NOTAS DE PRENSA RECENTES DA ASOCIACIÓN POLA DEFENSA DA RÍA

20.02.09: A APDR PRESENTA ALEGACIÓNS EN CEA (VILAGARCÍA).
... alegacións presentadas o 13.02.09 contra a implatanción dunha antena de Vodafone no nucleo poboacional de O Vento en CEA. Nota de prensa 20.02.09

12.02.09: A APDR APOIA A MANIFESTACIÓN DE “GALIZA NON SE VENDE” ....
".... para este Domingo 15 de febreiro en Compostela ás 12 h. e coa que baixo o lema GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE. Nota de prensa de 12.02.09

10.02.09: ACTO INFORMATIVO SOBRE SAÚDE E ANTENAS EN CEA (VILAGARCÍA)
... acto informativo no Centro Cultural de Cea convocado polo colectivo de persoas afectadas e a asociación de veciños, contando como relator membro da APDR como sobre a situación actual ante á exposición aos campos electromagnéticos e as alternativas a nivel municipal. Nota de prensa 10.02.09.

06.02.09: BALANCE DA APDR DOS DERRADEIROS 4 ANOS NO CASO ENCE/ELNOSA
" ... Definitivamente, o goberno da Xunta de Galicia incumpriu o seu acordo ao respecto do complexo ENCE-ELNOSA, algo que viñamos anunciando e denunciando reiteradamente desde a APDR" ...mentres o PP disfraza a súa inequívoca posición de apoio á continuidade do complexo ENCE-ELNOSA en Lourizán falando de traslado dentro do municipio. 2018? .. AGORA. Nota de prensa . ...
A APDR DENUNCIA OBRAS DE ENCE NA PLANTA DE LOURIZAN
... Denuncia ante o Concello de Pontevedra e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural as obras que a empresa ENCE está a levar a cabo nos terreos de Lourizán sitúase dentro do contorno de protección do Xacemento arqueolóxico de Sartán ou Placeres. Nota de Prensa 29.01.09 .

A APDR CONTRA A TRAMITACIÓN DO PROXECTO DE CONSTRUCÍON DUNHA PONTE EN MONTEPORREIRO
Esta nova ponte que se pretende construír na zona de Monte Porreiro, atravesa un espazo catalogado como Lugar de Importancia Comunitaria, unha figura de protección contemplada na directiva Hábitat destinada á conservación dos escasos ecosistemas ben conservados que quedan na Unión Europea. Pero ademais do grave impacto que provocará nunha zona de alto valor natural, todo indica que ademais afectará de forma grave ao entorno dun ben de interese cultural e á calidade de vida dos veciños.... Nota de Prensa 29.01.09

PROXECCIÓN-DEBATE DA APDR SOBRE AS AMEAZAS DOS POBOS INDÍXENAS DO BRASIL
Dous documentais para dar voz aos pobos indíxenas esquecidos do Brasil en búsqueda da solidariedade e a necesidade de preservar todos os espazos naturais que aínda non foron destruídos polos intereses da industria e o mercado. Os dous poñentes (a científica e socióloga brasileira Márcia Gómes e o xornalista alemán Norbert Suchanek), realizadores dos documentais e investigadores, estarán en Pontevedra desde o domingo 11 até o martes día 13, a súa presenza englóbase nunha xira de presentación dos seus traballos que os levou xa a diversos lugares de Asturias e Portugal, así como Santiago de Compostela, Vigo e Ourense. Nota de prensa 09.01.09

POLÍGONO INDUSTRIAL NO ENTORNO DO MONTE DE PITUCO? DESENVOLVEMENTO SI, PERO SUSTENTÁBEL
"... Dende a APDR apostamos pola posta en valor deste espazo natural e arqueolóxico, que está chamado a convertirse nun futuro lugar de esparcimento da poboación de Marín e Pontevedra, vinculado ó espazo da Serra de Domaio. Os políticos poden decidir onde se poñen os polígonos, pero o patrimonio natural e cultural está onde a Natureza e a Historia decidiron, e os políticos teñen a importante responsabilidade de conservar este patrimonio, que é de todos". Nota de prensa 28.11.08

07.11.08: O CONCELLO DE PONTEVEDRA CONTINÚA A TALAR ÁRBORES
A penas un par de meses da nosa última chamada de atención aos responsabeis municipais pola tala na Praza da Castaña e sobre a necesidade de protexer os espazos verdes e as especies arbóreas que neles se asentan, o Concello de Pontevedra sorpréndenos de novo cunha nova tala no Campiño de Santa María, facendo ouvidos xordos ás nosas recomendacións ao respecto. Na APDR estamos convencidos de que o trasplante das árbores do Campiño de Santa María era posibel e desde logo desexabel fronte a tala indiscriminada. Ver comunicado de prensa. Nota de prensa 07.11.08

22.10.08: AFECTADOS POLAS ANTENAS DE TELEFONÍA MÓBIL DE ARRA E CENTRO DE PORTONOVO EN SANXENXO CONVOCAN UN ACTO O VENRES 24 DE OUTUBRO ÁS 20,30 H. NA SEDE DA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS EN PORTONOVO
A inquedanza creada pola tramitación dunha nova instalación de antena base de telefonía nun núcleo habitado en Arra, súmase á crecente preocupación no centro de Portonovo ante a acumulación de casos de cancro nun perímetro onde concéntranse numerosas antenas de telefonía móbil; cunha normativa estatal que o propio Parlamento Europeo considera “obsoleta”. Nota de Prensa do 22.10.08

4.09.08: NOVA XUNTANZA EN PONTEVEDRA POLA MOBILIZACIÓN CONTRA OS VERTIDOS DE LODOS PORTUARIOS DO PORTO PESQUEIRO DO BERBÉS (VIGO) NA RÍA DE AROUSA
Nova xuntanza dos colectivos de defensa ambiental das Rías Baixas: APDR e as Plataformas Pola Defensa das Rías de Arousa (PDRA) e Vigo (PDRV); contra a realización de vertidos de lodos portuarios procedentes do dragado do porto pesqueiro do Berbés na Ría de Arousa, entre as illas Ons e Sálvora: na que se fai pública a denuncia presentada diante do Fiscal de Delitos Medioambientais do TSXG, e onde se fixa un calendario de actividades conxuntas. Nota de Prensa do 05.09.08

INFORME DO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA 2007: A VERDADEIRA CONTRIBUCIÓN DE ENCE AO SANEAMENTO DA NOSA RÍA: ENCE NÉGASE A PAGAR
Tanto desde a dirección da empresa como desde a Xunta de Galicia (presidida naquel momento por D. Manuel Fraga Iribarne) vendeusenos a participación da CELULOSA de Lourizán na sinatura dun convenio de colaboración económica como compromiso de ENCE co saneamento da Ría de Pontevedra e na defensa do medio ambiente. Segundo o Informe do Consello de Contas de Galicia do ano 2007, que inclúe o Informe de fiscalización do Organismo Autónomo “Augas de Galicia”, a cantidade a pagar por ENCE foi posteriormente rebaixada a 4.101.700 € das que só recibiu da empresa pasteira 662.824 € (primeira anualidade no ano 2003) e desde entón ENCE negouse a facer os ingresos reclamados por "Augas de Galicia". Nota de Prensa 07.08.08

14.07.08: COLECTIVO DE AFECTADOS POLA ELECTROCONTAMINACIÓN DE SANTA LUCÍA (MORAÑA) INFORMAN.
O Valedor do Pobo segue requerindo ao concello de moraña sobre a falta de licenzas das antenas de telefonía móbil de Santa Lucía. Tamén constatan que en ningún caso o Servizo de Epidemioloxía da Dirección Xeral de Saúde Pública realizou ningún estudo sobre o cluster (acumulación de casos de enfermidades) de Santa Lucía que segue a requirir dito colectivo, senón que só achegou datos epidemiolóxicos a nivel autonómico, provincial e municipal que (tal e como posteriormente recoñeceron nunha entrevista cos afectados desde o propio Servizo de Epidemioloxía) en ningún caso poden dar constancia da existencia ou non de devandito cluster. Nota de Prensa 14.07.08

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA : PRESENTACIÓN PÚBLICA E XUNTANZA DE COLECTIVOS SOCIAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA IMPLICADOS.
O martes 24 de xuño de 2008 presentouse públicamente en Pontevedra un Manifesto contra a contaminación electromagnética impulsada por 16 asociacións da provincia de Pontevedra (asociacións veciñais, de nais e pais, ecoloxistas e colectivos de afectados); todos eles implicados na defensa do medio contra a contaminación pola exposición a radiacións de hiperfrecuencias (como a exposición ás antenas de telefonía móbil) ou de radiacións de baixas frecuencias (subestacións eléctrica, transformadores) . Nota de prensa 22.06.08

A ASOCIACIÓN POLA DEFENSA DA RÍA DIANTE DA SUSPENSIÓN DA CERTIFICACIÓN DO FSC A NORFOR.
... Na APDR consideramos que suspensión do certificado a NORFOR pon en evidencia que o monocultivo de eucalipto que a empresa practica é unha actividade claramente insostible ambiental, social e economicamente e que o modelo económico de ENCE está a provocar graves danos na economía forestal de Galicia no seu conxunto provocando a perda de recursos onde se instalan as parcelas e a degradación ambiental irreversible dos solos e a perda de biodiversidade....A extensión dos monocultivos está a provocar graves problemas sociais e económicos no mundo; a ocupación de terreos dedicados á produción de alimentos en países que non teñen garantida a dieta básica, a ocupación de territorios propiedade de culturas indíxenas e a destrución ambiental por parte de empresas forestais con selo FSC é un feito, como o é que se desoian de forma sistemática aos grupos locais que denuncian os atropelos das multinacionais da pasta do papel. Na APDR manteremos a nosa solidariedade con estes grupos e seguiremos a denunciar e a esixir que FSC deixe de certificar monocultivos que pola súa propia natureza son claramente insostibles ambiental, social e economicamente. Nota de prensa 21.06.08

O COLECTIVO DE PERSOAS AFECTADAS POLA ANTENA DE TELEFONÍA MOBIL DA RÚA JOSÉ CASAL Nº 10 (edicicio de Telefónica) DEMANDAN AO CONCELLO DE PONTEVEDRA: INFORMACIÓN, REGULAMENTO MUNICIPIAL CO CESE CAUTELAR, E UNHA REUNIÓN COS CONCELLEIR@S RESPONSÁBEIS.
O 19 de xuño, Isolina Penas Blanco, en representación de 48 veciñas e veciños, como colectivo de afectados pola antena de telefonía móbil da rúa José Casal, entregou unha solicitude ao Concello de Pontevedra. Nota de Prensa 19.06.08

O COLECTIVO DE AFECTADOS POLA ELECTROCONTAMINACIÓN DE AS BARXAS EN MOAÑA.
Entregan un escrito no concello deixando constancia de que as antenas de Telefonía móbil incumpren o regulamento de actividades molestas, insalubles, nocivas e perigosas ... Este colectivo vai a tratar de reunirse con tódolos grupos políticos que conforman a Corporación deste Concello, para informarlles máis detidamente sobre as súas inquedanzas e pedirlles que se estas compañías solicitan a Licenza de Actividade Clasificada (en base ao RAMINP), toda a corporación teña a ben non concederlle
dita licenza aplicando o PRINCIPIO DE PRECAUCIÓN. Nota de prensa do 30.05.08

A APDR VEN DE PRESENTAR ALEGACIÓNS AO BORRADOR DA NOVA LEI DE MONTES DE GALICIA.
A Consellería do Medio Rural elaborou e fixo chegar aos sectores interesados na xestión forestal o Borrador da Lei de Montes de Galicia para que estes fixeran os seus comentarios e alegacións. Despois de analizar o contido do borrador, a Asociación Pola Defensa da Ría ven de enviar á Consellería do Medio Rural as súas alegacións, solicitando modificacións no texto que permitan que a lei sexa un instrumento eficaz de cara a deter a acelerada degradación que están a sufrir os nosos montes.... Nota de Prensa do 13.05.08

06.05.08: OS VECIÑOS AFECTADOS POLA INSTALACIÓN DUNHA ANTENA DE TELEFONÍA MÓBIL NO SEU EDIFICIO NA RÚA ROSALÍA DE CASTRO DEMANDAN AO CONCELLO DE PONTEVEDRA: INFORMACIÓN, DESMANTELAMENTO PREVENTIVO, E UNHA REUNIÓN URXENTE COS CONCELLEIR@S RESPONSÁBEIS.
Hoxe, 6 de maio de 2008, Jose Luis Vazquez Iglesias, en representación de 71 veciños e veciñas residentes no Edificio La Graña na rúa Rosalía de Castro 45-47 (fronte ao colexio de Salvador Moreno), presentou no rexistro xeral, como colectivo de afectados pola instalación dunha antena de telefonía móbil no Bloque nº 1 do mencionado Edificio, unha solicitude ao Concello de Pontevedra... Nota de Prensa 06.05.08

29.04.08: VECIÑ@S AFECTAD@S DE AS BARXAS E APDR REUNÍRONSE CO CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE DE MOAÑA
Os vecin@s de As Barxas e a APDR manifestaron a súa inquedanza ao concelleiro pola non demostración da inocuidade das ondas emitidas polas antenas base de telefonía móbil como a da torreta de Telefónica na Rúa Barxas nº 18 onde se da unha concentración importante de antenas (aumentadas con outras novas nos derrardeiros meses na mesma torreta) acrecentando a exposición á contaminación electromagnética nunha zona residencial xa afectada por un transformador (no edificio do Concello) e polas liñas de media tensión que lle subministran enerxía... reclamaron ao concelleiro a aplicación do Principio de Precaución coa retirada destes elementos contaminantes dunha zona residencial. Nota de Prensa 30.04.08

DENUNCIA DO ESCAPE DE CLORO OCURRIDO EN GUALBA (BARCELONA)
O Escape de cloro producido nas instalacións que a empresa Sociedad Española de Carburos Metálicos ten Gualba (Barcelona) evidencia o perigo que supoñen este tipo de instalacións situadas na proximidade de núcleos poboados. Os veciños tiveron que ser confinados nas súas vivendas para evitar que foran intoxicados por este elemento químico (fortes irritacións na pel, nos ollos e no sistema respiratorio, chegando a provocar graves lesións oculares, queimaduras inflamación de tecidos respiratorios e edema pulmonar). Este feito, acontecido en Cataluña, pon de manifesto o perigo que para os cidadáns de Pontevedra e a súa bisbarra supón a existencia de ELNOSA. Feitos como os acontecidos en Gualba, debería facer reflexionar ao Conselleiro de Medio Ambiente que nestes momentos podería estar disposto a concederlle a autorización ambiental integrada a ELNOSA, para que esta siga realizando a súa actividade contaminante na Ría de Pontevedra.... Nota de prensa 21.04.08

AS PERSOAS AFECTADAS POLA CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA EN SANTA LUCÍA DE MORAÑA ENTRÉGAN A SÁUDE PÚBLICA: UNHA NOVA PETICIÓN DE ESTUDO EPIDEMIOLÓXICO
... Unha nova peticición de Estudo Epidemiolóxico en Santa Lucía que descarte ou valide a incidencia e/ou
relación causal do conglomerado de cancros e outras patoloxías coa exposición residencial e continúa a campos electromagnéticos.
E a Clausura cautelar das 3 antenas base de telefonía móbil e do transformador, ante a súa ILEGALIDADE E O DANO FÍSICO (coa potencialidade de enfermidades ou trastornos físicos asociados amplamente pola bibliografía médica á exposición continuada a este tipo de campos electromagnéticos) E O DANO MORAL E PSÍQUICO (propia da incerteza e da imposibilidade de demostrar a inocuidade destas instalacións); reservándose en todo caso as accións xudiciais que puidesen corresponder. Nota de prensa 04.04.08

CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA EN MORAÑA: COS AFECTAD@S DE SANTA LUCÍA, ACTO INFORMATIVO E ASEMBLEA
O sábado 29.03.08 os veciñ@s afectados de Santa Lucía de Moraña organizaron na Casa da Cultura un acto informativo presentado pola súa voceira Beatriz Diz coa participación de membros do movimento veciñal (Fini Manso da Federación de AA.VV. Roi Xordo de Ferrol) e do movimento ecoloxista (Xulio Carmona da APDR) que introduciron á situación actual científico-xurídico-legal e información sobre outros clusters. Nota de prensa 27.03.08

SÁBADO 1 DE MARZO: ENTREGA DAS ALEGACIÓNS CONTRA A CONCESIÓN DA “AUTORIZACIÓN AMBIENTAL INTEGRADA” A ENCE
A APDR chama a todas as persoas que desexen amosar o seu rexeitamento á consolidación do complexo ENCE-ELNOSA na súa actual ubicación para que se acheguen á mesa que se instalará o día 1 de marzo no edificio administrativo da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal, mesa que permanecerá desde as 11,30 h ata as 12,30 h, e participen no acto da entrega das máis de 4.000 alegacións recollidas ao longo destes días de campaña contra a concesión da AAI á fabrica pasteira de Lourizán. Nota de prensa 28/02/08.

A “APDR” INICIA A RECOLLIDA PÚBLICA DE ALEGACIÓNS....
CONTRA A CONCESIÓN DA “AUTORIZACIÓN AMBIENTAL INTEGRADA” á fábrica de ENCE en Lourizán por entender que a presencia do complexo industrial ENCE-ELNOSA na nosa Ría impide o desenvolvemento sustentábel da nosa bisbarra; ... afectando negativamente ao medio ambiente, aos recursos naturais e á saúde e calidade de vida das persoas. Entendemos que a concesión da AAI a ENCE suporía a consolidación do complexo na súa actual ubicación, ... Nota de prensa 12/02/08.

A "APDR" CELEBRA UNHA NOVA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA O XOVES 31 DE XANEIRO
Nova convocatoria para a toma de decisións urxentes ante os últimos acontecementos que se teñen sucedido arredor do tema ENCE-ELNOSA (tanto no que fai ás declaracións de distintos representantes da Xunta de Galicia ao respecto dun posible traslado, como á situación que atravesan as AAI de ENCE e de ELNOSA). Nota de prensa do 29 de xaneiro de 2008

A APDR RECURRE A DECISIÓN DA XUNTA DE GALICIA SOBRE ELNOSA
A APDR ten solicitado da Consellería de Medio Ambiente que interese do Concello de Pontevedra os dous informes contemplados na lei, e presentado recurso de alzada contra a resolución da Xunta no caso de que non se soliciten do Concello os citados informes. Nota de prensa do 8 de xaneiro de 2008

CONCESIÓN DOS PREMIOS DO CONCURSO DE CARTEIS
Reunidos os membros do xurado do Concurso de cartaces sobre medio ambiente convocado pola APDR, logo dunha revisión dos máis de cincuenta traballos presentados a concurso, decidiuse por unanimidade outorgar os seguintes premios ... Nota de prensa 24 de novembro de 2007

A APDR SOLICITA AO CONCELLO INFORMACIÓN SOBRE A LEGALIDADE DAS ANTENAS BASE DE TELEFONÍA MÓBIL
Continuando o estudo do mapa das 20 antenas base detectadas na cidade así como das zonas sensíbeis afectadas (colexios, lugares de recreo, centros de maiores, centros sanitarios, ...), o sábado 22 de Setembro, se solicitou ao concello de Pontevedra "información detallada sobre as antenas base de telefonía móbil instaladas e en funcionamento na actualidade na nosa cidade que contan coa prescritíbel Licenza Municipal, necesaria para poder realizar a súa actividade". Nota de prensa do 21 de Setembro de 2007

A "APDR" EXPRESA A SÚA SOLIDARIEDADE CO COLECTIVO "A REVIRA"
A Asociación pola defensa da Ría expresa a súa soliedariedade coa asociación cultural revira, que hai uns días sufriu o incendio provocado no seu local social da pontevedresa Rua Arcebispo Malvar. Nota de prensa do 15 de agosto de 2007.

A APDR DENUNCIA A ABSOLUTA INOPERATIVIDADE DA XUNTA NO TEMA ENCE
Ao mesmo tempo esixe o cumprimento da Lei de prevención e control integrados da contaminación. Esta Lei obriga a ENCE a solicitar a AAI con anterioridade ao 1º de xaneiro de 2007, e fixa un prazo máximo de 10 meses desde a data da solicitude para que a Xunta dicte resolución; engade a Lei que “transcurrido este prazo sen que se teña notificado resolución expresa, poderá entenderse desestimada a solicitude presentada”. Dacordo coa información facilitada pola Consellería de Medio Ambiente, ENCE ten solicitado a AAI no ano 2004, e teñen transcurrido xa 3 anos sen que a Xunta teña emitido nengunha resolución, o que dacordo coa Lei sitúa a ENCE fóra da legalidade. Nota de prensa do 10 de agosto de 2007.

NOVO VERTIDO DA DEPURADORA DE OS PRACERES
A Asociación pola defensa da Ría manifesta a súa protesta pola realización dun novo vertido de augas e residuos directamente sobre o banco marisqueiro de Os Praceres. Nota de prensa do 22 de xullo de 2007

REIVINDICACIÓN DO USO DA BICICLETA NO "DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE"
Xunto co "Grupo de traballo pola bici do IES Xunqueira II" e o "Colectivo Pedaladas", a APDR reivindicou no día mundial do medio ambiente a necesidade de facilitar o uso da "bici" como alternativa de transporte a nivel urbano en Pontevedra. Nota de prensa do 5 de xuño de 2007

SOLIDARIEDADE CO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA DA RÍA DE FERROL
Na APDR entendemos que o acontecido estes días en Ferrol atenta directamente contra a dignidade das persoas que, democráticamente, se manifestan contra a ubicación ilegal do complexo de Reganosa. Demandamos por isto a posta en liberdade inmediata de Bernardo Bastida, Patrón Maior da Confraría de Mariscadores da Ría de Ferrol; esiximos a paralización total da actividade de Reganosa, na medida en que esta carece da pertinente autorización para o funcionamento da planta, así como o traslado da mesma, xa que, na súa actual ubicación, pon en grave perigo a cidadanía e o sector marisqueiro da Ría de Ferrol. Ver Nota de prensa do 31 de maio de 2007.

Á APDR PREOCÚPALLE A FALTA DE DECISIÓN DO GOBERNO GALEGO NO TEMA ENCE
Foron moitos os prazos fixados polo goberno galego (ou por varios dos seus membros, incluíndo ao seu presidente) para o inicio das negociacións con ENCE e mesmo para dar a coñecer a nova ubicación da factoría; moitos e sempre incumpridos. Evidentemente, esta situación preocúpanos na Asociación, por máis que sexamos conscentes das dificultades que supón o problema e que saibamos que a solución definitiva non vai vir da noita para a mañán. As últimas declaracións de Teresa Táboas, Conselleira de Vivenda e Solo, e do propio presidente da Xunta de Galicia non axudan, por desgracia, a mitigar a preocupación. Ver nota de prensa do 8 de abril.

A APDR ALERTA SOBRE A VENDA DO PATRIMONIO CULTURAL GALEGO
A pretensión de “Caixa Galicia” de mercar a illa de Sálvora, pon en alerta á “Asociación Pola Defensa da Ría” de Pontevedra, que entende que esta operación vai contra o interese xeral da cidadanía galega e do patrimonio medioambiental galego. Nota de prensa do 3 de abril.

CONCURSO INTERNACIONAL DE FOTOGRAFÍA SOBRE MEDIO AMBIENTE

A “Asociación Pola Defensa da Ría” quere facer chegar á opinión pública en xeral, e dun xeito moi particular ás persoas interesadas pola fotografía, a información sobre o “Concurso Internacional de Fotografía sobre o Medio Ambiente” que ven de se convocar desde a cidade arxentina de Guaeguaychú como unha actividade máis da súa loita contra a instalación das fábricas de pasta de papel que ENCE e BOTNIA tentan ubicar no veciño Uruguai. O prazo de presentación de orixinais rematará o vindeiro 20 de abril. Nota de prensa do 24 de marzo.


A APDR ESIXE O PECHE INMEDIATO DA FACTORÍA "ELNOSA"
A APDR, diante da entrevista celebrada entre responsables de ELNOSA e o concello de Pontevedra, e dado que é imposible que a empresa acade antes de outubro deste ano a Autorización Ambiental Integrada, que lle ten sido denegada e é imprescindible para o seu funcionamento; esixe o peche inmediato da perigosa e contaminante factoría polo ven loitando a sociedade da bisbarra dende fai anos. Nota de prensa do 28 de febreiro.

NOTAS DE PRENSA DE MESES ANTERIORES DA APDR