O 10 de maio estreamos o “Paraíso roubado”


A APDR estrea o documentario “Paraíso roubado” o 10 de Maio ás 20h no salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.

Ver os seguintes trailers do documentario:

cartel_estrea_def

O documentario, realizado por Lukas Santiago, aborda a realidade de Lourizán entre finais do século XIX, cando era un auténtico paraíso, no que Montero Ríos establece a súa residencia galega, ata os anos 60 do século XX, cando este paraíso foi destruído. É un percorrido pola riqueza natural, paisaxística e económica desta parroquia pontevedresa, que veuperder o seu futuro coa chegada do “desarrollismo” franquista e a instalación da Celulosa. Pero tamén é un exercicio de memoria histórica, un recoñecemento á loita das mariscadoras que se enfrontaron á represión armada na defensa do banco marisqueiro e o pan dos seus fillos, unha loita que non pode caer no esquecemento.
Esta é a crónica dun paraíso perdido…. dun PARAÍSO ROUBADO!

O filme foi producido pola APDR e contou coa colaboración do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra, o Museo de Pontevedra e a Cartoteca Provincial Domingo Fontán.

PRESENTACIÓN DO DOCUMENTARIO: O documentario, que recupera a memoria da parroquia de Lourizán antes da chegada da celulosa, así como a loita veciñal contra a instalación da pasteira foi presentado o mércores 3 de  maio no arquivo da Deputación Provincial, por Lukas Santiago (director), Antón Masa (presidente da APDR)) e Xosé Leal (deputado de Cultura e Lingua da Deputación Provincial, institución colaboradora).  O documental traslada ás novas xeracións a riqueza patrimonial e natural que había en Lourizán antes de Ence. Ver abaixo fotos da presentación do documentario.

“O apoio a este traballo forma parte da aposta por dar vida ao noso audiovisual e por recuperar o noso patrimonio histórico” sinalou Leal durante a presentación. O deputado indicou que “este proxecto, a través dos testemuños que inclúe, supón unha compilación da memoria dunha parroquia, que vai moi en concordancia co traballo deste Servizo e que permitirá que as xeracións vindeiras poidan coñecer como era antes da instalación da celulosa, e saber que había outro mundo hoxe xa descoñecido para a maioría de nós”. Xosé Leal tamén manifestou que sería interesante que o documental, unha vez estreado en Pontevedra “teña percorrido polas demais vilas da ría e, incluso, por outros lugares da provincia”. Pola súa banda, Antón Masa, definiu o proxecto como “un exercicio de memoria histórica”. O presidente da APDR indicou, ademais, que é importante que “a xente non esqueza como era a zona antes da chegada da celulosa”.

O director do documental, Lukas Santiago asegurou que “é a historia de calquera veciño ou veciña nacida nunha familia de mariscadores de Lourizán, e que lle contaron como era a parroquia cando era o paraíso de Montero Ríos ata a súa destrución na época franquista”. Explicou, ademais, que el recuperou a historia de primeira man de seu avó, e que na cinta inclúe tanto testemuñas de persoas maiores da parroquia como intervencións de investigadores e historiadores. Santiago fixo especial fincapé na figura da muller, asegurando que “o papel das mariscadoras foi fundamental na loita contra a instalación da celulosa, sobre todo en febreiro de 1959, cando 500 mariscadoras de Lourizán e Campelo fixeron fronte ao exército franquista, acabando moitas delas no hospital militar, e 14 no cárcere militar”.

“Paraíso roubado” céntrase na época previa a instalación da celulosa e recupera o esplendor da parroquia no tempo no que Montero Ríos tiña fixada alí a súa residencia de verán así como outros persoeiros da época, tanto galegos como de fóra de Galiza, e todo o que isto implicaba, como era a actividade económica ligada á Casa de Baños de Os Praceres, o aluguer estacional de casas como fonte de recursos extra para a veciñanza, ou a propia actividade ligada ao marisqueo e á pesca. Lukas Santiago anunciou, ademais, que este será o primeiro traballo dunha triloxía que levará por título “Lourizán, terra mártir”

 APDR DOCU APDR

C-5HTyOXYAAmcNB

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ver fotos da estrea en Pontevedra o 18 de maio de 2017:

IMG-20170510-WA0005 IMG-20170510-WA0006 IMG-20170510-WA0007 IMG-20170510-WA0008 IMG-20170510-WA0009 IMG-20170510-WA0010

 

 

 

 

Ver Dosier de prensa dixital:  www.apdr.info/relac_medios/Dosier.paraiso.roubado.maio.2017.pdf

ESTREA EN MOAÑA no 18 de Maio ás 20,30h no VAR Con Uve en Abelendo-Moaña

ESTREA EN POIO o 25 de Maio ás 20h no local da Comunidade de Montes de San Xoán en A Seca- POIO

2º PASE do documentario “Paraíso roubado” o 30 de Maio ás 20h no salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.

ESTREA EN MARÍN o mércores 31 de Maio ás 20h na Biblioteca Pública de Marín.

ESTREA EN lORIZÁN o venres 2 de Xuño ás 20h no Salón de actos do Colexio dos Praceres. Convocan Comunidade de Montes de Lourizán e Asociación Veciñal Estri-Ceres

ESTREA EN BUEU o xoves 27 de Xullo ás 22h no Centro Social do Mar de Bueu. Organiza “Os Galos de Bueu” e colabora Cinecube Bueu

cartel_estrea_MOAÑA-2

cartel_estrea_MARIN

cartel_estrea_PARAISO.ROUBADO-30.05.2017

cartel_estrea_POIO

cartel_estrea_Lourizan

 estrea.bueu