Pídenos o teu Libro da apdr:

VINTE ANOS EN DEFENSA DO MEDIO A MBENTE: 1987-2007 (10 €)

Ver Vídeo Marcha 2008

22.10.09. A XUNQUEIRA DA GANDARELA. NUNCA NOS CANSAREMOS DE DESTRUÍR?
Dende a APDR denunciamos a destrución do humidal de Lourizán por obras de saneamento en Ponte Muíños. Estamos pola mellora da rede de saneamento, para non vertir residuos á Ría e á Xunqueira sen un tratamento axeitado. Pero non a calquera prezo, utilizando un recheo ilegal, o que supón a súa consolidación... Ver: nota de prensa. Ver: La Voz de Galicia 23.10.09

-------------------------

19.10.09. ENTREVISTA A LUKAS SANTIAGO, VOGAL DA APDR: "LOURIZÁN VOLVERÍA SER UN PARAÍSO, DE POÑER EN VALOR O SEU PATRIMONIO"
"Habería que facer un estudo económico comparativo do que é a zona comprendida entre Pontevedra e Marín sen Celulosa frente ao que é con Celulosa". "Convertiron esta parroquia no patio traseiro de Pontevedra". Ver: Faro de Vigo 19.10.09

-------------------------

VENRES 09.10.09 ÁS 20,30H NO CENTRO CULTURAL RIO MAIOR DE VILABOA: ANTENAS TELEFONÍA MÓBIL E SAÚDE: POR UNHA NORMATIVA QUE PROTEXA Á CIDADANÍA EN VILABOA: presentación pública dunha ordenanza proteccionista presentada ao Concello de Vilaboa polo Colectivo veciñal de persoas afectadas de Bértola e Esculca e a APDR, dentro do compromiso adquirido ante a veciñanza polo seu 1º tenente alcalde en decembro de 2008 e en xuño 2009. Ver: Obxectivos da ordenanza proposta, Ver: Nota de Prensa; Ver: Dosssier de prensa 2008 e 2009
DATAS CRAVES POLA PRECAUCIÓN NO CONCELLO DE VILABOA:
  • 02.12.08: Asemblea veciñal en Bértola e compromiso do 1º tenente alcalde de Vilaboa a facer un Regulamento do espazo radioelectrico baseado no Principio de Precaución, facilitando, entre outras, á desinstalación dá antena de Bértola. Ver: Acordos tomados no Acto veciñal.
  • 06.12.08: A voceira local do BNG recoñece a ilegalidade de tódalas antenas e aposta por “unha ordenanza reguladora na que se regulen tanto a ubicación como as emisións”, tendo en conta os “núcleos de poboación e núcleos sensíbeis” lembrando que a lexislación estatal infrinxe o principio de cautela. Ver noticia completa.
  • 19.12.08: Máis de 250 persoas afectadas denuncian as antenas ilegais de Salcedo ao concello de Pontevedra. Ver: petición
  • Febreiro de 2009: Notificación do concello de Pontevedra confirmando dita ilegalidade das antenas de Salcedo.
  • 03.03.09: Resposta das persoas afectadas e da APDR: peche cautelar, regulación proteccionista do espazo radioeléctrico e diálogo cos responsábeis municipais. Ver: nota de prensa .
  • 25.04.09: O 1º tenente alcalde de Vilaboa presenta en Pontevedra a súa proposta de ordenanza municipal na xornada de Telefonía Móbil e Saúde, e posterga a súa aprobación para engadir achegas expostas no debate. Ver máis
  • 24.06.09: Entrégase ao Concello de Vilaboa a PROPOSTA DE ORDENANZA PROTECCIONISTA DE ANTENAS elaborada pola APDR, referendada polo Colectivo veciñal de persoas afectadas de Bértola e Esculca, e con achegas de Ceferino Maestu e de Enrique Ríos Ver máis
  • 09.10.09: Acto informativo de presentación pública desta proposta de ordenanza proteccionista dos colectivos sociais (Colectivo veciñal de persoas afectadas de Bértola e Esculca e APDR) e comezo de contactos con outros colectivos veciñais de Vilaboa. Ver máis

-------------------------

VENRES 09.10.09: DENUNCIA DE ECOLOXISTAS E PRODUCTORES DOS EFECTOS DAS VERTEDURAS LEGAIS DOS LODOS PORTUARIOS NAS RÍAS
A APDR, xunto as plataformas en defensa das rías de Arousa e Vigo, confrarías de pescadores, asociacións de mariscadores, denunciamos novamente o deterioro do ecosistema das rías causado polas verteduras que desde 1998 veñen realizado na contorna das illas de Sálvora e Ons (6 millóns de toneladas de alto valor contaminante). Demándamos unha moratoria dás verteduras, a análise da súa composición e das súas consecuencias, e a posta en marcha dunha mesa de diálogo con participación dos sectores sociais e da investigación na procura de consenso. Ver prensa do 10.10.09: Faro de Vigo, Europapress, Ver Programa de vixilancia e seguimento ambiental do dragado no porto pesqueiro de Vigo,

Un cóctel intragábel: mercurio, cadmio, chumbo, zinc, cobre, clorobifenilos, hidrocarburos...

OBSERVATORIO MEDIOAMBIENTAL RÍA DE VIGO ( informes de seguimento ata 2002):

A zona portuaria coma a máis contaminada da Ría de Vigo, revelando a existencia de:

- Metais pesados: "Ao non ser elementos biodegradables, tenden a acumularse no medioambiente asociados á materia orgánica e inorgánica. Unha das consecuencias máis graves da súa persistencia é a súa acumulación a través da cadea trófica",

- Hidrocarburos aromáticos policíclicos que "acaban depositándose no fondo, pasando a formar parte do sedimento para, posteriormente, reincorporarse lentamente á columna de auga"

Todo iso, a escasas millas dun Parque Nacional.

Xuntanza da APDR e as Plataformas Pola Defensa das Rías de Arousa e Vigo en setembro 2008. Ver prensa-2008

Cadea trófica da contaminación

-------------------------

DOMINGO 27.09.09: ROTEIRO Espazo arqueolóxico dos 7 camiños. Saída 11h. da mañá: diante de Belas Artes (Pontevedra) e do aparcadorio do Paseo Marítimo (Marín)
A APDR organizou un roteiro arqueolóxico por Lourizán, San Xulian e Salcedo, coa colaboración das súas Comunidades de Montes, con moitos lugares por descubrir e revalorizar. Camiñamos reivindicando a súa proteción e o seu disfrute. Fotos roteiro 1, 2, 3, 4, 5 . Ver: A Nosa Terra 19.09.200. Ver Canal de Espazo dos Sete Camiños

-------------------------

21.09.09. DÍA MUNDIAL CONTRA OS MONOCULTIVOS DE ÁRBORES: ¡DETEÑAN A EXPANSIÓN DOS MONOCULTIVOS DE ÁRBORES! NON SON BOSQUES!
A APDR asina novamente á Declaración Internacional contra o monocultivo: "... A pesar de toda a evidencia dispoñible acerca dos impactos sociais e ambientais destes monocultivos en países como Brasil, Sudáfrica, Estados Unidos, Indonesia, Malaisia, Camboia, Colombia e no Estado Español, seguen sendo promovidas por unha coalición de actores que van desde a FAO ata as axencias bilaterais, desde o Foro das Nacións Unidas sobre Bosques ata os gobernos nacionais, desde empresas consultoras ata bancos privados e de desenvolvemento ....". Ver Declaración internacional

BIODIVERSIDADE

-------------------------

18.09.09. ALEGACIÓNS ECOLOXISTAS AO "PLAN DE XESTIÓN DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS 2010-2020"
... presentadas pola Federación Ecoloxista Galega (FEG), da que fai parte a APDR, máis Amigos da Terra. Neste documento de inicio do novo PXRSUG 2010-2020, ainda sen concretar, xa aparecen preocupantes indicios de que a Xunta pode apostar máis abertamente pola incineración. Ver alegacións, Ver Propostas ecoloxistas

-------------------------

11.09.09. ESIXAMOS RESPONSABILIDADES POLOS NOVOS VERTIDOS INCONTROLADOS AOS RÍOS GAFOS, LÉREZ E VERDUGO
Dende a APDR esiximos a eliminación de todos os vertidos fecais e industriais aos nosos ríos, a vixilancia extrema e a sanción aos responsábeis dos vertidos contaminantes e ilegais alí onde se produzan (incluídas as neglixencias das administracións locais), e a recuperación dos valores ambientais, paisaxísticos; contribuindo a mellorar a calidade de vida na comarca. Agardamos a resolución xudicial da nosa denuncia polo vertido de produtos químicos ao río Verdugo e non desbotamos a posibilidade de acudir aos tribunais de xustiza para que estes novos vertidos sexan investigados e non queden impunes. Ver Nota de prensa, Ver La Voz de Galicia 12.09.09, Ver Faro de Vigo 12.09.09, Ver Diario de Pontevedra 12.09.09

Peixes mortos tras unha vertedura nos Gafos. Rafa Vázquez (Faro de Vigo 12.09.09)

---------------------------

11.09.09: SEN SAÚDE NON SE AVANZA: ENTREGADAS AS ALEGACIÓNS AO PLAN AVANZA DO MINISTERIO DE INDUSTRIA
A APDR, xunto co resto de colectivos da “Coordinadora Provincial contra a Contaminación Electromagnética de Pontevedra” e a Federación Ecoloxista Galega (FEG) veñen de presentar alegacións ao chamado Plan Avanza2 (2010-2012) do Ministerio de Industria; plan de expansión das novas tecnoloxías e da chamada sociedade da información. Cando o Plan Avanza apela a conceptos como: seguridade, calidade de vida, desenvolvemento sostible e participación cidadá, non pode esquecer as medidas de cautela necesarias para manter un equilibrio imprescindíbel entre a preservación dun dereito fundamental como a saúde e os obxectivos de calidade, integración social, mellora de calidade de vida e mellora de servizos. Ver nota de prensa. Ver alegacións. Ver La Voz de galicia 12.09.09. Ver Diario de Pontevedra 12.09.09. Ver entrevista de 22.09.09 da Plataforma Estatal contra a Contaminación Electromagnética con voceiros do Ministerio de Industria

---------------------------

06.09.09. FEIRA FRANCA EN PONTEVEDRA: NO LOCAL DA APDR TAMÉN SACAMOS O NOSO ESTANDARTE.

---------------------------

20 y 22.08.09. DENDE A APDR ESIXIMOS RESPONSABILIDADES POLO VERTIDO TÓXICO NO RÍO VERDUGO E DENUNCIAMOS AO XULGADO
A APDR denuncia ao xulgado de garda de Pontevedra como delito ecolóxico de gran magnitude o vertido tóxico que está a provocar unha gran mortandade no río Verdugo (troitas, salmóns, anguías, ...) e mesmo a repercusión negativa sobre a totalidade do ecosistema e sobre a calidade das augas de baño; a fin de determinar a existencia de responsabilidade penal e os autores responsabeis do feito denunciado. Ante a evidente falta de control e seguridade por parte das autoridades municipais con competencia, esiximos que desde o goberno autonómico se depuren as responsabilidades a que houbera lugar e se apliquen as correspondentes sancións aos responsábeis. Ver Nota de prensa, Ver Denuncia entregada, Ver: La Voz de Galicia 23.08.09

LALO R. VILLAR - 20-08-2009 El Pais

----------------------

01.08.09. ESTIVEMOS DE MANI EN CANGAS

----------------------

24.07.09. A APDR DENUNCIA A PATRIMONIO A DESTRUCIÓN DUNHA MAMOA POLO MINISTERIO DE DEFENSA EN LOURIZÁN
A destrución de dita mámoa foi consecuencia das obras que levou á cabo o Ministerio de Defensa, e das que se fixera eco parte da prensa local, que consistiron na construción dunha réplica dunha “Aldea Afgana”, para prácticas militares. A construción desta “Aldea Afgana” levou a que meteran a maquinaria no lugar e sinxelamente arrasaran con todo . Non quedou nada da mámoa .... Ver Nota de prensa

----------------------

24.07.09. ENCE DI QUE NON CONTAMINA, NA APDR DÁNOS A RISA
Ao fío das recentes declaracións do director de Ence-Pontevedra, José Antonio Camblor, nas que este aseguraba que "non existe ningunha razón, nin técnica nin ambiental" para o traslado da factoría, dende a APDR lémbramos algún dos principais "incumprimentos claros" da normativa ambiental. De xeito concreto, as emisións da factoría triplican os límites permitidos legalmente nunha zona sensíbel como é a ría pontevedresa. Ver: Vieiros 24.07.09. Ver: A Nosa Terra 24.07.09

--------------------------------

23.07.09. APDR E CONFRARÍAS DENUNCIAN ANTE A UNIÓN EUROPEA OS RECHEOS DO PORTO DE MARÍN CON FONDOS COMUNITARIOS
A APDR e as confrarías de San Telmo e Lourizán anunciamos unha denuncia ante a Unión Europea contra o estado español por destinar fondos Feder e do Fondo de Cohesión para os recheos do porto de Marín. Ditos fondos prevén que estes recursos aplíquense a actividades sostibles que melloren o medio ambiente e a creación de emprego estable, ao contrario do que están a facer: os recheos están prexudicando o marisqueo na ría, de tal modo que o número mariscadoras baixou en poucos anos a máis da mitade. Enchéronse desde 1993 uns 300.000 metros aos que haberá que sumar outros 30.000 na zona do peirao Leirós. Ista denuncia pretende frear novas expansións. Ver prensa local

-----------------------------------

23.07.09. A APDR REITERA A ESIXENCIA DE ELIMINACIÓN DEFINITIVA DOS VERTIDOS AO GAFOS E AO LÉREZ E A NECESIDADE DE RECUPERAR A PRAIA DE LOURIZÁN
Si ben é certo que a situación dos nosos principais ríos foi moito máis preocupante hai algún tempo do que o poida ser hoxe no que fai á proliferación de vertidos contaminantes, é certo tamén que estes vertidos non deixaron nunca de se producir. A aparición de “placas de formigón” no colector do Gafos e a máis que posíbel responsabilidade da empresa que realiza as obras na Ponte do Couto pon de manifesto (entre a acusación mutua entre administracións) unha situación coñecida e denunciada en multitude de ocasións: o colector do Gafos está inservíbel, recolle vertidos indebidamente, e ten que seren substituído por outro de maior capacidade... Ver nota de prensa. Ver La Voz de Galicia 26.07.09

Foto: Ramón Leiro: La Voz de Galicia 22.07.09

------------------

23.07.09. CHAMAMENTO Á UNIDADE AOS COLECTIVOS ANTITOURADAS DE PONTEVEDRA
Dende a APDR, ante a convocatoria de actividades semellantes no fundamental, que non coinciden no tempo; chamamos á responsabilidade de ámbalos dous grupos convocantes para chegar a acordos que posibiliten, cando menos, a unidade de acción nesta campaña. Ver nota de prensa . Ver La Voz de Galicia 26.07.09. Web da Coordinadora: http://pontevedraantitaurina.wordpress.com/ Web da Plataforma : http://pontevedraantitouradas.wordpress.com/

---------------------

21.07.09. A APDR SOLIDARÍZASE COAS PERSOAS DETIDAS EN CANGAS E ESIXE O CESE DO SUBDELEGADO DO GOBERNO.
Diante da desproporcionada e inxustificada intervención onte en Cangas dos axentes antidisturbios da Garda Civíl contra as persoas que dun xeito pacífico amosaban o seu desacordo coas obras de construción dun porto deportivo nos terreos da antigua fábrica de conservas Massó; a APDR, defende o lexítimo dereito (e a obriga de todas as persoas) que fronte ao modelo económico imperante, baseado na especulación e na destrución do medio, aspiran a un modelo económico máis xusto socialmente e sustentabel no tempo: Ver nota de prensa

-----------------------

03.07.09. A APDR POLO PECHE DE GAROÑA XA! APOSTEMOS POLAS ENERXIAS ALTERNATIVAS !
O Goberno PSOE cedindo ás presións empresariais atrasou a data de peche de Garoña: serio perigo para a poboación, non xustificada na necesidade eléctrica nin polos postos de traballo: proxecto xa amortizado cos cartos de tod@s invertibéis nun desenvolvemento económico sostible na zona. A enerxia nuclear e totalmente prescindíbel grazas á aportación das enerxías renovábeis como a solar (moito máis rentabeis ambiental e socialmente). Ver nota de prensa

--------------------------------

29.06.09 ÁS 11h NO CAMPO DE FUTBOL DO CASAL: MARCHA POLO MONTE EN PROTESTA POLAS FRANXAS DE SEGURIDADE DA BRILAT DE FIGUEIRIDO
A APDR, apoia a marcha polo monte de Salcedo, o Domingo 28 de Xuño, que convocan @s veciñ@s en contra da ampliación do perímetro de seguridade da base militar da Brilat en Figueirido . Ver nota de prensa