Sábado 12 de maio no T. Principal: 30 anos na defensa do medio


cartaz.sabado.13.maio.2018

Dentro das actividades que conmemoran os 30 anos da Asociación Pola Defensa da Ría, o sábado 12 de maio co título “30 Anos na Defensa do Medio” faremos, no Teatro Principal de Pontevedra a partir das 20.00 horas, un percorrido destas tres décadas en defensa do medio na comarca de Pontevedra, como un recoñecemento á loita de todas as persoas persoas e colectivos sociais que loitaron, colaboraron coa nosa asociación dende a súa legalización en 1988, dun xeito moi especial a quen formaron parte das distintas Xuntas Directivas da APDR, ás máis de 500 persoas asociadas, e aos milleiros que ano tras ano veñen apoiando as nosas convocatorias públicas.

Relatos, poemas, cancións, e proxeccións de imaxes e pequenos vídeos  … sobre o escenario para facer un percorrido centrado en catro fases distintas da APDR: o seu nacemento e os anos centrados na loita en materia urbanística; o xuízo contra ENCE e a súa condena por delito ambiental; a limpeza das praias tras a catástrofe do Prestige; e a última etapa tras a concesión ao colectivo do Premio Cidade de Pontevedra ata o momento actual.

Un acto festivo, reivindicativo e divulgativo de balde, presentado pola actriz Mónica Camaño e o xornalista Xabier Fortes que levará ao escenario históricos da asociación e colaboradores da loita de sectores tan variados como a poesía ou a música.

A través dunha chea de entrevistas, apoiadas graficamente con cartaces, fotografías e videos da época, distintas persoas que xogaron un papel importante ao longo deste período na asociación, falarán das súas vivencias persoais e colectivas na APDR. Entre estes persoeiros históricos da asociación estarán Arturo Estévez, Daniel Soutullo, socios fundadores e membros da súa Xunta Xestora, Fernando Martínez Vilanova, a quen se lle encomendou o deseño do logotipo, ou Leonor González, Nené, vicepresidenta da Xunta Xestora e presidenta da Xunta Directiva no período 1991-1997. Pero estarán presentes algúns fitos significativos na loita pola defensa do medio ambiente natural na comarca; é o caso da condena a ENCE por delito ecolóxico, que se vai abordar na entrevista co avogado Vicente Legísima, ou a catástrofe do Prestige, na que a APDR xogou un papel activo tanto na limpeza das praias como na organización do voluntariado, un tema do que falará Manuel González, responsábel da APDR nesas tarefas. Estarán tamén o alcalde de Pontevedra e a Presidenta da Deputación, polo papel xogado polas dúas administracións na loita anti-ENCE, nomeadamente no tema da prórroga concedida a ENCE e a pretensión da empresa pasteira de apropiarse do Pazo de Lourizán. Lembraremos a figura do noso primeiro Presidente, Fernando Martínez Sarandeses e faremos recoñecemento público do traballo de persoas que como Célia Cortizo, Lidia Torres ou Aida Dantas, levan toda a vida loitando no día a día coa APDR e da xente da cultura que apoiou co seu traballo a loita da asociación. E haberá poesía e textos nas voces de Elvira Riveiro, Susana Trigo e Calros Solla, e actuacións musicais a cargo do grupo PITER, RALPH & TERY.

Desde a APDR, facemos un chamamento á cidadanía para que veña celebrar con nós estes 30 anos neste acto festivo no que haberá sorpresas!. Difunde e Acode

Ver convite abaixo. Descarga convite en pdf: http://www.apdr.info/documentos/convite.sabado.12.maio.2018.pdf

convite.sabado.12.maio.2018

Ver algúns vídeos do acto:

  • Resumo do poema adaptado e lido por Mónica Camaño
  • Resumo da canción de Rosalinda versionada por PITER, RALPH & TERY:
  • Poema de Elvira Ribeiro:
  • Resumo do texto de Calros Solla:
  • Ver texto de Manuel Rivas lido no acto por Mónica Camaño:

Texto.Manuel.Rivas

  • Rajoy …. tamén pasou por aí (vídeo de Kiko da Silva -Grazas!-)
  • Lidia Torres, Célia Cortizo e Aida Dantas lembraron a Tucho:
  • Rematamos o acto coa xunta directiva da APDR: “Así, Así, nen un paso atrás esta celulosa ímola pechar”
Podes compartir en:
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Print this page
Print