ENCE ESTÁ A RECHEAR ILEGALMENTE AS BALSASDE DECANTACIÓN

Probablemente a principios de 2007, a empresa ENCE comezou a rechear, de xeito totalmente ilegal, o cubeto número catro das balsas de decantación que a empresa utilizou ata que recentemente puxo en marcha un sistema de depuración que realiza un papel substitutivo do que realizaban estas balsas. A empresa está utilizando para o recheo materiais de orixe e grao de perigosidade descoñecidos pero que parecen incluír polo menos escombros procedentes de antiguos depósitos de residuos que a empresa denominaba "la mina" dos que nunca se realizou unha avaliación da carga tóxica que contiñan.

Posición da balsa número catro e imaxe dos recheos tomada en marzode 2007; os recheos son recentes xa que aínda non creceu ningún tipo de vexetación.

ENCE tiña presentado, o 3 de febreiro de 2003, diante do diante do Servizo Provincial de Costas, unha solicitude de recheo das balsas de decantación incluídas na parcela de dominio público marítimo terrestre que a empresa ocupa en réxime de concesión en Lourizán; esta solicitude de recheo, presentouse baixo a denominación de “Recuperación de terrenos de las balsas 1, 2, 3, y 4” Este proxecto foi sometido a exposición pública e durante este período, a APDR presentou, o 1 de xullo de 2004, alegacións ao mesmo facendo notar a elevada perigosidade que implicaría tal actuación dada a elevada carga tóxica presente nos líquidos e nos sedimentos acumulados ao longo de anos no fondo das balsas, o que podería provocar a contaminación de solos e augas de escorrentía, con negativas consecuencias para o medio ambiente e para os cidadáns que habitan no entorno da empresa. A autorización de recheo que pretendía a empresa nunca foi concedida, polo que os recheos que está a realizar son ilegais e sumamente perigosos.

A APDR presentou unha primeira denuncia contra a empresa por estes recheos o 25 de abril de 2007 diante da Subdirección Provincial de Costas e diante da Consellería de Medio Ambiente. Ver denuncia presentada diante da Consellería de Medio Ambiente O 8 de xuño respostou o Servizo Provincial de Costas; sorprendentemente esta resposta da xefa do sevizo, Cristina Paz Curbera, é unha reproducción da resposta da empresa. A pesar de que se realizou unha inspección nas instalacións de ENCE á que non puderon escapar os voluminosos recheos realizados -que se denominan "recheos anteriores"- o Servizo provincial de Costas decidiu, en escandalosa complicidade coa empresa, colaborar no engano e negar o evidente, que ENCE tiña realizado recheos ilegais na balsa número 4. A Asociación Pola Defensa da Ría respostou enviando fotografías que permitían comprobar os recheos, as que aparecen arriba, pero aínda así o Servizo Provincial de Costas seguiu mantendo o engano para protexer á empresa.

A resposta de Augas de Galicia non foi diferente;a pesar de que tamén se realizou unha inspección, tampouco se quixo ver o espectacular recheo e se respostou á APDR falseando a realidade.

A través do servizo de imaxes de satélite en Internet "Google Earth" púdose comprobar, cando se actualizou a fotografía da zona, a magnitude dos recheos da balsa e que estes se tiñan producido con posterioridade á denegación de autorización para realizalos. En efecto a foto que amosaba anteriormente -a que se amosa arriba- "Google Earth" correspondía ao período de probas da nova depuradora de ENCE, que comezou en febreiro de 2008, despois de serlle denegada a autorización; a nova, coa depuradora xa funcionando, e con seguridade posterior e amosa claramente os recheos realizados na balsa número 4. A Asociación presenta unha nova denuncia diante do Servizo Provincial de Costas e diante de Augas de Galicia o 29 de febreiro de 2008, aportando as dúas fotos de satélite como proba.



Balsa número catro cos recheos ilegais realizados por ENCE.

Pódese asegurar que a balsa número catro, onde se incorporaban os verquidos cargados de mercurio procedentes de ELNOSA, é das que conteñen unha maior carga deste perigoso metal o que implica un grave risco; así o asegurou o Instituto Nacional de Toxicoloxía nun informe de 2002. A actuación de ENCE ten sin dúbida graves implicacións ambientais e supón un risco para a saúde das persoas da zona.