Pídenos o teu Libro da apdr:

VINTE ANOS EN DEFENSA DO MEDIO A MBENTE: 1987-2007 (10 €)

Ver Vídeo Marcha 2008

24.06.09. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA: A COORDINADORA PROVINCIAL PRESENTA UN MANIFESTO CONTRA A ELECTROPOLUCIÓN
Diferentes membros da Coordinadora Provincial contra a Contaminación Electromagnética de Pontevedra, da que fai parte a APDR, presentamos o Manifesto, recén aprobado a nivel estatal, que demanda aplicar o principio de cautela xa reclamado polo Parlamento Europeo, da Axencia Europea de Medio Ambiente, o Informe BIOINITIATIVE. Informouse do compromiso de facer un estudo sobre a contaminación electromagnética en Moaña; do compromiso do tenente de alcalde de Vilaboa de aprobar unha normativa garantista proposta polas persoas afectadas; e dos contactos veciñais co concello de Vigo. Trala presentación acordamos en xuntanza as vindeiras liñas de actuación. Ver Manifesto. Ver prensa local

................................................

20.06.09 ÁS 20h: MANIFESTACIÓN EN CANGAS: SOS MASSÓ: ÁS 20 HORAS, DENDE A ALAMEDA VELLA DE CANGAS ATE O SALGUEIRÓN
A APDR solidarízase coas demandas do Foro Social de Cangas, dos seus veciños e mariñeiros polo cese inmediato das agresións ilegais ao litoral de Cangas, no Salgueirón e en Punta Balea. Ver nota de prensa

--------------------------------

17.06.09: PROPOSTAS PARA UNHA XESTIÓN PREVENTIVA E SOSTÍBEL DOS RESÍDUOS SÓLIDOS URBANOS
A FEG, da que fai parte a APDR, e Amigos da Terra presentaron un informe ofrecendo a este novo goberno unha serie de propostas concretas e imprescindíbeis para implantar unha axeitada xestión dos residuos sólidos urbanos no noso país.Ver nota de prensa. Ver informe

---------------------------------------------

13.06.09. A PLATAFORMA ESTATAL CONTRA A CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA DEMANDA UNHA LEXISLACIÓN SOBRE SAÚDE E CAMPOS ELECTROMAGNÉTICOS
A Coordinadora Provincial Contra a Contaminación Electromagnética de Pontevedra participou no 2º encontro estatal na que participan organizacións veciñais, de persoas afectadas e ecoloxistas de distintos puntos do estado, que culminou na elaboración dun manifesto común e a próxima creación de grupos de traballo específicos.Ver: Nota de prensa

---------------------------------------------

Ver video A Nosa Terra 11.06.09

Colabora conosco! Nos mirarás polo serán na Praza da Peregrina

POR UN MODELO DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE QUE
PERMITA A CREACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO NA COMARCA

PORQUE A RECUPERACIÓN DA RÍA, DA SAÚDE E DOS POSTOS DE TRABALLO NON PODE AGARDAR MÁIS: HOXE MÁIS QUE NUNCA, CELULOSAS-ELNOSA FÓRA DA RÍA!!!

SÁBADO 13 DE XUÑO
MARCHA CONTRA CELULOSAS
SAÍDA ÁS 19:30 DAS ALAMEDAS DE MARÍN E PONTEVEDRA
AO REMATE: POLBADA NA PRAZA DA PEDREIRA

---------------------------------------------

05.06.09. MOAÑA: ACORDO DE AVALIACIÓN DA CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNETICA ...
... a proposta dos colectivos sociais, incluida a APDR (que apostamos por primeiro avaliar para despois limitar e minimizar a contaminación electromagnética); no encontro con representantes do concello, Telefónica Móviles e do Ministerio de Industria. Ver Nota de prensa do 06.06.09. Ver: Faro de Vigo 07.06.09

---------------------------------------------

31.05.09. MANIFESTACIÓN EN VIGO: "ESTE MODELO TEN ALTERNATIVA: DEFENDAMOS O LITORAL.
A APDR como integrante da Federación Ecoloxista Galega apoia a manifestación que ten convocada a Rede Galiza Non se Vende (na que participa a FEG)

---------------------------------------------

12 E 29.05.09 A CAMPAÑA DE USO RACIONAL DO TELÉFONO MÓBIL NOS "COLES"
Desenvolvida pola APDR entre nais e pais do CPI Padín Truiteiro en Soutomaior (Arcade) e do CEIP de Atios (Porriño) no marco da campaña de colaboración coa Federación de ANPA de Pontevedra e a Coordinadora Provincial contra a contaminación electromagnética. Ver Nota da Presentación. Ver Folleto: CARA A / CARA B. Ver: dossier Campaña do Concello de Lyon (galego, castelán, francés)

---------------------------------------------

17.05.09. MANIFESTACIÓN PÒLA LINGUA EN COMPOSTELA O DOMINGO ÁS 12h
A APDR convoca a asistir á manifestación convocada pola Mesa pola Normalización Linguística baixo o lema “O galego, a nosa columna vertebral. A lingua que nos une!”

-----------------------------------

26.04.09; A FEG POLA PROTECCIÓN DO LITORAL
A Federación Ecoloxista Galega (FEG), da que fai parte a APDR, escenificou o pasado domingo 26, co gallo do Día da Terra, un acto reivindicativo en Silgar (Sanxenxo) cunha rede duns 40 metros de lonxitude, na que se podía ler "Non tapemos a costa. Proteccion do litoral xa". Este acto reclama unha xestión integral do litoral baseada nun modelo de desenvolvemento sostible para frear o urbanismo salvaxe e o emprazamento irracional de grandes industrias no litoral que esta a causar graves perxuízos no noso ambiente, paisaxe, saúde e economía.. Ver: declaración da FEG, Ver: Vieiros, Ver: Europa Press, Ver: vídeo

-------------------------------

TELEFONÍA MÓBIL E SAÚDE

25.04.09: XORNADA PROVINCIAL EN PONTEVEDRA (no Pazo da Cultura); por unha regulación en base a criterios de saúde e evitación de riscos. A "Coordinadora Provincial Contra a Contaminación Electromagnética de Pontevedra", nada o 24 de xuño de 2008 da confluencia de asociacións veciñais, ecoloxistas. de nais e pais, colectivos de persoas afectadas; autoconvócase nunha xornada onde consolídarse organizatívamente abrindo un debate na sociedade no campo sanitario, xurídico, municipal e de educación para a saúde.

--------------------------

02.04.09. A APDR SOLICITA AO TRIBUNAL SUPREMO A REVOGACIÓN DA SENTENCIA DO TSXG
O TSXG desestimou o recurso da APDR contra a Supramunicipalidade concedida polo Consello da Xunta de Galicia ao proxecto sectorial de ENCE. A APDR solicita ao Tribunal Supremo a revogación de dita sentencia do TSXG por considerar que: existe fraude de lei e abuso de dereito (na actuación de ENCE ao incluír a planta depuradora no Proxecto Sectorial); infrinxen (Xunta de Galicia e TSXG) o principio constitucional de seguridade xurídica (art. 9.3); infrinxe a Lei de Augas (art. 127.1); vulnera o principio constitucional de autonomía local, e de publicidade de normas (art. 140 e 9.3). Ver: nota de prensa

-----------------------------------

FEBREIRO, MARZO E ABRIL 2009. DERRADEIRAS CONVOCATORIAS E ACTUACIÓNS CONTRA A CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA :
.... Nas que a APDR participa co resto de colectivos sociais na defensa do Principio de Precaución na coordinación a nivel provincial (precaución xa requerida a nivel europeo pola Axencia Europea de Medio Ambiente, e as derradeiras resolucións do Parlamento Europeo en base ao Informe Bioiniciativa, e ao informe da Comisión parlamentaria europea de Medio Ambiente, Saúde Pública e Seguridade Alimentaria):

21.04.09: ACTO VECIÑAL DE PEDRA CHOCA EN CANGAS SOBRE A RESOLUCIÓN PARLAMEN-TARIA EUROPEA DE ABRIL na Casa da Cultura ás 20h, que contará como relator cun membro da APDR
18.04.09: APDR VALORA A RESOLUCIÓN PARLAMENTARIA EUROPEA DE ABRIL que aboga polo Principio de Precaución na exposición ao Campos Electromagnéticos. Ver nota de prensa. Ver Resumo da Resolución . Ver resolución

14.04.09: COLECTIVOS DE AFECTADOS, VECIÑAIS E ECOLOXISTAS PRESENTAMOS ALEGACIÓNS AO PLAN DE IMPLANTACIÓN DE VODAFONE EN MOAÑA. Ver Alegacións

07.03.09. NACE A PLATAFORMA ESTATAL CONTRA A CONTAMINACIÓN ELECTRO-MAGNÉTICA con membros da Coordinadora Provincial de Pontevedra e da Federación Veciñal Roi Xordo de Ferrol . Ver: Nota de prensa
04.03.09. O CONCELLO DE MORAÑA MANTÉN A ILEGALIDADE DAS ANTENAS DE TELEFONÍA MÓBIL REXEITANDO AS RECOMENDACIÓNS DO VALEDOR DO POBO .... que fará mención crítica no seu informe parlamentario anual. Ver N. de Prensa. Ver notificación V. do Pobo. Ver recomendac. do Valedor ao concello de Moraña. Ver dossier de prensa

Foto Capotillo. La Voz de Galicia 12.06.07

03.03.09. NOTIFÍCANNOS A ILEGALIDADE DAS ANTENAS DE SALCEDO: AGORA POLO PECHE CAUTELAR ... e a regulación das antenas co criterio de Precaución, tal e como comprometeuse o Tenente de Alcalde de Vilaboa. Ver: nota de prensa. Ver: Petición ao Concello de Pontevedra. Ver: dossier de prensa: 2008 e 2009

3 Mastros de T. móbil e L. de alta tensión. Foto Noé Parga (Faro de Vigo 07.12.09)

25.02.09. VECIÑOS, AFECTADOS, E ECOLOXISTAS CONTRA O ABANDONO MUNICIPAL EN MOAÑA QUE PROPICIOU A ELIMINACIÓN POLO TSXG DE TERMOS GARANTISTAS DA SÚA ORDENANZA ... anulando medidas proteccionistas coma a de separar as antenas a máis de 100 metros dos colexios. Ver: Escrito enviado ao Alcalde de Moaña (febreiro / 2009) Ver: nota de prensa Ver: prensa local
24.02.09. REDONDELA: COLECTIVOS DE AFECTADOS, VECIÑAIS E ECOLOXISTAS REXEITAMOS EN A PROPOSTA MUNICIPAL QUE "DES"REGULA MÁIS A IMPLANTACIÓN DE ANTENAS E REALIZAMOS UN ACTO INFORMATIVO EN CHAPELA O 09.03.09 .... A proposta municipal aumenta a desprotección, o caos ilegal e a inmunidade dos operadores, chegando a permitir antenas ata no mobiliario urbano entre vivendas. Ver nota de prensa. Ver prensa 27.02.09
10.02.09: CEA - VILAGARCÍA: MASIVA ASISTENCIA NO ACTO EN O VENTO E RECOLLIDA DE SINATURAS ... contra a implatanción dunha antena. Ver nota de prensa 10.02.09. Ver dossier de prensa CEA Ver nota de prensa 20.02.09 Ver Alegacións da APDR

---------------------

O TSXG REXEITA O RECURSO DA APDR E AS CONFRARÍAS DE PESCADORES CONTRA A MODIFICACIÓN DO PLAN ESPECIAL DO PORTO DE MARÍN
A pesar deste reixetamento, a APDR continuará demandando o cese dos recheos e lembra, entre outros, os Informes da Consellería de Pesca que constatan os danos que se están a dar nos bancos marisqueiros do interior da Ría de Pontevedra. Ver La Voz de Galicia 13.03.09. Ver: Diario de Pontevedra 13.03.09. Ver recurso. Ver máis

---------------------

15.02.09: A APDR NA MANIFESTACIÓN DE “GALIZA NON SE VENDE” ....
".... para este Domingo 15 de febreiro en Compostela ás 12 h. e coa que baixo o lema GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE, querese expresar a mais enérxica protesta ante o desolador panorama que deixa este goberno coas súas polí­ticas ambientais e sociais que están arruinando Galiza, destruí­ndo a súa paisaxe, os seus recursos naturais, o patrimonio cultural e a biodiversidade. Polí­ticas ambientais e sociais que significan a continuación das de gobernos anteriores no triste camiño de entregar o paí­s, os seus recursos e a súa identidade, ás grandes empresas multinacionais e aos grandes intereses económicos...". Ver Nota de Prensa completa

---------------------

06.02.09: BALANCE DA APDR DOS DERRADEIROS 4 ANOS NO CASO ENCE/ELNOSA
" ... Definitivamente, o goberno da Xunta de Galicia incumpriu o seu acordo ao respecto do complexo ENCE-ELNOSA, algo que viñamos anunciando e denunciando reiteradamente desde a APDR" ...mentres o PP tenta tirar beneficios electorais da situación disfrazando a súa inequívoca posición de apoio á continuidade do complexo ENCE-ELNOSA en Lourizán falando de traslado dentro do municipio, opción absurda, inviabel e rexeitada pola ampla maioría social na bisbarra. Seguimos esixindo o peche definitivo e inmediato dunha actividade que por en perigo o noso medio ambiente, a explotación racional dos recursos marisqueiros, pesqueiros, forestais e turísticos da nosa Ría, a nosa saúde, e a posibilidade dun modelo económico de desenvolvemento sustentábel quen de crear milleiros de postos de traballo... Ver nota de prensa.

------------------

CONVOCATORIAS POR PALESTINA
A APDR participa das convocatorias unitarias da Coordinadora de Pontevedra contra a Guerra en solidariedade con Palestina. Ver: Próximas convocatorias:

XOVES 19 DE FEBREIRO: RECITAL POÉTICO: Voces por Palestina. Ás 20:30 na Praza da Peregrina: onde os asistentes podan participar na lectura de poemas breves. Non é un acto de poetas. Nin de personalidades. É un acto do pobo para o pobo. Non haberá estrado. Será a pé de rúa. Non haberá grandes medios técnicos, apenas humilde megafonía. Non seremos portada nos medios, bastaranos con aqueles viandantes que sintan resoar dentro de si a voz daqueles/as tantas veces silenciados/as.

 

XOVES 5 DE FEBREIRO: "101 OCUPATION": A voz dos silenciados. 20:30h Sala Sargadelos. Documental de Sufyan Omeish e Abdallah Omeish: 101 entrevistas de estudosos de América e de Israel, líderes relixiosos, traballadores humanitarios, ONG. Crítica das inxustizas e violacións dos dereitos humanos que se derivan da política israelí na Ribeira Occidental, Xerusalén oriental, e Gaza
XOVES 29 DE XANEIRO: CHARLA CON MOHAMED SAFA. Médico e activista palestino residente en Galiza. Autor  do libro "palestina, tierra de luz y sombra". ÁS 20, 30 h. NO SALÓN DE ACTOS DO EDIFICIO DOS SINDICATOS, RÚA PASANTERIA Nº1.