![]() |
|
ARQUIVADA DEFINITIVAMENTE A SOLICITUDE DE AUTORIZACIÓN AMBIENTAL INTEGRADA PRESENTADA POR ELNOSA DIANTE DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE ELNOSA, tiña solicitado en marzo de 2005, de acordo coa esixencia da lei de prevención e control integrado da contaminación, a solicitude de autorización ambiental integrada. Despois do período de exposición pública no que a solicitude recibiu o 1 de xuño de 2006 alegacións da APDR nas que se facían ver os danos ambientais e os perigos asociados á actividade da empresa e de ser informada por diversos organismos da administración, incluído o Concello de Pontevedra, a Dirección de Calidade e Avaliación Ambiental, ditou a súa resolución e arquivou as actuacións. O 18 de outubro de 2006 ELNOSA presentou o recurso de alzada que agora ven de se desestimado. A pesar de que ELNOSA aínda pode recorrer á vía do recurso contencioso administrativo no parece probable que, dado o disparatado da fundamentación xurídica da empresa o faga, e en calquera caso pode considerarse como moi remota a posibilidade de que tal recurso pudera prosperar.
|