recuperar a Ría, Ver Nota de Prensa. Ver La Voz de Galicia 18.10.10 |
 |
--------------------
16.10.10: NOVA SENTENZA CONFIRMA A ILEGALIDADE DOS RECHEOS DO PORTO. |
Un Xulgado pontevedrés (contencioso administrativo da Asoc. Plataforma Defensa da Praza dos Praceres) dicta que a “Modificación puntual do Plan Especial” de 2005 non veu a revalidar o Plan orixinal de 2000 anulado polo Tribunal Supremo, tal e como defendíamos dende a APDR, botando abaixo as pretensións de manter uns recheos ilegais que supoñeron un grave impacto ambiental (modificación das correntes) e económico ao degradar os bancos marisqueiros da área interna da Ría de Pontevedra . Ver nota de prensa. Ver Faro de Vigo 17.10.10. Ver La Voz de Galicia 17.10.10 |
Afectación dos recheos anteriores no Porto de Marín. Fonte: Técnico da Lonxa de Campelo (2009)
|
--------------------
| 25.09.10. TRALA MEDIACIÓN DO VALEDOR DO POBO, DEMANDAMOS DE NOVO AO CONCELLO DE PONTEVEDRA COÑECER A SITUACIÓN LEGAL DAS ANTENAS DE TELEFONÍA MÓBIL, XA SOLICITADO NO ANO 2007: |
A Área de Disciplina e Policía Administrativa do Concello ven de prestarse a facilitarnos a información legal requirida, prevía a localización gráfica das mesmas. A APDR presentou planos e datos de localización de 115 antenas base de telefonía móbil, demandando o coñecemento público do seu estado legal, necesario para iniciar un proceso participativo de elaboración dunha ordenanza municipal garantista que regule o despregamento caótico e ilegal das antenas de telefonía móbil. Ver nota de prensa. Ver Planos e datos presentados, Ver Faro de Vigo de 26.09.10 |
 |
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 Seguinte > Final >>
|
|