19.09.10. CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA EN BÉRTOLA (VILABOA): AO CAOS NA IMPLANTACIÓN DE ANTENAS E AS LIÑAS DE ALTA TENSIÓN SÚMANSE O PROXECTO DE SUBESTACIÓNS --> POLO CONTROL VECIÑAL E A APLICACIÓN MUNICIPAL DO PRINCIPIO DE CAUTELA16.09.10
Afectad@s e ecoloxistas emprazamos ao Concello na recente asemblea veciñal en Bértola a: 1º Que as alegacións ás subestacións esixan unha avaliación global do proxecto que non enmascare o seu impacto ambiental, 2º Creación inmediata dunha ordenanza municipal garantista dás instalacións da rede eléctrica que lexitime ao Concello, dende o principio de cautela, para establecer límites e formas de control na súa implantación, 3º Retomar o diálogo para aprobar unha ordenanza municipal proteccionista de antenas de telefonía móbil en Vilaboa, 4º Realizar un mapa de contaminación electromagnética con técnicos independentes. Ver nota de prensa. Ver La Voz de galicia 20.09.10

--------------------

16.09.10. A XUNTA DE GALICIA RELAXA O CONTROL AMBIENTAL SOBRE ELNOSA
A APDR ven de recorrer a resolución do 16.07.10 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, co que incrementa a permisividade e falla de rigor no control ambiental de ELNOSA: reduce a periodicidade dos controis das emisións de cloro e redúcese o control da presenza de mercurio, e decir permite un incremento nas emisións ou non controlar zonas onde o perigo de emisión é elevado. Súmase o envellecemento da empresa que debería substituír a produción de cloro por electrólise de salmoira con eléctrodo de mercurio (tecnoloxía desaparecida en Europa pola súa perigosidade e impacto ambiental), por un sistema de membranas. Todo isto alertanos na procura do peche destas instalacións para garantir a seguridade das persoas e a recuperación ambiental da nosa ría... Ver nota de prensa

--------------------

03.09.10: ALEGAMOS ÁS DIRECTRICES DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO (DOT) DA XUNTA DE GALICIA
As DOT deixan as portas abertas á continuación de recheos no porto (coa instalación de infraestructuras industriais e loxísticas que incumplen os parámetros de adaptación ambiental, paisaxística, topográfica e mesmo de accesos adecuados para unha adicada expansión industrial da Ría), non protexen os espazos naturais da Ría e arredores (a Illa de Tambo, o Río Tomeza, o Loira, o Monte Pornedo, o Monte Castrove, etc.) nen os espazos de interese patrimonial e cultural (castros e áreas de importancia arqueolóxica), etc. En definitiva non definen un modelo territorial galego integrado, sustentábel e equilibrado, estando lonxe de representar un instrumento protector para a nosa contorna. Ver Nota de Prensa

--------------------

22.08.10: CARTA ABERTA A MANUEL VÁZQUEZ
" ... mentres nós perseguimos a solución á contaminación, a creación de postos de traballo no marisqueo, na pesca de baixura e nos sectores forestal e turístico; mentres nós optamos por un modelo de desenvolvemento económico sustentábel no tempo e pola recuperación da saúde na poboación, Vds. só pensan na necesidade de solucionar o problema que se lle aveciña a ENCE polo fin da concesión administrativa en Lourizán. Por eso condicionan a saída de ENCE de Lourizán á consecución dun novo emprazamento para a empresa. Vds. buscan solucións para ENCE e nós buscamos solucións para a Ría, para a economía da comarca e para o benestar da poboación. Esa é diferencia". Ver Carta

--------------------

10.08.10: PRESENTADO RECURSO DE REPOSICIÓN CONTRA A APROBACIÓN DA CENTRAL DE BIOMASA DE ENCE EN LOURIZÁN
Ante as declaracións do presidente da Xunta de Galicia (“parece moi difícil, por non dicir imposible” a instalación por parte de ENCE dunha central de biomasa en Lourizán), compre ter en conta que o anteproxecto de ENCE pasou a primeira criba da selección como única preseleccionada para zona nomeada pola Dirección Xeral de Montes O Condado-Paradanta e cunha das puntuacións mais elevadas entre todas as outorgadas, sendo “difícil ou case imposible” que se lle poida denegar a autorización para a instalación da central de biomasa en Lourizán. Para a APDR, existen razóns abondo para xustificar o rexeitamento do anteproxecto de ENCE. Ver: nota de prensa coa síntese das ALEGACIÓNS

--------------------

08.08.10: A FEG REXEITA O DECRETO DE REPOTENCIACIÓN EÓLICA ... por non contribuir a solucionar o grave impacto ambiental dos parques eólicos en Galicia, en particular sobre a Rede Natura. A pesar de que a repotenciación de parques eólicos é precisa e recomendable, de nada vale cando o modelo eólico galego continúa sen ser sometido a unha adecuada avaliación ambiental. Ver nota de prensa da FEG. Ver denuncia de aguias mortas e chamamento á Xunta. Ver EFE Verde 20.08.10. Ver El Pais 21.08.10

--------------------

06.08.10: DENDE OS COLECTIVOS ECOLOXISTAS E ANIMALISTAS REXEITAMOS A NOVA NORMA QUE MODIFICA A PROTECCIÓN ANIMAL:
Na elaboración da norma galega non se tivo en conta o dereito de participación pública dos axentes implicados na protección dos animais. Recentemente publicouse o Decreto polo que se modifican diversas normas xurídicas que regulan a agricultura, a formación agraria e a conservación da natureza. As modificacións sobre esta última, supoñen cambios no Decreto de protección animal do ano 98, uns cambios que non contribúen a avanzar no eido da protección animal a nivel galego. Ver nota de prensa da FEG

--------------------

SÁBADO 31 DE XULLO ESTIVEMOS DE MANIFESTACIÓN CONTRA O MALTRATO ANIMAL

Convocamos: APDR, ADEGA, BRIGA, Colectivo Ecoloxista do Salnés, Coordenadora Antiroudas de Pontevedra, CNT, C.S. Revira, Galiza Nova, Plataforma Antitouradas de Pontevedra, Nos UP, Os Chichisos, Protectora de animais “Os Palleiros”, Vaipolorio, Verdegaia

ANIMOUGrazas!

PREGÓN: CALROS SOLLA Profesor de lingua, pescudador etnográfico, escritor e antitaurino Grazas!

Ver: + Fotos

Ver Prensa Dixital:

Xornal de Galicia , Europa Press - Terra Noticias - El Mundo - A Nosa terra- La Voz de Galicia - La Opinion a Coruña

--------------------

... COINCIDINDO coa recén aprobación no Parlamento catalán da abolición das corridas de touros, dende o 1 de xaneiro do 2012, sendo tras Canarias a 2ª comunidade autónoma que o fai.
Foto Gustavo Santos / Faro de Vigo 31.07.10 Estamos de enhoraboa

30.07.10: CONCENTRACIÓN DOS CONVOCANTES DA MANIFESTACIÓN UNITARIA CONTRAS AS TOURADAS NA SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO DE PONTEVEDRA E ENTREGA DE PETICIÓNS ÁS DISTINTAS ADMINISTRACIÓNS IMPLICADAS :
Ao Goberno central: os cambios lexislativos necesarios para a abolición das touradas, e parar a súa promoción e subvencións; Á Xunta de Galicia: Que expoña e promova a modificación da "Lei 1/1993 de Protección de Animais Domésticos ou Salvaxes en Cautividade" que exclúe no seu artigo 5° as touradas, para que prohiba estas actividades; Á Deputación de Pontevedra: O cese inmediato de axudas indirectas ás touradas por parte desta Institución, principal soporte publico na nosa cidade; Ao Concello de Pontevedra: O cese do uso de espazos públicos para a promoción das touradas, así como a supresión nos programas de festas editados polo Concello. A declaración de Pontevedra como “Cidade Antitouradas e amiga dos Animais”, que potencie unha futura reconversión da Praza de Touros, en mans privadas, nun Coliseo para espectáculos culturais e concertos. Ver nota de prensa, Ver: 20minutos.es 30.07.10, Ver Faro de Vigo 31.07.10, Ver La Voz de Galicia 31.07.10, Ver Galicia Hoxe.com 31.07.10

--------------------

26.07.10: NOVA CERTIFICACIÓN FRAUDULENTA DE NORFOR POR BUREAU VERITAS
O FSC é una organización internacional sen ánimo de lucro, que ten sido apoiada polo movemento ecoloxista, pero que está a amosar unha deriva que a separa dos seus obxectivos orixinais de promover unha xestión forestal “ambientalmente responsable, socialmente beneficiosa e económicamente viable”, como demostra a nova certificación de NORFOR. A concesión do certificado tense levado a cabo pola multinacional da certificación Bureau Veritas e vén de amosar a falla de capacidade deste sistema para garantir que detrás do mesmo existe unha xestión forestal sostible e formula serias dúbidas sobre a orixe dos produtos que se acompañan deste selo. Ver nota de prensa FEG 29.07.10. Ver nota de prensa APDR de 10.03.10

--------------------

26.07.10: PRESÉNTASE A CONVOCATORÍA UNITARIA ANTITOURADAS DO 31 DE XULLO EN PONTEVEDRA
As touradas estarán presentes, unha vez mais, coincidindo coas festas de Pontevedra. Somos moitas as persoas e os colectivos sociais que non consideramos xustificadas estas prácticas de tortura animal e que pensamos que esta tradición está sustentada na violencia e no aniquilamento, facilitando a perpetuación de comportamentos que deberían ser rexeitados da sociedade. Fruito desta inquedanza é a convocatoría unitaria para o 31 de xullo, presentada hoxe na sede da APDR, onde converxemos 14 grupos dende o ámbito ecoloxista, da protección dos animais, sindical, cultural e social: Ver cartaz, Ver manifesto

--------------------

26.07.10: A APDR EN SOLIDARIEDADE CON SERVANDO PÉREZ EN FOLGA DE FAME NO CHUS... onde leva un mes esperando a que lle dean (ou deriven) o tratamento de quelación ou limpeza do organismo que o xuíz ordenou fai 2 anos para a súa intoxicación mercurial crónica e Sensibilidade Química Múltiple (SQM). Lonxe de tratalo ou derivalo (importante refrente pra o resto de afectad@s) e de ter en conta a súa necesidade de comida sen aditivos, quixéronlle dar o alta e reorientar o diagnóstico a unha enfermidade psiquiátrica. Nesta loita Servando convirtiouse en voceiro d@s que padecen enfermidades ambientais emerxentes das que a Seguridade Social desenténdese (SQM, Síndrome de Fatiga Crónica, Fibromialxia, electrosensibilidade, radiacións ou intoxicacións crónicas por metais pesados) e de tod@s nos que estamos expost@s a padecelas.

Ver carta Plataforma Estatal contra a Contaminación Electromagnética ante o CHUS. Ver resposta do Valedor Pobo á APDR. Ver: mensaxe de Servando. Ver artigo de Miguel Jara.

--------------------

21.07.10. RECURSO DE REPOSICIÓN CONTRA O PLAN DE IMPLANTACIÓN DE ANTENAS DE VODAFONE EN MOAÑA
o Colectivo de Afectados pola Contaminación Electromagnética de As Barxas, Domaio, e Meira, as Asociacións Veciñais de Xeremelo e de Doamaio, a Federación Veciñal A Chamusca, e os colectivos ecoloxista como Luita Verde e a APDR, presentamos recurso de reposición á aprobación por parte do Concello del Plan de Implantación de las antenas de telefonía móvil de Vodafone. O recurso foi elaborado polo abogado Luis Pena baséase na indefensión, ausencia de exposición publica e a vulneración de normativas autonómicas, municipais e da propia constitución . Ver Faro de Vigo 13.11.10
Foto C.Jimenez

--------------------

08.07.10: PRESENTACIÓN EN BUEU DA EXPOSICIÓN: VINTE ANOS NA DEFENSA DO MEDIO AMBIENTE
Apoiándose na propaganda impresa editada pola APDR nestes primeiros 20 anos de vida e botando man dos titulares e fotografías de prensa, a exposición recolle o traballo realizado pola asociación ao longo destes anos, un traballo que -con seguridade- vai ter continuidade en tanto persista a necesidade de manter accesa a loita pola defensa do medio. A exposición permite observar non só a evolución das preocupacións da APDR nestas duas décadas, o progresivo interese pola diversificación da súa actividade, senón tamén a evolución da súa propaganda impresa e mesmo da estética utilizada pola APDR ao longo do tempo Ver nota de prensa.

--------------------

30.06.10: APDR VAI PRESENTAR RECURSO CONTRA A APROBACIÓN DO ANTEPROXECTO DE PLANTA DE BIOMASA A ENCE EN LOURIZÁN
Trátase dun anteproxecto inviábel (nin dispón dos terreos dispostos, nin pode xustificar a viabilidade económica: concesión ata 2018) que deixa ver unha vez mais a pretensión do PP de consolidar o complexo ENCE-ELNOSA en Lourizán mais alá do 2018, (aprobación do decreto de supramunicipalidade para unha papeleira en Lourizán, pola vía da adscrición dos terreos fabrís no porto de Marín, ou mediante a declaración de innecesiaridade dos terreos para a recuperación ambiental da zona). Esiximos ao PP de Pontevedra presentar recurso contra esta decisión da Xunta e ao seu presidente local, Telmo Martín, que cumpra a súa palabra, deixe a política e esixa a dimisión da persoa que asinou a resolución publicada no DOGA. Ver nota de prensa. Ver Galiciahoxe.com 02.07.10

--------------------

24.06.10: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA
A APDR participa no marco asociativo (veciñal, ecoloxista, de nais e país, de persoas afectadas) da PLATAFORMA ESTATAL CONTRA A CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA, na liña de aplicar os principios de cautela xa expostos pola Axencia Europea de Medio Ambiente e as distintas Resolucións do Parlamento Europeo, reducindo os límites de exposición ás emisións contaminantes electromagnéticas da normativa estatal, apostando polo uso racional do teléfono móbil e pola creación de ordenanzas municipais proteccionistas sobre antenas. Ver comunicado da Plataforma Estatal

--------------------

13.06.10: CARTA ABERTA DA APDR AO CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE
“…semella descoñecer que a Marcha deste ano facía a número 15 das organizadas pola APDR e que estas Marchas véñense realizando ano tras ano, con independencia de quen goberne na Xunta de Galicia ou no goberno do estado... Son Vdes., os representantes políticos, os que fan as cousas en función da súa repercusión electoral, .... Resulta absolutamente lamentábel, Sr. Hernández, que sendo Vde. Conselleiro de Medio Ambiente amose unha falta de respecto tan absoluta por unha asociación ecoloxista como a nosa, que leva xa mais de 22 anos traballando polo saneamento e recuperación da nosa Ría, unha asociación que ten case 600 socios e socias na comarca e que ten feito mais pola defensa do medio ambiente nesta zona do que teñen feito todas as Consellerías de Medio Ambiente xuntas. ... seguimos agardando pola entrevista que hai mais dun ano temos solicitado para tratar con Vde. todo o relativo á presencia de ENCE-ELNOSA na nosa Ría." Ver Carta íntegra. Ver La Voz de Galicia 14.06.10

Goberne quen goberne

--------------------

07.06.10: VECIÑANZA E APDR, CON MÁIS DE 280 SINATURAS, PRESENTAN ALEGACIÓNS Á ORDENANZA DE ANTENAS EN VILABOA.
Dende máis de 2 anos a veciñanza de Bértola e Esculca, denuncia o caos das antenas base de telefonía móbil, polo que alega á normativa aprobada baseánse no principio de Precaución centradas na PROTECCIÓN DE CENTROS OU LUGARES SENSÍBEIS incluidas as vivendas, a PARTICIPACIÓN VECIÑAL, o CONTROL MUNICIPAL CO MEDICIÓN DAS EMISIÓNS en tempo real e a súa INFORMACIÓN PÚBLICA. Ver nota de prensa. Ver prensa local 09.06.10

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 Seguinte > Final >>