Marcha contra Celulosas. Sábado 16 de xuño. Debaixo da fábrica están as praias!


cartaz_marcha_2018-b

fin.campaña.ilp

 Ver VÍDEO anunciando a Marcha: en https://twitter.com/defensadaria/status/1005892258401538055

Abaixo desta páxina poderás acceder a fotos e vídeos da Marcha

Faixa.marcha.2018-m2

Debaixo da fábrica están as praias,.

Recuperémolas!

Cúmprense agora 50 anos do chamado “Maio do 68” e a consigna met

afórica “baixo os adoquines está a praia” cobra sentido en Lourizán! Porque aquí é certo: DEBAIXO DA FÁBRICA ESTÁN AS NOSAS PRAIAS… está A MELLOR PRAIA MARISQUEIRA DA RÍA! Recuperalas é hoxe unha das nosas consignas e foi sempre un dos nosos obxectivos.

E para conseguilo, é necesario eliminar o complexo ENCE-ELNOSA, un complexo industrial ilegal que contou sempre coa conivencia submisa dos gobernos do PP e que conseguiu as AAI de forma irregular de mans do goberno bipartito da Xunta. É necesario reverter a situación sobrevida pola indecente prórroga de 60 anos a ENCE, e decretar a caducidade da concesión de ELNOSA. E o PSOE, que se declarou contrario á prórroga comprometéndose a derrogala, e que goberna agora no estado español, pode

facelo! O PP non decretou a continuidade de ELNOSA e deixa a decisión nas mans do PSOE, que non ten máis que aplicar a lei e decretar a caducidade da concesión. Esiximos desde xa que o faga e que impida a continuidade de ELNOSA en Lourizán como primeira medida para o peche definitivo do complexo.

Porque o peche do complexo é necesario para recuperar a Ría, pero permitirá tamén mudar a política forestal e poñer fin á eucaliptización. Porque ENCE non é un problema local! Por iso esta MARCHA é tamén o fin de festa da campaña a prol da ILP PARA A DEFENSA DO BOSQUE AUTÓCTONO E CONTRA OS LUMES FORESTAIS auspiciada por COUSA DE RAICES, CIG, FRUGA, e ORGACCMM e na que a APDR xogou un importante papel na comarca.

Na APDR non renunciamos á loita e seguirémolo a facer por todos os medios ao noso alcance, tanto pola vía xudicial como -sobre todo- coa mobilización social. E, unha vez máis, chamamos á cidadanía a mobilizarse na defensa do ben común e contra os privilexios empresariais, participando nesta nova MARCHA CONTRA CELULOSAS!

HOXE ELNOSA! MAÑÁ CELULOSAS!

SÁBADO 16 DE XUÑO ÁS 19:30

MARCHA CONTRA CELULOSAS

SAÍDA DAS ALAMEDAS DE MARÍN E PONTEVEDRA

  • Ver fotos da recollida de sinaturas en Pontevedra e Marín no noso facebook

Fotos.recollida.ILP.Pontevedra

  • Ver Álbum de fotos da MARCHA CONTRA CELULOSAS no noso facebook

Album.fotos.facebook.Marcha.2018.apdr

 

  • Ver abaixo vídeo da Intervención da Presidenta de ADEGA Virxinia Rodríguez, en nome dos colectivos que formamos parte de “Cousa de raices”, agradecendo a participación na ILP en defensa do bosque autóctono:

 

  • Ver abaixo vídeos da lectura de dito manifesto por Antia Mariño e fin do acto: